Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 6 7 8 [9] 10 11
Autor Tema:A tortura non é arte nin é cultura TEMA CERRADO
fab-amadeo-
abal
Beginner
Mensajes: 25
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 25, 2012, 19:07

Eu estou de acordo con Antia e Ismael,si eu pudera eliminaría a Festa Nacional,pero eso é casi imposible xa que é unha tradición e moita xente esta a favor dela.A xente tendríase que poñer na pel dos touros,como ben dei Aleksei, para que viran o que sofren,así xa non habería corridas de touros nin a Festa Nacional,parece increible que na sociedade na que estamos aínda segan co maltrato animal.

fab-isaaca-
bal
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 25, 2012, 19:44

Eu non sei o sufrimento polo que pasan os touros cando son toreados, pero fixo que moito, e hai que conseguir que ningun animal pase por iso, pero é moi complicado se moita xente vive diso e moita outra pagaria prezos indecentes por ver este tipo de "espectaculo". Eu penso que é praticamente conseguir que remate isto prohibindo as corridas.

fab-aracel-
ilores
Newbie
Mensajes: 3
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 25, 2012, 21:11

Eu estou totalmente en contra das corridas de touros, ver como un animal o maltratan e o matan non é agradable. Ainda así España é moi coñecida por este tipo de espectáculos do que moita xente vive e entretense. Considero vergonzoso que o noso pais sexa coñecido por maltratar a un touro hasta matalo, que isto sexa un símbolo do noso pais... Creo que se debía de pensar mais nos animais e no sufrimento que estes pasan. Deberíase eliminar esta “tradición”, entender que o mundo avanza e dar fin a este maltrato animal.

fab-mariaa-
rojo
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 26, 2012, 01:48

Sobre a reflexión, eu penso que é acertada no sentido de que é o traballo de moita xente e dita xente vive diso. Pero aínda que sexa por tradición, hai moitísimos traballos nos que non é necesario torturar animais. Penso que a responsabilidade desta matanza e de que finalice é o Estado, xa que son os únicos que teñen poder para facelo, e para facer que en vez de ir cara atrás (que é en realidade o que estamos a facer co maltrato animal) progresemos. Porque non parece que vivimos no século XXI, se seguimos facendo as atrocidades de séculos atrás.

faa-emilio-
abal
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 26, 2012, 14:04

Creo que facer este tipo de acontecementos solo por diversión, sen considerar que os animais sofren en moitas destas ocasións é cruel tanto polos que se divirten o formar parte dese mundo, como os que permitan que isto ocorra.
Inda así, polo que eu sei, ós touros non sofren coas banderillas, xa que so penetra un pouco na pel. Eu non estou a favor das corridas de touros, como da cacería indiscriminada que sofren moitos animais.

faa-lucias-
antos
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 26, 2012, 16:39

Con respecto ao aporte de Víctor, estou totalmente de acordo con esa argumentación, que é o que levamos resaltando dende que comezamos este tema. A estas alturas do século XXI, cos avances tecnolóxicos e de outra índole, cos que contamos, paréceme inconcevible e innecesario seguir aceptando estes espectáculos públicos. Para buscar diversión ou entreternos, por que non ir ao cine ou ao teatro? En lugar de permitir o maltrato cara os animais de maneira legal. Dende a miña opinión, estaría ben poñer este tema de novo na rúa, para saber o que pensa a poboación, se está de acordo ou preferiría prohibilas, posto que a soberanía reside no pobo, somos nós os responsables de cambiar esto, ou non.

fab-paulaa-
lba
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 26, 2012, 17:37

Paréceme difícil que a sociedade pro-taurina española poida cambiar o seu punto de vista sobre a tauromaquia nun corto plazo de tempo, sendo España o lugar de orixe das corridas celebradas dende o século XII.
Pero considero que xa vai sendo hora de que a xente se de conta de que hoxe en día non se pode facer do maltrato animal un espectáculo, aínda que a tradición veña de atrás. Se o pobo tivese a oportunidade de decidir sobre o tema, para min non haería outra opción: os animais deben ter os seus dereitos, e polo tanto as corridas de touros deberán ser prohibidas.

faa-angelf-
igueiras
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 26, 2012, 18:06

Non entendo como podedes pensar que persoas maiores de 35 anos case chegando os 40, van cambiar a súa vida, o seu traballo, e mesmo o futuro dos seus fillos, por un sector da poboación que se lle deu por dicir que as corridas deberías estar prohibidas? Paréceme moito máis lamentable que en pleno siglo XXI ainda aixa violencia de xénero. E máis preocupante que despois de 8 anos sigamos en crise, alármame máis que non pare de subir o paro ata 2013 ou 2014, vostedes credes que a administración pode perder un segundo con este tema de corridas si ou corridas non, co importante problema que ten que sacar adiante? Isto en resposta a Victor.
Alex, Zapatero non veu a Galicia porqué é Galicia, mira como o foi a velo a Cataluña. E non se me estenda polo socialismo de Zapatero, porque eu iso non o considero socialismo. Aldara, eu non comparei un humano cun animal, se me falas das mulleres indias diríache que está mal, pero porque é unha persoa. Agora que o dos cans chinos, ven sendo o mesmo que se ti comes un polo, unha vaca ou mesmo un touro. E non por iso o país non progresa, porque china, é o país que está avanzando a pasos axigantados, e que se vai apoderar de gran parte dos outros países, se non xa veras, e comen cans.

fab-antiac-
hantada
Newbie
Mensajes: 16
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 26, 2012, 18:06

Respondendo a pregunta de Víctor, eu estou totalmente con respetar a todos seres vivos e á natureza, si non a coidamos agora que estamos a tempo, despois será demasiado tarde e será entón cando nos arrepentiremos, pero aínda as e incriblemente, estando xa a estas alturas do século XXI parece ser que moitas persoas necesitan este tipo de actividades, a explotación da natureza e esgotar todos os recursos que quedan para sacar os máximos beneficios o que demostra, unha vez máis, que vivimos nunha sociedade totalmente materialista na que parece ser, nada importa.
Volvendo ao tema das corridas de touros, é difícil parala habendo xente afeccionada e que vive de iso, pero como dixo Víctor, todos xuntos en sociedade, pódese lograr.

fab-fuensa-
ntabuceta
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 26, 2012, 18:49

Na miña opinión estos espectáculos non son arte nin nada semellante. Entreterse co sufrimento dun animal ata acabar disfrutando coa sua morte é algo inhumano. Espéctaculos con touros xa se facían na antiga Grecia, pero en ningún momento existía ningún tipo de tortura contra os animais. Eran espéctaculos nos que os participantes saltaban por riba dos touros esquivándoos, pero non os mataban ó finalizar. Ademáis pagarlles tantos cartos os toureiros e sacalos en hombros da plaza, admirándoos por saíren vivos dun enfrontamento co touro... Non ten nada de admirable cando o que fai e ferilo para debilitalo e ó final poder matalo. Que ten de admirable acabar cun animal que xa apenas pode terse en pé despois de torturalo? Pero tamén entendo que é unha antiga tradición e España é moi coñecida polos festexo taurinos. Inda que estemos en contra hai que recoñecer que moitos turistas viaxan a España só para asistir a un destes festexos e iso é o que buscan os políticos, que a cada vez máis xente se anime a vir a España.

Páginas: First << 6 7 8 [9] 10 11
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.263 segundos.

Os comentarios están pechados.