Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 2 3 4 [5] 6 7 8
Autor Tema:Obsolescencia programada TEMA CERRADO
faa-mirian-
trigo
Beginner
Mensajes: 27
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 17, 2014, 22:47

Estou totalmente dacordo cos anteriores comentarios das miñas compañeiras, xa que parece que a xente non é consciente do gran problema do consumismo, polo que menos serían capaces de facerse responsables de algo do que non son conscientes. Como ben dixeron as miñas compañeiras, facer campañas publicitarias e educar á cidadanía dende os nenos aos pais e avós, sería un bo comezo para poder dar un paso e cambiar o abuso do consumismo. Ademais, é a maneira máis fácil para chegar ás persoas e intentar conciencialas para que nun futuro poidan facerse responsables para conseguir un cambio de hábitos e racionalizar o noso consumismo. Eu penso que isto sería un proceso moi longo e lento, xa que creo que a algunhas persoas lles costará entrar en razón máis que outras, e algunhas xa directamente non querrán saber nada do asunto. Aínda así, estaría ben intentalo.

faa-ariadn-
avazquez
Newbie
Mensajes: 21
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 17, 2014, 23:08

Na miña opinión, actualmente non somos conscientes de todos os problemas que produce isto. Ademáis, penso que non somos o suficientemente responsables como para cambiar xa que non consumimos as cousas polo uso que lle puideramos ou dar ou pola calidade, senón para ser admirados, ou incluso para diferenciar e afastarnos dunha clase social inferior. Polo tanto, non seríamos capaces de racionalizar o noso consumo e a única maneira de conseguilo sería impoñer algunha medida para tentar solucionar este problema.
Por outro lado, necesitamos máis campañas de información e educaión cidadá para conseguir un cambio de hábitos. Actualmente, considero que a información que recibimos é boa, pero cando a recibimos é tarde. Por eso opino que debemos recibir información desde pequenos.

faa-carmen-
vilanova
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 17, 2014, 23:11

Coincidindo co que din os meus compañeiros e repetindo máis ou menos os mesmos argumentos, considero que a sociedade aínda non é consciente nin da metade da trascendencia que supón tal problema. Pero aínda así, creo que do mesmo xeito que nadie nos está obrigando a consumir de forma abusiva, tampouco se debería impoñer ningún tipo de medida para que esto non sexa así. Con esto quero dicir que cada un é quen de discernir entre o que está ben e o que está mal, decantándose polo que cada individuo considera correcto, xa que eu podo estar en contra, pero calquera outra persona podería estar a favor de consumir innecesariamente. O que si sería acertado son as campañas de información e educación cidadá para concienciarnos da problemática, fancéndonos ver que a meirande parte das cousas que se compran non se precisan realmente. Considero que desta maneira si se podería chegar a conseguir un cambio, por moi mínimo que sexa, nas mentalidades desta sociedade capitalista.

faa-iagopa-
din
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 17, 2014, 23:55

A sociedade actual está tan adaptada ao esquema de vida que se ten hoxe en día, que non vexo posible,dende o meu punto de vista, que se poidan cambiar os hábitos de consumismo, ademais, se as empresas o continúan incentivando.
Penso que para frealo tampouco se debería impoñer unha lei que o limitase posto que cada persoa ten unhas necesidades que abastecer e precisa dun consumo maior. O que si se podería ou debería facer é informar á cidadanía desta situación e dos problemas que isto conlevaría, e creo que se debería de facer dunha forma un tanto radical, xa que a xente está acostumada a ver calquera cousa e unha información pouco chamativa non causaría efecto. Isto debería de comezarse a facer sobre todo nas escolas e colexios para concienciar ás xeracións futuras e en menor medida nas adultas, xa que xa teñen por costume consumir e custaría moito facelos cambiar de idea.

faa-uxiaca-
sais
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 18, 2014, 00:53

