Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 2 3 [4] 5 6 7 >> Last
Autor Tema:Obsolescencia programada TEMA CERRADO
faa-marina-
busto
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 16, 2014, 12:42

Eu creo que o consumismo actualmente é unha práctica que case estamos levando ao absurdo. Con isto quero dicir que, aínda que consumamos para cubrir as nosas necesidades básicas (alimentos, saúde,...), tamén mercamos de forma masiva e disparatada bens que nin sequera utilizamos nin necesitamos. Temos esa necesidade psicosocial que relaciona a cantidade de bens co estatus social, ou dito doutra maneira, son mellor ca ti se teño máis cousas. A anterior afirmación podería sonar esnob ou pedante, pero esa é a realidade. Persoas que non poden adquirir tantos bens como a maioría, poderían ser excluídos a clases sociais baixas.
Poden idealizarse os efectos e consecuencias do consumismo asociando a súa práctica coa obtención da satisfacción persoal ou incluso da felicidade. Eu discrepo desta idea.
Vivimos nunha sociedade na que dependemos totalmente dos bens materiais, feito que é bastante triste, pero a compra indiscriminada deles non significa que vaiamos a ser máis felices. É verdade que o diñeiro pode dar pé a cousas que melloren o noso benestar, pero a abundancia non significa benestar: non é máis rico o que máis ten, senón o que menos necesita.

jonathan.a-
so4a
Newbie
Mensajes: 1
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 16, 2014, 14:16

Na miña opinión a xente tende a comprar sen ningunha necesidade debido maioritariamente a modas, se todos teñen un eu tamén quero outro, para non parecer diferente, tamén porque na tenda ou na publicidade presentancho tan ben que sintes a necesidade de compralo, a parte tamen hay unha enfermdade chamada oniomania, ou máis conocida como compra compulsiva que é un trastorno psicológico que che produce un deseo de comprar sin real necesidade. Respecto a comprar as cousas de marca en lugar das máis económicas penso que é para que os demais teñan mellor idea de ti e para darte máis categoria.

fab-lauraf-
alcon
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 16, 2014, 14:30

Na miña opinión, hoxe en día compramos productos novos e modernos antes de que se estropeen, solo polo simple feito de ter as últimas tendencias, o noso consumismo é moi elevado, e deberíamos pararnos a pensar se realmente necesitamos a metade das cousas que temos, eu creo que levaríamos unha gran sorpresa, xa que moitas cousas témolas por ter, por ser, ou sentirte máis ca os demáis. Tamén e certo que ahora os productos non duran nin a metade do que duraban antes e oblíganos a comprar cousas novas cada vez máis pronto, para poder pruducir, a moitas persoas non lles parece ben isto, mais é necesario facelo, porque se non necesitamos productos novos moita xente non os compraría, e moita xente quedaría sen o seu posto de traballo.

faa-manuel-
vilas
Beginner
Mensajes: 38
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 16, 2014, 18:20

Na miña opinión compramos cousas de marca xa ven pola publicidade execesiva e repititiva que se fai dela ou ben porque os famosos(dos que moitos escoitamos as súas cancións, xogan no equipo que che gusta, ect) lévanos e para intentar parecerte a eles pois mércalos. E aínda encima son de igual calidade ou peor que as outras, porque as empresas co proceso coñecido como éxodo insdustrial, (transalado das súas empesas a países onde os traballoderes cobran unha miseria, un céntimo por cada artículo fabricado, por exemplo, ou incluso menos) obteñen un beneficio casi total e eses 40 euros de máis que che vale unha cousa de marca son empregados, precisamente, para pagarlle aos famosos para que lozan en público eses artículos ou para facer campañas publicitarias a nivel mundial e así xerar unha necesidade de consumo xigante.

fab-raquel-
pan
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 16, 2014, 20:48

Dende o meu punto de vista,o consumo na actualidade e de total desestabilidade. Nesta sociedade que vivimos compramos máis pensando no que dirán,entón,compraremos os produstos das mellores marcas.Deixamonos manipular facilmente pola publicidade e o pensar da xente que nos rodea.Xulgamos as peorsoas máis polo que teñan que non polo que sexan.
Por outra parte a nosa mente materialista cré que cantas máis cousas temos mellor persoas somos,sen decatanos que ,¨Non é máis rico quen máis ten, senón quen menos quere¨.
Con esto quero decir que moitas das cousas máis importantes que existen son gratis.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 16, 2014, 22:10

😉
NOVO PLANTEXAMANETO.- Somos suficientemente conscientes do problema e responsables como para comprometernos a cambiar, a racionalizar o noso consumo de maneira voluntaria ou credes que é necesario que esas medidas nos sexan impostas dalgunha maneira?

