Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: [1] 2 3 4 >> Last
Autor Tema:Obsolescencia programada TEMA CERRADO
fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Obsolescencia programada
on: November 9, 2014, 22:05

Credes que o motivo do noso consumismo é sempre por necesidade e por utilidade ou hai unha compoñente importante de necesidade psicosocial (status, recoñecemento)? Tamén parece que se mide o noso benestar pola abundancia; pensades que inclúe unicamente riqueza de bens?

faa-iagopa-
din
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 11, 2014, 16:46

Dende o meu punto de vista, o consumismo actual é froito dunha sociedade que xuzga aos demais polo seu aspecto e polo que levan ou teñen, entón, dende hai uns anos, a xente compra só para lucir e non por necesidade nin pola utilidade que poida ter un producto. A xente séntese máis importante segundo a cantidade de cousas que teña e o prezo ou a marca destas. Isto, derivou, en parte, na grande crise económica que sufrimos hoxe en día, e ademais viuse impulsado polas grandes marcas e polas empresas, para gañar máis cartos.
Penso que as persoas síntense mellor tendo máis riquezas e máis bens sen ver que se están perdendo moitas cousas como a cultura ou que se están quedando soas. En conclusión, este consumismo, ao meu parecer non é nada bo porque se están perdendo moitas cousas e estase a crear unha sociedade que só pensa en comprar, cando se lle debería dar máis importancia a outras cousas.

faa-javier-
gonzalez
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 11, 2014, 17:39

Eu creo que o consumismo ten o seu dobre sentido, o da necesidade e o de aspecto. Cando alguén necesita un produto cómprao mirando para os demais, no sentido de que se o ven co produto cause boa impresión a xente, no que no meu punto de vista é un error impresionar a persoas totalmente descoñecidas, e por suposto non sempre é por necesidade psicosocial, senón que coa crise agora a xente empeza a aforrar máis e comprar o produto máis económico e rentable para eles.
Eu non penso que o benestar mídase só en riqueza e bens, que, a maior parte da xente pensa esto xa que sacaria de moitios apuros as veces sobre temas económicos e tamén pola compra de diversos obxectos para divertirse. Pero hai cousas máis importantes como ter amistades, aficcións e salud que isto determina finalmente ó noso benestar.

faa-martin-
baulde
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 11, 2014, 17:40

A medida que pasan os anos, temos á nosa disposición máis e máis produtos que poder adquirir. Ao meu parecer, os seres humanos consumimos por necesidade ou porque dito produto nos é útil na nosa vida diaria, pero moitas veces facemolo polo feito de que un produto nos parece atractivo visualmente, porque outra persoa nos fala ben del ou simplemente por ‘capricho’. Ademais disto creo que as persoas imos un paso máis alá, é dicir, moitas veces á hora de mercar un produto non so nos fixamos en que ese produto nos sexa útil, senón que tamén nos fixamos no prezo,na marca … Con isto quero dicir que as persoas nos sentimos ‘superiores’ ou máis recoñecidas polos demais cando mercamos cousas de maior prezo e máis extravagantes.
Concluíndo, dende o meu punto de vista creo que a medida que pasan os anos, a sociedade está a mercar máis e máis cousas sen necesidade e sen percatarse do erro que está a cometer. Dámoslle máis importancia á compra de produtos que non necesitamos que á de produtos que si nos serían utiles, converténdonos así en compradores compulsivos.

faa-carmen-
vilanova
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 11, 2014, 18:20

Vivimos nunha sociedade capitalista e de consumo, onde predomina o capital como elemento de produción e de creación da riqueza. No caso que nos ocupa, creo que a meirande parte da xente cre ter a conciencia ben tranquila dado que pensa que ao consumir (sobre todo de forma innecesaria), está axudando á economía, facendo que esta se mova especialmente en tempos de crise. Pero a realidade, dende o meu punto de vista, é outra moi diferente: somos parte do problema e non da solución. Con isto quero dicir que consumindo innecesariamente só estamos favorecendo ás grandes empresas que o único que buscan é poñernos unha venda nos ollos e incrementar tales vendas.
Por outra parte, tamén é certo que en moitos casos pensamos que por ter máis cousas materiais que os demais xa somos mellores ca eles. Na maior parte das veces a nosa mentalidade materialista non nos deixa apreciar o valor real das cousas e sobretodo das persoas, xuzgándoas a priori polo seu aspecto físico, principalmente pola súa forma de vestir. Sentímonos mellor con nós mesmos cantas máis cousas posuamos, pero a verdade é que as cousas máis importantes que existen son gratis.

