Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 5 6 7 [8] 9 10
Autor Tema:Loito pola ciencia española TEMA CERRADO
faa-laurap-
az
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 29, 2013, 21:36

Eu penso que a sanidade, a educación e a ciencia son os sectores nos que menos deberían recortar, xa que se poden considerar os máis importantes de cada país, e para o seu desenvolvemento. Como dixo Marta, con recortes en sanidade as enfermidades medrarían. Se recortan en ciencia, en investigacións científicas, non poderán conseguir novas menciñas para estas enfermidades, por exemplo. E a educación é a base, e nosa formación é imprescindible para conseguir un futuro máis ou menos estable.
Polo tanto, eu creo que deberían recortar en outros sectores menos importantes, ou nos que non dependan tanto do futuro da sociedade.

fab-saulmo-
ndragon
Newbie
Mensajes: 4
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 29, 2013, 21:45

Eu creo que non fai falta nin recortar en nada ,simplemente con revisar as contas ben e asegurarse de que non falte nada xa está.Non se entende que un goberno recorte tanto en educación e ciencia, xa que como pretenden desarrollar novas tecnoloxías sen que salgan tan caras si non temos científicos formados.Sí hai que invertir en algo que sexa no futuro.

fab-raquel-
oliveira
Newbie
Mensajes: 4
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 29, 2013, 21:53

Non deberían facer recortes excesivos na ciencia, xa que aciencia é algo imprescindible, porque grandes avances na mediciña e gracias á ciencia podemos chegar a curar moitas enfermidades que hoxe en día son mortais, como o alzheimer. Deberíase recortar un pouco de todo.
Como ben din os meus compañeiros, aumentar o prezo dalgúns productos para logo invertir na ciencia sería algo verdadeiramente bo.

fab-yamila-
yelpez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 29, 2013, 22:25

A miña impresión é que neste país non tivemos a ocasión (polo menos últimamente) de ter un líder totalmente sincero e comprometido co que fai, senón que cada un mira para o seu e o dos seus amigos. Con isto pretendo referirme ás reformas que cada partido fai ao chegar ao liderazgo. En vez de investir os nosos cartos na igrexa ou na casa real, deberían ir por diante tanto a educación como a sanidade, e por suposto a ciencia. A ciencia significa avance, xa sexa humanitario ou económico. Creo que as persoas que nos gobernan non teñen as cousas ben plantexadas, e en lugar de quedarse cos cartos ou malgastalos, deberían procurar realmente unha saída desta crise, aínda que esto xa é meterse noutro tema.

fab-aldara-
muniz
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 29, 2013, 22:32

Ao noso país, para saír da crise, faille falta investir moitos cartos na ciencia e nos nosos estudantes. Si á educación se lle recorta por todos os lados, non teremos moita saída da crise xa que os estudantes non poderán formarse como bos científicos. O noso país, en vez de apostar e invertir diñeiro en Educación e en Ciencia, prefire gastar diñeiro para traer cousas dos outros países, os cales non están en crise porque preferiron invertir pola boa educación dos seus estudantes.

fab-anaoub-
ina
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 29, 2013, 23:01

Na miña opinión a ciencia e algo importante e imprescindible tanto na nosa vida diaria como na sociedade actual, xa que nos da grandes avances. Nadie se podría imaxinar o gran batacazo que se dou na ciencia española. A I+D tivo unha das peores partes no reparto dos recortes presupuestarios. Esta falta de inversión está traendo consecuencias como a paralización de proxectos de investigación, e o despido de investigadores que marcharán a outros países a continuar a súa labor. Como din os meus compañeiros deberían de recortar noutros sectores que non dependan do futuro da sociedade.

fab-iciaco-
res
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 29, 2013, 23:48

Nestes momentos a ciencia e a innovación o é todo. Mentres que no pasado, a construcción chega a un punto non que xa non da máis de si, sempre hai algo novo que descubrir no ámbito científico. Polo tanto, este, xunto coa educación e sanidade, debería ser un dos puntos intocables en canto a recortes. A ciencia é futuro, pero tamén é presente, pois non deberiamos quedar atrasados respecto a outros países que superaron crise, senón tomar exemplo.

