Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 5 6 7 [8]
Autor Tema:Obsolescencia programada TEMA CERRADO
fab-antonc-
haves
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 21, 2014, 19:52

Á maioría da xente da nosa sociedade, o futuro do noso planeta impórtalle ben puco, xa que coma eles van morrer antes de que o mundo sexa totalmente un vertedeiro e o calentamento global chegue ao se cume adoptan este miserable pensamento. Na miña opinión a xente que adopta esos pensamentos non é persoa. Os humanos, igual que o resto de seres vivos, non conseguimos habitar a Terra durante tantos miles de anos por gracia e vontade do señor senón polos recursos naturais que nos aportou ao longo dos anos a Terra, a cal é a nosa verdadeira nai. Xa non é darlle un mellor futuro as nosas futuras xeracións senón coidar do planeta ao que lle debemos a vida e polo tanto a razón de ser. Pódese facer algo para coidar da Terra? Pois claro que si, a resposta é moi clara. Que facer? Hai moitas cousas que podemos facer para garantir a vida do noso planeta e a vez garantir a calidade de vida das nosas xeracións. Estas cousas son tan simples como deixar de gastar os cartos en tonterías que non nos fan nin falta. Certo é que isto é algo case imposible pq facerlle cambiar de opinión a toda a sociedade sería unha proeza increíble. Pero tamén hai outras cousas máis sinxelas que poder facer, como por exemplo, reciclar, usar o transporte público ou plantar máis árbores. Cambiar a dirección do mundo é difícil, pero non imposible.

faa-iagopa-
din
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 21, 2014, 23:43

Individualmente, cada un debería priorizar as súas necesidades, de tal xeito que só mercase o estrictamente necesario, e que o fixese non só nas grandes marcas, senón que mercase os seus produtos na tenda do pobo ou no establecemento do veciño, para que poida manterse e así haxa máis competividade entre as empresas e os comerzos.
Penso que para poder mellorar a nosa calidade de vida o que precisamos e concienciar á poboación mundial sobre isto, de maneira que se sosteña a economía e que as pequenas e medianas empresas poidan emerxer. Así, o mundo estaría moito máis igualado e non existiría tanta diferenza nos países primer mundistas entre as clases sociais.
Ademáis, o segundo obxectivo debería ser extender isto a todo o mundo, non facelo só nos países desenvoltos, de tal xeito que os países en auxe ou que conten con menos recursos poidan expandirse e, aínda que non acaden o nivel de riqueza de EEUU, polo menos poderían ter un grao de vida considerable coas mesmas oportunidades para todos e coas mesmas condicións. O día que se acaden estas metas, o mundo será un lugar próspero e totalmente desenvolto, pero a día de hoxe, isto vese moi lonxe, case imposible.

faa-mirian-
trigo
Beginner
Mensajes: 27
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 22, 2014, 10:33

Dacordo cos meus compañeiros, penso que será un tarefa moi complicada manter un desenvolvemento que que implique mellor calidade de vida se manteña durante moitas xeracións de humanos,xa que a maioría das persoas non se dá conta da importancia das cousas e de que o que facemos terá a súa pegada no futuro, e se seguimos así será mala. Se cada un axudamos un pouco, poderíámos mellorar notablemente, empezando por non malgastar e parar o consumismo, coidar o medio ambiente mendiante o reciclaxe e a produción de menos produtos contaminantes, axudar a conseguir unha igualdade no mundo entre as persoas...ademais,se non comprásemos sempre ás grandes empresas que producen marcas caras e populares, axudaríamos a que estas non tivesen tanto prestixio e qs pequenas empresas pudiesen ter a oportunidade de facerse máis grandes. Así, se cada persoa dos países mais ricos puxese da súa parte, pouco a pouco seguro que melloraríamos tanto como persoas como o mundo enteiro.

fab-sabela-
fernandez
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 22, 2014, 13:20