faa-glopez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 11, 2014, 18:39

Nesta sociedade na que vivimos a hora de mercar sempre acabamos comprando mais do necesario, debido a publicidade que cas mensaxes subliminais fanos ver que debemos comprar eses productos ainda que non os necesitemos despois de compralos. Desta maneira eles consiguen ter maior beneficio e todo isto pasa sen que nos deamos de conta. O final, sempre compramos as cousas que non nos fan falta por culpa disto

faa-ivanlo-
is
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 11, 2014, 19:30

Na miña opinión, o consumo que temos na actualidade de diversas cousas que non son estritamente necesarias ou útiles para a vida "normal", por dicilo así, pero como moitas persoas queren aparentar ou mesmo gardar un status social pois intentan comprar o último que sae ao mercado, aínda que teñan que privarse de cousas que son moito máis útiles na vida diaria.
Penso que hai persoas que miden o seu benestar pola cantidade de cousas que teñen, non vendo que con moito menos podes vivir mellor e gozar algo máis, como da natureza, penso que é unha das poucas cousas que non se pode comprar nesta sociedade consumista. Na miña opinión vexo que a xente dende moi nova só pensa en ter algo mellor que o compañeiro, e así poder lucilo, por outra parte non gozan de cousas, que as veces son mellores, e gratuítas.

faa-tamara-
parracho
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 11, 2014, 20:13

Dende o meu punto de vista, fai moito tempo que os seres humanos non consumimos por mera necesidade e, ao meu parecer, son a sociedade e a economía do mundo no que vivimos os que nos impulsan a consumir desmesuradamente.
A sociedade actual xulga ás persoas pola cantidade e o prestixio dos bens que posúen, polo que moitas veces vémonos impulsados a mercar produtos caros e de grandes marcas comerciais que en moitas ocasións non precisamos ou que poden ser substituídos por outros produtos máis baratos que non sexan de ningunha marca prestixiosa, só para aparentar que somos poderosos e non ser criticados pola sociedade.
Pero, para min, o que realmente nos impulsa a consumir é o sistema económico que rixe as nosas vidas. Estamos gobernados por unha economía que nos incita e case nos obriga a mercar sen necesidade, por exemplo, cando se dana un electrodoméstico, sae máis barato mercar un novo que arranxalo. Isto é a consecuencia de que o que busque a economía actual sexa conseguir o máximo beneficio para as grandes compañías, que precisamente obteñen canto maior sexa o consumo da xente.

fab-rociov-
azquez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 12, 2014, 12:27

Dende o meu punto de vista, creo que hoxe en día as persoas compran os productos porque creen ou pensan que, por exemplo, quen ten un Iphone 6 é máis importante ou ten máis méritos que outras persoas que por exemplo teñen un LG ou outras marcas, entón eu creo que se fixan máis no que levan que en como son as persoas. Por iso penso que o noso consumismo hoxe en día é de necesidade psicosocial.
Tamén penso que hoxe en día xúlgase moito as persoas polo que teñen, ou sexa, polo material, antes de coñecelos como son. Porque o que máis ten non significa que sexan mellores que outros que só teñen o necesario. O benestar dunha persoa non só se basa no bens materiais, senón que tamén inflúe o éxito no traballo, unha familia, non só se basa no económico, aunque nesta etapa inflúe moito pola crise que sufre o noso país.

fab-miguel-
pineiro
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 12, 2014, 12:43

Na miña opinión, esta claro que moitas veces compramos por necesidade,por exemplo comida, outras moitas compramos por mero consumismo,pero que non faría falta si non se estropease,neste grupo falo das do vídeo e para rematar,outras moitas gastamos sin razon,simplemente porque sí, como por exemplo máis roupa da necesaria, máis comida, ordenadores sin que fagan falta, etc. Nalgúns casos esta claro que a xente compra cousas innecesarias simplemente para sentirse ben ou mellor ca alguen na sociedade, solo polo caso de ter mais, ou por ter mellores cousas ca o resto, inda que sexan completamente innecesarias.
Pero esto é asi, a sociedade e a que move a economía, sin ela, a economía non se movería, e todo crebaría, por eso as empresas fan esto que nos enseñan no vídeo, esta mal feito, pero e necesario,queiramolo ou no.

Páginas: [1] 2 3 4 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.174 segundos.

Os comentarios están pechados.