Dende o meu punto de vista o consumismo e a Obsolescencia programada veñen nun mesmo pack; con isto quero dicir que o consumismo lévanos a obsolescencia programada e viceversa; por exemplo: poderíase fabricar un móbil que dure 10 anos, pero ninguén o compraría xa que a xente o que quere e ter as ultimas tecnoloxías e se mercan un móbil que dure 10 anos nese período de tempo o móbil quedará máis que obsoleto, por isto os fabricantes deseñan uns móbiles que duran moito menos e así neses 10 anos merquemos 5 móbiles en vez de un. Este é un claro exemplo de consumismo que nos levou a una situación de obsolescencia programada .
Eu creo que axente de clase alta seguirá mercando en exceso xa que quizais non sexan tan conscientes dos problemas que conlevan o consumismo , sen embargo a aquelas persoas de clase media baixa quizais teñan máis en conta o consumismo abusivo.
Respecto as medidas de prevención do consumismo abusivo eu non creo que teña que ser imposto obrigatoriamente xa que cada quen e libre de mercar o que queira cos seus cartos e tampouco se podería levar un control do que merca cada persoa, ou se o que merca elle necesario ou non, pero o verdadeiro problema de todo isto é o lixo que producimos co consumismo abusivo. Quizais sí se deban facer charlas ou conferencias para mostrar a verdadeira importancia que ten o sobre consumo a que esta sociedade está acostumada.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 18, 2014, 10:25

😉
OUTRA:-Axudou algo a crise económica actual a que compremos aplicando máis o sentido común? Se considerades que isto foi así, a lección aprendida servirá para que no futuro compremos con racionalidade?

faa-ariadn-
avazquez
Newbie
Mensajes: 21
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 18, 2014, 12:34

A crise económica é unha das razóns ou causas da crise sistémica: crise do medioambiente, crise financeira, crise social, etc... Polo tanto actualmete esta crise estanos axundando a comprar aplicando o sentido común, debido a que é unha das causas principais e queremos deixar de estar nesta situación.
Sen embargo, penso que nun futuro volverá a suceder o mesmo xa que se tería que produir un cambio en toda a sociedade para deixar de realizar esta actividade, xa que esta relacionada co prestixio e para diferenciarse das clases baixas, polo tanto, nun futuro seguirá sendo o mesmo.

fab-miguel-
pineiro
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 18, 2014, 17:14

Si,algo afectou,pero pouco, xa que seguramente moita xente prefiere por exemplo, ter un xersei de marca,a dous xerseis que son igual de bos, pero que son dunha marca non coñecida.Asique non,non influira a que compremos con racionalidade,quizas en una moi pouca xente lle servira de leccion, pero a una moi pequena porcentaxe de xente.

faa-tamara-
parracho
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 18, 2014, 17:45

Na miña opinión, está claro que a crise económica actual está producindo cambios no consumo da xente, mais non porque esta situación fixera que a sociedade se dera de conta do problema que agocha o consumismo, senón porque nos vemos obrigados a medir con moita precisión e sentido común o diñeiro que podemos gastar, o que nos leva a mercar unicamente o imprescindible para vivir, a evitar comprar cousas innecesarias e a non cometer excesos.
Mais, ao meu parecer, en canto volvan os tempos de bonanza, volveremos a practicar un consumismo irracional, pois seguiremos sen velo como un problema. Ademais, despois dun período difícil marcado pola redución de gastos, ansiaremos sentirnos poderosos posuíndo enormes cantidades de bens e volveremos a “refuxiarnos” no consumismo abusivo.

faa-albaal-
ler
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 18, 2014, 18:57

Eu opino que a crise fixo que a xente se controlase máis á hora de comprar, non por darse de conta de que hai que saír desta sociedade consumista na que estámos, senón por razóns de obriga, falta de cartos e tamen, o intento de saír desta situación. Con todo, penso que este baixo consumo durará ata que se lle poña fin a crise, e entón voltará o consumismo.

Páginas: First << 2 3 4 [5] 6 7 8
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.103 segundos.

Os comentarios están pechados.