O que sí que está claro é que a nosa actitude debe cambiar. A calidade de vida é o obxetivo ó que debería tender o estilo de desenvolvemento dun país que se preocupe polo ser humano. Alude ó benestar de tódalas persoas, atendendo á creación de condicións para satisfacer todo tipo de necesidades, pero coincidendo co noso sistema económico, o capitalismo, basámonos nas necesidades materiais, pois parece que hoxe en día, indo de compras un pode desafogarse ou facer que desaparezan as súas mágoas. O desenvolvemento do país soamente está obsesionado polo crecemento económico ilimitado e cuxo principal obxetivo é a riqueza. As persoas clasifícanse segundo as súas pertenzas e aparencias, pero, que pasará cando todas estas materias primas necesarias se esgoten e o ser humano non teña onde habitar?
Preocuparnos polo que nos rodea é fundamental. Por exemplo, o quentamento global é un tema presente nas nosa vidas, que moitos definen como "un enemigo común", pero está claro que para poder paralo deberíamos comprometernos en conxunto, con diferentes medidas, como pensar nos demais e nas próximas xeracións, non preocuparse soamente dun mesmo. Estánse a realizar certos esforzos para suavizar os efectos do cambio climático. Neste sentido prescríbense acións como reducir as emisións de gases responsables do efecto invernadoiro ou aumentar a capacidade dos sumidoiros de carbono para absorber estes gases da atmosfera. Varios países, tanto desenvolvidos como en vías de desenvolvemento, están impulsando o uso de tecnoloxías máis limpias e menos contaminantes, pero inda así, isto non é suficiente.

faa-ilenia-
martinez
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 22, 2014, 13:20

Na miña opinión considero que manter un desenvolvemento con mellor calidade de vida será unha misión complicada, pero se cada persoa pon un pouco da súa parte podemos conseguir pequenos cambios a largo plazo. Así, se evitamos o consumismo, axudamos ás pequenas empresas a crecer, reciclamos máis e intentamos producir menoa desperdicios, poderemos conseguir un mundo máis sostible e mellor para as xeracións futuras, aínda que concenciar á xente para isto coste moito, xa que non acostuman a pensar nas persoas que están por vir e solo pensan no presente.

faa-alexfe-
rnandez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 22, 2014, 23:56

Na miña opinión a sociedade deviría de darse conta de que os recursos dos que dispoñemos non son ilimitados e que algún día acabaremos lamentando este sistema de usar e tirar.E difícil para a xente de agora pensar no feito de mercar única e exclusivamente o necesario xa que, neste tempo, acostumárase a mercar todo tipo de cousas polo seu baixo prezo sen pensar moito se realmente fai falta ou non. Pero, que ocorre con todo o que mercamos cando deixa de funcionar? Simplemente se tira. Eu creo que cos avances que dispoñemos hoxe en día poderiamos facer produtos que tivesen máis tempo de vida e que danasen menos o medio ambiente para así non ter que estragar tanto material. Isto non vai a ser fácil de cumprir xa que ,as empresas de hoxe en día, prefiren que os produtos duren menos pero creo, que si nos esforzamos todos xuntos e arranxamos as cousas en vez de tiralas, poderiamos axudar a o medio ambiente e desfacernos de este método prexudicial.

faa-rubeni-
glesias
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 23, 2014, 00:13

Creo que ese é o principal problema de vivir nunha sociedade capitalista. Moitas veces compramos por necesidade, ou sexa elementos básicos (comida, productos de aseo persoal...) pero tamén temos esa parte consumista: a de comprar por comprar. Hai miles de productos que nos entran polos ollos e xa os queremos comprar, faga falla ou non.
A maioría das persoas, cando compran, compran para presumir diso e para poder dicir "eu teño máis ca ti". E o problema é que parece que ten máis importancia unha persoa con millóns de euros no banco e con miles de cousas, que o hai que tratar mellor que unha persoa que está pedindo na rúa. O que non pode ser é que mentres uns comen langosta todos os días, outros teñan que buscar comida nun contenedor e durmir en caixeiros automáticos.
As veces cremos que por utilizar roupa de marca, ter 3 coches e centos de trastos non necesarios somos "superiores".

Páginas: First << 5 6 7 [8]
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.083 segundos.

Os comentarios están pechados.