faa-elenaf-
ontenla
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 29, 2013, 23:49

Na miña opinión, un país que non se preocupa pola investigación non é un país comoletamente desenvolvido, xa que se o estivese os nosos superiores daríanse conta de que invertir na investigación é algo impredecible para o futuro do país. Sen embargo, os nosos dilixentes non se preocupan por este ámbito e seguramente teñan coma última idea unha inversión neste campo, a si que prefiren facer rectortes xa que non é algo importante para axudarnos a saír da crise. En resumo, é un erro non invertir en algo imprescindible e beneficioso para calquer país( estancado na crise ou xa fora dela)

faa-cristi-
naguillan
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 29, 2013, 23:50

A ciencia é fundamental en calquera país, xa que a investigación científica é base para a curación de enfermidades e así aumentar o nivel de vida, á vez que se poden desenvolver novas tecnoloxías boas para a saúde en moitos casos tamén e para a economía dun país, xa que nesas novas tecnoloxías inverten tamén outros países, creando unha economía fluída para o país, cousa que non se consegue por exemplo coa construción. Estou moi dacordo con Yamila. Debería crearse unha lei fixa para a sanidade e educación, e non que cada vez que lle antolle a un goberno cambien as leis sobre eles. Non é comprensible que queiran manter a un país desenvolto e mesmo igualalo aos países nórdicos cando alí teñen claro que a sanidade e educación non se tocan e que aquí sexa a onde máis se recorre cando hai que facer recortes presupostarios. Si se apostara pola educación e investigación científica, dándolle subvencións e non recortando, poderíase chegar a un nivel de desenvolvemento parecido ao dos países nórdicos, xa que a xente estaría mellor formada, pero non como a situación actual, a chamada ''fuga de cerebros''. Non só hai que formar á xente, senón que hai que proporcionarlle os medios para que investiguen e teñan emprego, e non que teñan que emigrar aos países onde si lle ofrecen esas oportunidades. Como bo exemplo do investimento en ciencia e ensino podemos fixarnos na evolución destes dous campos e na súa influencia no nivel e calidade de vida do país dende principios do século pasado ata hoxe en día. A medida que estes campos foron adquirindo importancia, o nivel de vida foi indo a mellor, dende unha sociedade pobre, enferma e sen educación, ata unha sociedade onde a maioría da poboación está escolarizada e cunha notable maior calidade de vida que antes. Tamén cabe destacar que de onde si se debería recortar sería, como ben dixeron os meus compañeiros, das chamadas ''drogas legais''. Subíndolle os impostos a estas substancias non só conseguirían beneficios económicos que poderían ser investidos en ciencia e outros importantes sectores, senón que tamén se conseguiría unha sociedade con mellor calidade de vida. Outro factor importante para recadar cartos que poden ser investidos en I+D sería que os gobernantes se comprometeran co benestar do país e que cada un non mirara só polo seu propio ben e os do seu arredor, xa que están en cargos moi importantes onde o que prima é o benestar do cidadán, que unhas veces acertadamente e outras non tanto, foi quen os escolleu para estar no goberno do país ou territorio.

faa-laurav-
azquez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 30, 2013, 00:12

Na miña opinión a ciencia si é unha base para o desenvolvemento económico do noso país e de calquera. Os recortes en educación e na ciencia tan só perxudican máis a situación económica actual. Un país desenvolto é un país que investiga e aplica os descubrimentos a outros ámbitos (agricultura, a saúde, ás TICs, cambio climático, fontes de enerxía...).
Outros países comezan a recuperarse da crise porque grandes empresas extranxeiras volven a invertir neles polos traballadores altamente cualificados e os seus atractivos productos. Porque non tomar exemplo?

Páginas: First << 5 6 7 [8] 9 10
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.072 segundos.

Os comentarios están pechados.