Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 3 4 5 [6] 7 8 9 >> Last
Autor Tema:Loito pola ciencia española TEMA CERRADO
faa-larafe-
rnandez
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 28, 2013, 22:53

Na miña opinión tanto a investigación científica como a educación son ámbitos do país que os contén, que non se deben tocar cando xa estean funcionando, é decir, que o diñeiro destinado para o seu estudo e axuda non diminúa, e se pode ser que aumente. Actualmente o goberno está acabando coa investigación científica, a pesar de que esta é esencial para o progreso dun país e, coa educación tamén, converténdonos en personas sen opinión, que eles poden manexar o seu antollo. En definitiva, que o feito de recortar en estes ambitos, non é a solución para saír da crise.

fab-iriama-
rtinez
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 28, 2013, 22:57

Fátima non sei se é errónea ou non pero se paramos a constrcción do AVE, tamén derivaría en non construír outro tipo de transportes máis modernos polo tanto eu creo que tamén sería un estancamento, non avanzaríamos. Estou de acordo en que deberían ser intocables tanto a educación como a investigación xa que é o futuro do país e si non invertimos en iso... En qué invertimos?

fab-ariadn-
acordal
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 28, 2013, 23:00

Está demostrado que invertir en I+D rinde moito ó cabo duns anos, xa que en Finlandia, a maior parte dos beneficios, veñen por parte de este sector.

Estou de acordo con este comentario de Marcos. O Goberno actual prefire que os científicos procuren financiacións de empresas privadas para as súas investigacións, pois isto é beneficioso para o sistema capitalista no que vivimos. Non obstante, os países do norte de Europa, que posúen sociedades mellor desenvolvidas, apostan por invertir en I+D. Non cabe dúbida de que ata que non outorguemos os orzamentos que precisan as investigacións, non poderemos chegar a ser coma estos países.

fab-rebeca-
chaves
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 28, 2013, 23:36

Eu penso que neste debate non podemos eliminar ningún dos factores da ecuación. O estado ten un papel fundamental e a responsabilidade cara ós cidadáns que goberna. As empresas privadas teñen a obriga de devolver á sociedade unha parte dos beneficios que obtén por operar no mercado desa mesma sociedade. Por outro lado non podemos esquecer que o capital máis importante tanto para o estado como para as empresas privadas non radica nin nos bens nin nos cartos, senón no capital humano. Eu penso que hai campos que o estado debe protexer e tutelar dun xeito especial, como son: educación, sanidade e I+D. o que hai que aplicar á economía do estado é a racionalidade, de xeito que hai que ter un criterio para o gasto que é dunha forma sinxela o que fai unha ama de casa.

fab-manuel-
gonzalez
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 29, 2013, 00:31

Eu creo que debería de sacar os cartos urxebtementeA,xa que a ciencia é moi importante,prácticamente necesario para a nosa vida,pero o problema é de onde sacar cartos neste momento de crise,con todos os recortes que se están a facer para o suposto ben común da sociedade,pero unha das principais vantaxes que te no estado español é que un país moi atractivo turisticamente, podrían facer se campañas para atraer a máis turistas e así utilizar os cartos recaudados na ciencia.

faa-diegoc-
ores
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 29, 2013, 00:58

Citado de fab-javiercarou en October 28, 2013, 19:45
Eu creo que ao goberno non lle interesa invertir nunhas investigacións que soamente lle interesan ás empresas, senón que quere que as que invirtan sexan as propias empresas e así poder aforrar cartos.

Estou dacordo con que Carou di, a min dame a impresion de que o goberno o que busca e sacar beneficios sen invertir e esto pareceme unha tonteria porque este proceso é moi perigoso e inestable, pois ao non asegurarte unha inversión non te aseguras unha enrada de beneficio.

fab-rebeca-
chaves
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 29, 2013, 02:23

O goberno neste momento non quere inventir en nada que non sexa do seu propio interese, por iso fai recortes onde non os tiña que facer como en I+D, sannidade, educación... Sen embargo o que é seu non queren tocalo. De verdade é tan necesario ter soldos vitalicios para os ex-presidentes?

faa-christ-
iancacabel-
os
Newbie
Mensajes: 24
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 29, 2013, 11:46

Citado de fab-rebecachaves en October 29, 2013, 02:23
O goberno neste momento non quere inventir en nada que non sexa do seu propio interese, por iso fai recortes onde non os tiña que facer como en I+D, sannidade, educación... Sen embargo o que é seu non queren tocalo. De verdade é tan necesario ter soldos vitalicios para os ex-presidentes?

Comparto o que dí Rebeca, non é para nada necesario. esta xente xa tivo a súa función, pola cal cobrou, e non precisamente pouco.

faa-noelia-
parracho
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 29, 2013, 16:44

Na miña opinión, a sanidade, educación e ciencia son cousas esenciais nas que non se debería recortar.
A sanidade é un dereito común e necesario.
A educación forma ós futuros traballadores, e algúns dirixentes, do noso país. Polo tanto, é necesario ter estudantes ben formados.
A ciencia proporciona avances no nivel de vida, en curas para enfermidades, en coñecer mellor o mundo que habitamos...
As tres son cousas esenciais que o noso país, e todo o mundo, debería respetar.
Un dos ámbitos nos que se podería recortar para investir en ciencia é en política. Dende o meu punto de vista hai máis políticos dos necesarios e os seus salarios son maiores do que deberían ou do que necesitan.
Outro lugar de onde sacar cartos é na inversión en construcción. Obviamente os cidadáns españois non teñen cartos para comprar novas vivendas e aínda así séguense a construír edificios co obxectivo de que alguen os compre.
Ademáis destes dous existen numerosos ámbitos nos que aforrar, aínda que para ós dirixentes deste país é máis doado recortar en educación e ciencia, empobrecendo así a intelixencia da poboación e transformándoa nunha especia de rabaño sen opinión propia que fará caso ó que eles digan.

faa-adrian-
martinez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 29, 2013, 16:50

Eu creo que está ben claro que invertir en ciencia é algo realmente importante, xa que se os paises con máis poder económico lle dan moita importancia, algún motivo terán, non? Penso que recortando en ciencia, educación e sanidade ( a política que se está levando a cabo actualmente polo goberno central) o único que se consegue é saír momentáneamente do apuro económico e crear falsas ilusións de saída da crise nos cidadáns levando seguramente a consecuencias desastrosas no futuro. A políticas de privatización do ensino que está a levar o goberno só logran facer este accesible a uns poucos, o que levará á aparición masiva de "cidadáns" sen opinión e voz crítica, o que parece ser que quere este goberno.

Páginas: First << 3 4 5 [6] 7 8 9 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.23 segundos.

Os comentarios están pechados.