Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 6 7 8 [9] 10
Autor Tema:Loito pola ciencia española TEMA CERRADO
faa-santia-
goescudeir-
o
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 30, 2013, 01:25

O investimento de cartos públicos en I+D nun país, é imprescindible para sobrevivir e poder prosperar social, cultural e por suposto economicamente. Agora ben, en España non se inviste practicamente nada en ciencia nin en investigación, en relación con outros países do noso entorno. Eu supoño que pola influencia de outras potencias, como ben di o meu compañeiro Marcos, poñendo de exemplo a Alemaña, que coacciona ao goberno español para que lle envíe persoal cualificado e non ter que gastar eles tanto na formación de persoal. Tamén estou dacordo co que comenta Cristina de que os políticos, que son os máximos gobernantes dun estado, teñan tan pouca ética e tan poucos valores, e que se aprobeiten continuamente do pobo.
En canto ao do diñeiro destinado a educación e sanidade, estou dacordo con moitos dos meus compañeiros que comentan que non se debería recortar nestes ámbitos, xa que os considero fundamentais para o desarrollo dun país. Considero que o problema da sanidade e da educación, en referencia ao gasto que producen en España, ven debido a unha mala xestión, creo que ten marxe de mellora, tanto a sanidade como a educación, pero non recortando, recortando non se consigue nada bo, so darlle ao pobo uns servicios peores.
En conclusión: opino que organizando mellor pilares básicos como a educación e a sanidade, destinando moito presuposto a I+D, e que os políticos deixen de roubar e os empresarios de abusar, o país pode ser un país a altura do resto de Europa. Eso sí, tamén se precisa mellorar a actitude da cidadanía.

faa-manuel-
montes
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 30, 2013, 01:29

Na miña opinión é unha tontería recortar na ciencia, porque como ven dixeron os meus compañeiros, a ciencia hoxe en día é a que máis traballos e posibilidades da. Ademáis os países con maior avance científico son os que están económicamente estables, e se aínda por riba recortan na educación, que é necesaria para formarnos neses traballos, non sei como queren que salgamos da crise.

fab-beatri-
zcasal
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 30, 2013, 17:05

As consecuencias deste recorte non foron tratadas, xa que entenden que é o Goberno o que ten que detallar máis profundamente a que se vai destinar cada partida, que plans teñen e queren cara a onde enfocar a política científica e tecnolóxica do país. "O tecido científico tarda moitos anos en crearse e tan só uns días en destruírse" é unha pena porque hoxe en día a ciencia e imprescindible .

fab-beatri-
zcasal
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 30, 2013, 17:06

As consecuencias deste recorte non foron tratadas, xa que entenden que é o Goberno o que ten que detallar máis profundamente a que se vai destinar cada partida, que plans teñen e queren cara a onde enfocar a política científica e tecnolóxica do país. "O tecido científico tarda moitos anos en crearse e tan só uns días en destruírse" é unha pena porque hoxe en día a ciencia e imprescindible .

fab-mariab-
lanco
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 30, 2013, 17:18

Eu creo que non é posible. A ciencia é unha gran fonte de potenciación económica, xa que cantos máis proxectos se fagan e se descubran, maior será o nivel económico. A ciencia emprega moitos cartos, pero tamén xenera avances, o que ven traíndo beneficios. Eu non estou de acordo co elebado nivel de recorte na ciencia.

fab-andrea-
brea
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 30, 2013, 19:40

Para min o que non é normal é que agora todos os que se ven involucrados no mundo da ciencia teñan máis dificultades para levar a cabo os seus propósitos, os cales non son para beneficio deles solos,si non que son poxectos que benefician á humanidade en case toods os aspectos posibles: alimentación, educación, sanidade, etc... E penso que nun país desenvolvido como no que vivomos se fagan estas cousas que só fan que vaiamos cara atrás no noso desenvolvemento.

fab-manuel-
gonzalez
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 30, 2013, 20:02

Si,a ciencia,por decili dalgunha maneira,é a "Chave do saber": grazas a ela descubrimos moitas cousas e melloramos tamén cousas que xa existían antes para o noso ben colectivo; o caso do Albariño,a ciencia podría investigar novas técnicas de cultivo e melloras nos instrumentos para arar nelas,e así mellorar as uvas e demais factores relacionados con campo do viño,o cal significa máis benéficos e máis competencia do mercado,se quitamos a Ciencia,estas melloras non serán posibles,e posiblemente,nalgun futuro ,o viño noutros países me llore a súa calidade ,e a xente prefira o viño deles a nosa...

faa-diegoc-
ores
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 30, 2013, 20:56

Na miña opinión o goberno non debería reducir nestes sectores, pero tamén me da a impresión de que o goberno utiliza a crise como escusa para reducir a inversión neste sector e que así as empresas privadas financien a investigación e logo este se poida aproveitar dela sen ter que pagar.

fab-fatima-
chaves
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 30, 2013, 21:15

Penso que é inxusto os recortes na ciencia e na educación polo simple feito que é a base do futuro do país.A ciencia é imprescindible para calquer cousa,descubrimento de novas mediciñas,descubrir cousas novas sobre o mundo no que vivimos etc.Este país se segue así non vai chegar a ningures.

fab-angelp-
ineiro
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 30, 2013, 22:58

Eu creo que o Estado podería sacar cartos en temas de insfraestructuras públicas, como por exemplo as líneas de alta velocidade entre cidades.
A verdade é que penso que o proxecto dos trens de alta velocidade está moi ben pero os gastos son cuantiosos e poderíanse repartir dun xeito máis proporcional.
Explícome, en vez de investir tantos millóns de golpe na construcción dun traxecto ferroviario, por qué non repartir uns cantos deses millóns nouitras cousas como a investigación ciéntifica? Eu creo que sería unha boa opción de conseguir fondos para investigar.

Páginas: First << 6 7 8 [9] 10
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.078 segundos.

Os comentarios están pechados.