Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 [2] 3 4 5 >> Last
Autor Tema:Obsolescencia programada TEMA CERRADO
faa-manuel-
vilas
Beginner
Mensajes: 38
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 12, 2014, 12:46

Eu penso que en parte é por necesidade e por outra inflúen factores como os que se citan arriba como o é o estatus social, xa que moita xente para aparentar un gran nivel de calidade de vida adquire productos que non estan ao seu alcance. Normalmente son productos vistosos como teléfonos, xoias, coches e incluso casas. Isto produce que moita xente se hipoteque por encima das súas posibilidades de pagamento e así aparecen os denominados ''morosos'', sumado a tasa a alza dos bancos (O que provocou nos seus tempos a burbulla inmoviliaria, que aínda agora estamos pagando as súas consecuencias...)Tamén creo que é unha tendecia social que xira en torno a moda e a modernidade, xa que por exemplo eu teño un LGL3 (que fai 2-3 anos era un móvil bastante bo) e agora mesmo e considerado unha patata e podese comprar novo por 35$ e os móviles de última xeración octoplican as súas capacidades con respecto a este en memoria, cámara, etc. e segueme sendo igual de útil para as cousas que uso, sen necesidade dun Iphone 6.
Tamén penso que se nos dedicaramos a buscar formas de lograr un benestar social xeneral en vez de intentar inventar métodos para facer que os productos duren ata un número x de usos, non existiría o problema que hai de que ao facer os productos de larga duración non habería traballo, xa que a xente si, cobraría menos, pero tamén gastaría menos, xa que ao mellor un artículo, como pode ser un microondas, unha lavadora, etc en vez de durar de 5 a 10 anos durarían entre 20-30 anos ou máis, se se invertisen cartos para a investigación da duración de estos productos. Temos que intentar buscar solucións coherentes aos grandes problemas existentes e deixar de analizalos porque creo que xa levan analizados dende fai moitos anos pero hai poucas solucións ao respecto e isto fai que non avanzemos e cada vez os problemas son mayores e crece a diferenza entre a clase baixa e a clase alta, ata tal punto que a clase media(na que estaríamos a gran parte de nós)está desaparecendo. Temos que empezar a facer cousas útiles en vez de cousas interactivas, atractivas e adictivas pero con pouca funcionalidade. Estamos empezando a pensar pero deixamos de sentir, e cada vez os bens materias son máis importantes(que claro que ter unha vida folgada alexate de certas preocupacións) pero que a felicidade non se basa solo en eso, se non en ter unha boa familia, alguén que te queira, etc

fab-ivanpo-
rtas
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 12, 2014, 12:54

A nosa sociedade e capitalista e consumista e polo tanto, o predominante e o capital como o elemento de produción e símbolo de riqueza.
A xente consume continuamente, por exemplo, tecnoloxía vai quedando obsoleta nuns períodos de tempo moi curtos, obrigando a xente a mercar constantemente novos aparellos, por outra parte a xente esta movendo a economía, pero solo benefician as grandes empresas que o único que buscan e a obtención de beneficios.
Eu creo que é verdade que a xente sempre se deixa guiar máis polo materialista e as grandes marcas e xulgar a xente que non sega por ese camiño, pero realmente o benestar dunha persoa está en sentirse ben consigo mesmo ter amistades e o máis importante de todo, saúde.

fab-nereap-
orta
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 12, 2014, 13:16

Dende o meu punto de vista, case toda a población compra moitos productos sen ter necesidade deles, é decir, que compran por capricho ou por moda. Aínda que hay xente, moi pouca, que por consecuencia da crises so compra o que necesita, xa que a súa renta so lle chega para comprar o necesario, pero seguramente, estas persoas se tiveran unha maior renta comprarían por capricho ou por moda. Hoxe en día, a xente dalle máis importancia ao material, isto pode ser un problema, xa que, os que teñan unha boa renta e poidase permitir todos os luxos empezará a desperdiciar aos que non teñen esa mesma sorte. Desgraciadamente na nosa sociedade, en moitos casos, o que ten máis cartos ou máis luxos e o mellor, o que manda máis e ao que todo o mundo lle fai a "pelota", é decir, que a xente que ten a sorte de poder comprar os productos da mellor marca ou caprichos, poñémolas nun nivel social maior ca os que non teñen esa sorte e que solo se poden permitir o necesario ou solo compra o necesario. Respecto ao video, se cada vez consumimos menos a economía non se moverá, e a consecuencia disto será, que as empresas e fabricas cerren e haxa máis paro.

