Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 2 3 4 [5] 6 7 8 >> Last
Autor Tema:Loito pola ciencia española TEMA CERRADO
faa-esteba-
npintos
Newbie
Mensajes: 3
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 28, 2013, 13:36

Citado de fa-victor en October 25, 2013, 16:45
😉
O PREMIO NÓBEL DI:

Peter Higgs ha aprovechado su presencia en Oviedo, donde el viernes recibirá el Premio Príncipe de Asturias de Investigación, para romper una apasionada lanza en defensa de la ciencia española. Tras su insólita 'espantada' durante la semana que fue galardonado con el Premio Nobel, Higgs parece haber salido definitivamente de su escondite y ha comparecido ante los medios de comunicación españoles con una sonrisa radiante.

Preguntado por ELMUNDO.es sobre qué le diría al presidente del Gobierno español si le tuviera delante para convencerle sobre el riesgo de recortar en I+D, el físico ha respondido de manera contundente: "En el pasado, la ciencia en España no fue apoyada lo suficiente, y el resultado fue que hace 30 años el país estaba muy retrasado con respecto al resto de Europa. Sin embargo, en las últimas tres décadas la situación de la ciencia española ha mejorado muchísimo, y por eso mismo sería muy lamentable que ahora volviera a retrasarse de nuevo".

VÍCTOR DI:
Non credes que a proposta de deixar que a investigación busque investimento privado, realmente quere ocultar que a Administración quere desentenderse dela?

Totalmente de acordo, creo que queren deixar en mans privadas o que lle corresponde facer a eles porque a investigación ten que ser pública

fab-marcos-
daporta
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 28, 2013, 19:30

VÍCTOR DI:
Non credes que a proposta de deixar que a investigación busque investimento privado, realmente quere ocultar que a Administración quere desentenderse dela?

O goberno está buscando enriquecerse a corto prazo. Por iso recorta en todos os campos. Está demostrado que invertir en I+D rinde moito ó cabo duns anos, xa que en Finlandia, a maior parte dos beneficios, veñen por parte de este sector.
O problema de España é que non temos unha boa cultura científica e por iso recortar en I+D non lle parece importar demasiado á sociedade.
Eu creo que simplemente o gorberno négase a vivir no futuro.

fab-javier-
carou
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 28, 2013, 19:45

Eu creo que ao goberno non lle interesa invertir nunhas investigacións que soamente lle interesan ás empresas, senón que quere que as que invirtan sexan as propias empresas e así poder aforrar cartos.

fab-alejan-
drocosta
Newbie
Mensajes: 4
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 28, 2013, 19:54

en españa os científicos non son pagados como debian e moita xente boa esta marchando para paises moito mais potente como por exemplo alemania. esto leva consigo un gra problema que e que a ciencia en españa disminue a pasos axigantados como consecuencia de perder moi bos cientificos e grandes subencions

fab-noerod-
riguez
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 28, 2013, 19:57

Vale, é moi sinxelo. Como queren que este sector mellore coa ausencia de presuposto? Imos quedar estancados nun sector tan importante coma este a causa da ausencia de fondos. Certo que en outros países hai menos presuposto, pero hai moitos máis con presupostos moito maiores e mellores soldos. Resultado? A xente marcha, deixando España con menos cantidade de traballadores. Os científicos non viven eternamente, así que o resultado é que cada vez en España haxa menos persoas traballando neste sector. Con razón non estamos tan avanzados coma outros países!

fab-daniel-
baulo
Newbie
Mensajes: 2
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 28, 2013, 20:24

Eu creo que neste campo non se pode recortar máis, se queremos ser competitivos co resto dos países, xa que en 2012 o presuposto que o Estado desembolsou para a investigación foi un 25,5 % menor que o de 2011. Se España quere ser competitiva(polo menos a nivel europeo), non deberia recortar en este campo, porque se queremos ter un futuro mellor, temos que investigar nós, e non deixar que os outros países se leven aos nosos científicos.

fab-jairot-
roncoso
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 28, 2013, 20:55

Penso, igual que Carou, que ao Gobierno non lle interesa, nada que teña que ver có sistema da ciencia, de hai a que se diga que busquen investimento privado. Pero o que non deberían facer e facer recortes na ciencia.

fab-martap-
alacios
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 28, 2013, 21:16

Estou totalmente dacordo có que dixo Marcos "Eu creo que simplemente o gorberno négase a vivir no futuro." Penso que o noso goberno non está ao tanto de o que supón a ciencia e a tecnoloxía hoxe en día e en vez de informarse simplemente ignora o tema, polo tanto non hai fondos para este campo. Gracias a isto a xente con estudos marchan a paises onde poder traballar do que se formaron aquí. É certo que en Alemaña predominan os inxeñeiros españois, que se forman perfectamente aquí pero ao non ter traballo marchan e dan os bos resultados noutros paises.

faa-mbarre-
iro
Newbie
Mensajes: 3
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 28, 2013, 21:35

Na miña opinion sen estudos non hai futuro. Se se segue a facer recortes na educación e investigacion remataremos sendo un país de man de obra barata. Hoxe en día e necesario seguir innovando e investigando neste mundo en constante cambio.Eu non sei en que se debe recortar, pero estou segura de que en educación e investigación deberían ser intocables. Como imos facer para sacar o país adiante se non temos coñecementos?

faa-fatima-
lago
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 28, 2013, 22:37

Agora o tema de estudar xa se centra en obter traballadores, e se seguimos recortando en educación, a longo prazo acabará baixando o nivel de estudo. Recortar en educación dunha maneira tan drástrica non é a solución, xa que o que queren é privatizala, como a ciencia.
Outro dos erros é recortar tanto en cienca, deberíase invertir máis en investigación, xa que podría ser unha boa saída da crise nun futuro. A investigación é a base central en moitos paises, se recortamos en España, quedarémonos atrás, e se nos damos conta xa non teremos moitos sectores dos que sacar probeito, xa que dos que máis probeito se pode sacar é onde máis se recorta.
Que pasaría se tratásemos de recortar en cousas como a construcción do AVE e demáis cousas que poida que non sexan tan esenciais? Sería unha idea errónea?

Páginas: First << 2 3 4 [5] 6 7 8 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.159 segundos.

Os comentarios están pechados.