Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 4 5 6 [7] 8
Autor Tema:Obsolescencia programada TEMA CERRADO
faa-tamara-
parracho
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 19, 2014, 20:16

Ao meu parecer, non se debe actuar sobre os avances tecnolóxicos e as innovacións que dan lugar a que o mercado ofreza continuamente produtos con prestacións superiores, pois considero que sempre que sexa posible debemos avanzar e evolucionar.
O que si considero un problema é que substituamos obxectos que non esgotaron a súa vida útil e que cumpren perfectamente a súa función, simplemente porque se oferten outros con prestacións superiores. Dende o meu punto de vista, este feito é consecuencia de que ademais consumista, a nosa sociedade é inconformista (sempre falando, por suposto, en xeral). O primordial para nós é posuír sempre as últimas novidades, sen reparar en que probablemente xa teñamos un obxecto semellante que cumpre perfectamente a súa función e que non necesita ser substituído Penso que o verdadeiro problema e que asociamos “novidade” con “mellor” ou “máis calidade”, mais isto non ten porqué ser así, pois existen produtos vellos que realizan a súa función con maior eficacia que os “de úlltima xeración” .
Por último, considero que o noso entorno sería incapaz de non substituír os aparellos electrónicos cada vez que saen ao mercado novos produtos, xa que ansiamos posuír o último que ofrece o mercado porque, como xa dixen anteriormente, consideramos o novo que é mellor que o que xa temos.

faa-emilio-
lumbres
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 19, 2014, 22:08

Non creo que o noso consumismo sempre sexa por necesidade e utilidade, xa que algunha vez temos comprado cousas innecesarias. Hoxe en día, pola influencia da sociedade na que vivimos fai que as personas merquen por necesidade psicosocial, dando máis importancia a cousas innecesarias e isto ás veces fai a xente deixe un pouco de lado as cousas necesarias e útiles.

faa-mirian-
trigo
Beginner
Mensajes: 27
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 19, 2014, 22:34

Opino que os avances tecnolóxicos que hai continuamente na nosa sociedade son algo ao que, polo momento, non nos deberiamos opoñer, xa que sempre se innova para intentar facilitarnos as cousas do día a día. Así, os que compran un aparato novo por outro que nos ofrece o mercado con maiores prestacións fano porque lles é máis útil e cómodo (na maioría dos casos). Aínda así, outras persoas cómpranos por mero capricho e para ter todo o máis moderno posible, co que non estou dacordo. Isto é, como di a miña compañeira, unha mostra de inconformismo presente na nosa sociedade.
Respeto a si o noso entorno sería capaz de cambiar os aparellos electrónicos polos de última xeración penso que si, aínda que depende de cada un, xa que moitos prefiren quedar co que xa teñen mentres lles cumpra a súa función correctamente. Eso si, sempre hai persoas que ansian comprar o máis innovado e sen razóns de peso.

fab-maribl-
anco
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 19, 2014, 23:11

Eu penso que moitas das veces que mercamos facémolo pensando en ser igual que os demais. Como cando mercamos roupa que está de moda ou mobles que lle viste a unha veciña. É certo que hai cousas prescindibles que necesitamos, pero a sociedade fainos mercar cousas que en ese momento non precisamos, por exemplo cando vamos ao super por algún alimento e logo de mercalo cando vamos para a caixa e vemos unha oferta, aínda que non o precisemos comprámolo xa que dentro de un par de días xa non haberá tal oferta. E así é como a sociedade pode facernos mercar moitas das cousas que temos na casa agora mesmo.
Moita da xente pensa que por ter moitas ganancias pode estar mellor de saúde ou que ten máis probabilidade de vivir máis, xa que pode pagar médicos privados e así.

faa-iagopa-
din
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 20, 2014, 00:23

Penso que sí se debería de prohibir ou polo menos reducir a obsolescencia programada, xa que se aforraría moito máis e non se estragarían moitos productos en perfectas condicións, ademais de que non obrigaría a xente que pasa por unha mala situación a mercar un producto novo innecesariamente.
Así e todo, penso que a xente continuaría mercando as cousas de última xeración a pesar de que o que teña permaneza novo, debido á unha idea ou mentalidade que se integrou dende hai uns anos para aquí, que é a de consumir e a de estar á moda. Aínda que a prohibición ou redución da obsolescencia programada non reduza o consumismo e aumente o aforro, si que axudaría a xente que pasa por un mal momento a non estar obrigados a mercar, polo tanto, dende o meu punto de vista, esgotar a vida dun obxecto é totalmente innecesario e tan só perxudica aos máis necesitados.