fab-luciam-
eis
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 12, 2014, 13:19

Eu creo que a maioría das veces compramos cousas para dar una imaxe diferente do que en verdade somos; por exemplo a roupa. Esmeramonos en vestir de marca so para dar unha imaxe de poder, cremos que con vestir de marca xa somos mellores persoas, xa somos máis listos ou algo asi... A forma de vestir, o diñeiro, a cor de pel, a nacionalidade, etc non interfire na nosa personalidade en absoluto a non ser que non teñan personalidade que entón subiríaselle a cabeza. Vivímos nunha sociedade moi crítica e aínda que somos nós os que protestamos pola maneira en que a sociedade nos xulga, despois, somos nós mesmos quenes xulgamos os demais sen parar a coñecelos.É fácil xulgar pero en canto nos xulgan a nos mesmos parecenos mal.
A todos nos iría mellor se deixasemos de intentar ser quenes non somos e nos adicasemos a coñecer as persoas antes de xulgalas.

fab-dariov-
azquez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 12, 2014, 18:06

Eu creo que o consumismo actual non é por necesidade, senon por facer pensar á xente que temos máis cartos ou que somos máis importantes, por exemplo, renovase de mobil cada pouco tempo para non quedar anticuados, ou comprase roupa a pesar de que non faga falta. Respecto ó tema da abundancia estou dacordo, na sociedade actual sempre se pensa que canto máis mellor, se se poden ter 2 coches, pois teñense, ainda que non fagan falta, e se se pode cambiar de mobil cada ano ainda que funcione ben, pois cambiase. Tamén, parte da culpa tena a publicidade moderna que nos atormenta a diario con novos productos e nos intenta meter a idea de que os necesitamos, fai uns anos con ter un portatil xa chegaba, hoxe en día a publicidade intenta facernos pensar que nos fai falla unha tablet para vivir máis comodos, etc.

fab-laurac-
aldas
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 12, 2014, 18:32

Penso que o consumismo ven causado maioritariamente polo compoñente da necesidade psicosocial, pero tamén pola necesidade.É certo que antes, os nosos parentes vivían con moito menos do que nós temos agora,pero tamén dicir que tiñan que pasar sen moitas cousas importantes como unha boa alimentación,un lugar adecuado para a hixiene etc e afortunadamente hoxe en día a maioría da poboación non ten falta diso, pero, o que temos agora ,en parte é "necesario", quero dicir, antes aos meniños cando eran pequenos e collían unha gripe ou así curábanse con métodos naturais da casa, e agora á mínima cousa, acudimos ao médico. E eu penso que a xente de antes volvíase máis forte contra enfermidades e soportaban moitas cousas.Porque estou seguro de que a maioría da xente se lle quitan todo o que ten agora e tivese vivir como antigamente, non sería capaz de sobrevivir, xa sexa polas comodidades ás que estamos acostumados agora ou pola apariencia pública, non o soportarían. Porque parece que agora o que importa é a apariencia e en parte a competencia e a envidia. Todos coñecemos ou pensamos en xente que sabe doutra que como comprou un coche de alta gama por exemplo, pois esa persoa vai e compra un mellor para non ser menos diante da outra persoa.Esto é consumismo si ou si, porque seguro que non tiña necesidade dun coche mellor do que tiña antes, pero polo feito de aparentar máis,fan estas "loucuras" e isto non acaba aquí porque esa xente que compra un coche mellor ca o de outra persoa por envidia ou competencia, hoxe en día atopámonos con que a maioría teñen hipotecas e non son capaces de afrontar todos os pagos, e ¿que pasa? Por un capricho van a perdelo todo. Tamén dicir outra cousa, este problema ven por culpa de outro, de "falta de personalidade". En xeral, ninguén quere ser menos ca outra persoa, pero estámonos olvidando de que non todos somos iguais e que na vida, non todos temos as mesmas comodidades, asique ¿por que querer ter o mesmo que outra persoa que non é igual a nós? Deberíamos ter unha autoridade propia e ser felices co que podemos ter e deixarnos de tanta rivalidade, porque as veces non o que máis ten é o máis feliz.