Necesitamos campañas de información e educación cidadá para conseguir un cambio de hábitos?

faa-miguel-
otero
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 17, 2014, 01:58

Dende o meu punto de vista, con respeto ao consumo. Creo que vivimos nun mundo de querer cambiar e avanzar pero coas mesmas condicións de beneficio que as anteriores, nunha metalidade na que só importa o beneficio propio e o ben individual.
Por outra parte creo que somos conscientes dos problemas que nos afectan, pero non mundo no que vivimos os grandes cambios prodúcenos ás grandes pontencias, ainda que se educamos a o noso futuro ao mellor algún día este cambio se poida producir partindo dunha boa base e duns bos principios que conciencien ás xeración que están por chegar. Para min neste momento e lamentablente creo que non poderiamos cambiar nas condicións que vivimos na actualidade.
Espero que nun futuro se produza o cambio que maioría da xente está a esperar.

faa-tamara-
parracho
Beginner
Mensajes: 30
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 17, 2014, 20:57

Dende o meu punto de vista, o conxunto da sociedade non é suficientemente consciente da magnitude do problema que presenta o consumismo abusivo, polo que dificilmente pode responsabilizarse e comprometerse a cambiar os seus hábitos e a racionalizar o seu consumo.
Ao meu parecer, non é necesario que se impoñan medidas para regular o consumo, pois considero que ningunha lei debe obrigarnos a non consumir, xa que non creo que ese sexa o procedemento a seguir e , polo tanto, non penso que ese sistema vaia propiciar os resultados adecuados.
O que si creo que cómpre levar a cabo (ademais considero este punto o máis importante e no que máis se debe incidir), son campañas informativas, para así concienciar á sociedade do problema global que presenta o consumismo abusivo e de que os que realmente prexudicados por esta situación, somos nós. Penso que partindo da educación cidadá, dende nenos ata adultos, e sen ter que impoñer ningún tipo de medidas, se pode conseguir un cambio de mentalidade, certa consciencia da problemática e o conseguinte cambio de hábitos.

fab-marian-
galeano
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 17, 2014, 21:47

Na miña opinión, a sociedade aínda non é consciente de gran problema que xera o consumismo de maneira abusiva, pero non sería necesario implantar unhas medidas para reducir o exceso de consumo en produtos que non precisamos xa que ninguen nos pode prohibir que consumamos, aunque si nos poden advertir do abuso que facemos deste consumo e aconsellarnos sobre isto, e pódennos aconsellar a través de campañas publicitarias que nos fagan ser conscientes do abuso que facemos no consumo, xa que moitas veces solo mercamos porque un produto xa pasou de moda, aínda que no teñamos escaceza ou falta dese produto.

fab-sabela-
fernandez
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: Obsolescencia programada
on: November 17, 2014, 21:58

Dende o meu punto de vista a sociedade non é consciente do problema que está a suceder, polo contrario, actuaríase doutra forma. Cada día unhas mil mensaxes incítannos a comprar artículos que non precisamos. Estamos inmersos no consumismo que se alimenta da influencia da publicidade, da predisposición de usar e tirar moitos produtos, da obsolescencia programada, do desfeito inadecuado de moitos obxetos que poden ser reutilizados ou reciclados ou da cultura ou presión social. O principal problema nunha sociedade de consumo xorde a partir dunhas necesitades ilimitadas que son satisfeitas a través dun bens ou recursos limitados. Isto podería chegar a cambiar, pero nun longo proceso, a través dunha base educativa, facéndose un cambio da perspectiva das nosas vidas, pois hoxe en día a maioría da poboación básase no materialismo e no ben individual. Tamén convén recalcar o sistema económico no que vivimos, o capitalista, influíndo positivamente no acto de consumismo.
Realizando campañas de información e educación cidadá poderíamos lograr un cambio dos hábitos da nosa sociedade, insistindo na magnitude deste problema cun cambio na nosa mentalidade e presentando os problemas que xorden a través desta cuestión valorando o control do noso consumo.

Páginas: 1 2 3 [4] 5 6 7 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.093 segundos.

Os comentarios están pechados.