faa-xacobo-
pineiro
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 20, 2014, 13:13

Eu creo que xa non é so a necesidade psicoloxica de ter status social, senon que productos como os ordenadores actualizanse rapidamente, e tras dous ou tres anos de compralos, xa non son utiles posto que os novos programas non funcionan ben neles. Isto unido á nosa necesidade de ter sempre o mais novo fai que renovemos constantemente os nosos productos electronicos, tales como, ordenadores, telefonos moviles, etc.

faa-ariadn-
avazquez
Newbie
Mensajes: 21
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 20, 2014, 13:22

Dende o meu punto de vista non se debería actuar sobre estas innovacións, xa que foron estas innovacións as que nos permitiron chegar a sociedade actual e ter o gran número de privilexios na nosa vida cotiá. Sen embargo, non estou de acordo con deixar de empregar aqueles obxetos que aínda teñen unha vida útil simplemente pola moda.
Aínda así, isto é algo inevitable que non vai a deixar de suceder porque non somos capaces de rexeitar os aparellos de última xeración se temos acceso a eles. Polo tanto, estou a favor das continuas innovacións porque considero que isto depende do valor de cada persoa.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 20, 2014, 16:59

😉

CENTRÉMONOS e CONCLUAMOS:
Vos sodes unhas persoas cunha certa formación que deberedes seguir acrecentando. Non debedes aceptar que sexa normal posuír a última tecnoloxía simplemente por aparentar; isto non é acetable desde o punto de vista dunha persoa formada.

Actualizar os elementos tecnolóxicos, pode estar ben se é porque lle sacásemos máis partido, pero sempre estaría mal se compramos o último por impresionar aos demais.

Se compramos as últimas novedades simplemente porque o necesitamos é un síntoma de que temos un problema é deberiamos preguntarnos porque temos a necesidade de comprar.

Tampouco debedes aceptar que os comportamentos individuais non poden facer nada por esta sociedade. Non é certo, pois os voso exemplo pode servir para que outras persoas o sigan e non estaría mal asociarse con outras persoas coas que compartades opinións para traballar xuntos por un desenvolvemento sostible do noso planeta.

Como conclusión pregúntovos: como podemos actuar, a nivel individual, para que o desenvolvemento sostible da nosa sociedade sexa, canto antes, real? É dicir, de todas as opinións que fixemos ata o de agora, como debe ser a nosa actitude para manter un desenvolvemento que implique realmente unha maior calidade de vida que se manteña durante moitas xeracións de humanos?

faa-andrea-
perez
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 21, 2014, 18:42

Eu creo que si queremos que as xeracións futuras teñan unha boa calidade de vida temos que empezar por poñer un grao de area cada un de nós e aportar novas maneriras de mellorar o mundo e ter unha actitude que respecte o medio ambiente xa que ao estar fabricando aparatos, roupa, electrodomésticos… estamos xerando máis e máis desperdicios e estamos contaminando máis o medio e polo tanto o mellor que podemos facer e non comprar o primeiro que vemos por ser unha novidade e a cal non nos fai falta para nada.

fab-antonc-
haves
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 21, 2014, 19:28

Non se debe frear o progreso tecnolóxico. Quén sabe? Ao mellor na pescuda de un novo modelo de televisión invéntase algo moi novidoso, parece unha tontería pero é así, na miña opinión non se debe actuar de ningunha maneira que poida poida facer que os avances tecnolóxicos se pausen. Non vexo capaz a nosa sociedade de non cambiar os seus aparellos electrónicos, por moi ben que funcionen e moita vida que lles quede, polos de última xeración. Vivimos nunha sociedade na que o que leves posto ou as posesións que teñas fan que as personas do teu arredor te miren dunha mellor forma, é triste, pero e así... A sociedade sempre vai a querer o máis novidoso.

Páginas: First << 4 5 6 [7] 8
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.185 segundos.

Os comentarios están pechados.