faa-laurac-
haves
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 12, 2014, 21:36

Estando de acordo cos criterios dos meus compañeiros, sentencio que aínda que todos damos un punto de vista desfavorable do noso actual consumismo, non somos conscientes de que somos nós mesmos os que entramos e damos xogo a esta situación, sendo parte do problema, e non un individuo que o visualiza cunha perspectiva externa, como moitos se aceptan a crer.
Todos os días somos influenciados por grandes cadenas comerciais ou empresas globais, que nos inducen a mercar novos aparellos ou utensilios que nos fan crer que son necesarios para a vida cotiá, pois prescindindo deles acadaríamos un nivel de vida inferior aos demais. Isto acaba persuadíndonos de que ao ter maior cantidade, se terá maior prestixio. E isto, lamentablemente, é un feito no 80% das mentes, que tan só xulga pola aparencia.
A obsesión inconsciente de querer sempre adquirir o máis novo e efectivo dos produtos, para acadar o propio benestar, ás veces acaba resultando ter o efecto contrario, pois sempre vai haber algo novo que supere ao comprado recentemente, polo que nunca acadaríamos un total equilibrio coa “necesidade” e coa “necesidade de ter”.

faa-mirian-
trigo
Beginner
Mensajes: 27
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 12, 2014, 22:24

Ao meu xuizo, o consumismo é algo que depende da mentalidade de cada persoa, así, unha persoa que ten medios, pode permitirse o luxo de malgastar, e problamente o faga, en cambio, outra persoa carente de medios dubido que poida permitirse tal cousa, ainda que está claro que dependendo do que pense cada. persoa, fará o posible por comprar algo ainda que esto lle supoña un gran problema. Ademais, dependendo das diferentes situacións nas que unha persoa estea envolta (tanto sociais como económicas), probablemente sexa influída, levándoa a ser máis ou menos consumista. Para min, persoalmente, o tema do consumismo non é nada máis que subxectivo, xa que unha persoa podería ser consumista polo simple feito de comprar un producto de marca, pero en realidade poida que teña razóns de máis peso que a leven a mercalo a non, xa que algo lle pode resultar máis cómodo ou útil, e pode que sexa máis caro, pero a relación calidade precio moi significante.
Ben certo é que as fábricas nos meten na cabeza o que debemos comprar e gastar, mediante a publicidade, pero ao fin e ao cabo ese é o seu traballo, pois queren vender o seu prouto e que teña éxito. Obviamente hai persoas que caen naa trampas da publicidade e consumen, pero aoesmo tempo hai outras persoas que antes recapacitan sobre todas as posibilidades, se poden permitirse eso ou non, e se lle podería resultar útil ou non. Ao final poida que compren o producto ou no, pero terán as súas razóns para facelo.

faa-ariadn-
avazquez
Newbie
Mensajes: 21
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 13, 2014, 13:15

Dende o meu punto de vista, estamos ante unha sociedade na que a oferta é sobreabundante. O noso nivel de consumo está situado por encima das necesidades básicas ou o consumo promedio. Evidentemente, aquel mercado dirixido pola oferta tranformouse ata a actualidade, na que temos un mercado dominado pola demanda.
Por outro lado, moitas veces chégase a pensar que o ben estar está relacionado en todo momento coa riqueza. En parte isto é verdade, xa que os países ricos presentan un maior benestar que os países pobres. Isto é lóxico, porque nos primeros teremos maior gasto social e polo tano máis recursos educativos, sanitarios... Sin embargo, desde certo punto, a relación entre benestar e riqueza non é correativa.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 13, 2014, 21:54

😉
NOVA CUESTIÓN.- Pero que é o que vos leva a cada un de vos a comprar sen ter unha verdadeira necesidade ou ben a tender a comprar as cousas de marca en lugar das máis económicas?

Páginas: 1 [2] 3 4 5 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.097 segundos.

Os comentarios están pechados.