Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: [1] 2 3 4 >> Last
Autor Tema:Loito pola ciencia española TEMA CERRADO
fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Loito pola ciencia española
on: October 21, 2013, 09:46

Hai 80 anos que un 17 de outubro morría o primeiro Premio Nobel español de Medicina. Os investigadores aproveitaron esta data para reivindicar o maltrato nos Orzamentos Xerais do Estado da partida adicada á ciencia. De feito, desde o ano 2009 diminuíron en 2500 millóns de euros.
Os científicos reuníronse fronte ao edificio do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) para ler un comunicado de protesta que rematou cun berro que dicía: “sen ciencia non hai futuro!”
Os investigadores confían nun modelo económico coa Ciencia como piar principal, pois está demostrado que os países cun modelo económico baseado na I+D+i (Investigación + Desenvolvemento + innovación) son os que xa saíron da crise. Polo tanto a ciencia e o mellor modelo produtivo que pode seguir un país coma o noso.

Credes que a ciencia é a base para o desenvolvemento económico do noso país? Se España está estancada economicamente desde hai anos, cal debe ser o camiño para que creza a súa economía? Pensades que con recortes en ciencia e educación, é posible superar esta crise económica?

faa-veroni-
canoya
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 21, 2013, 15:55

Penso que coa ciencia se pode desenvolver económicamente calquer país, xa sexa coa venta de novas menciñas, invención de novos aparellos... E creo que o feito de recortar en ciencia e educación non leva a ningún lado, hai moitos outros ámbitos menos importantes nos que recortar sen ter que ser na ciencia e a educación, que son imprescindibles nun país coma o noso.

fab-aidago-
nzalez
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 21, 2013, 18:41

Estou de acordo co que di Verónica "hai moitos outros ámbitos menos importantes nos que recortar sen ter que ser na ciencia e a educación" , aínda que eu creo que para superar a crise , non deberían facer recortes tan drásticos nun só ámbito (ciencia e educación) , así non se vería tan afectado coma neste caso ao diminuír 2500 millóns de euros.

fab-jairot-
roncoso
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 21, 2013, 20:28

E difícil que poida desenvolverse sen ciencia, porque a ciencia esta en todo, hoxe en día estamos rodeados de ciencia. Non estou deacordo con que fagan os recortes, tanto en ciencia como en educación, podendo facer recortes en outros tipos de sistemas.E non creo que por recortar en estous dous ambitos se salga da crise económica.

fab-gretag-
eorgieva
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 21, 2013, 21:22

Eu penso que para salin da crise calquera pais , debería estar desenvolvido cientifica e tecnoloxicamente xa que nos tempos nos que vivimos estamos rodeados de ciencia e tecnoloxia e sen as ambas non sería tan doado saír adiante .Deberían deixar de facer tantos recortes na educación mais na ciencia e recortar por outras lados como por exemplo nos salarios da `` xente importante´´

fab-noerod-
riguez
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 21, 2013, 22:01

Evidentemente, a ciencia, a educación e o resto de ámbitos son totalmente necesarios. Pero recortando os presuspostos só imos conseguir que haxa máis revoltas, menos persoas traballando por culpa de que non se lles pode pagar... A solución á crise non é recortar nestes campos. A posible solución á crise é que os políticos se solidaricen co seu país e recorten nos seus propios gastos e soldos. Xa chega de mover sobres con cartos dos que ninguén sabe nada. Claro que necesitan un soldo para sobrevivir, pero cun pouco que erecorten os seus soldos esta xente, poderían facer que miles de persoas vivisen mellor. Como imos avanzar na ciencia se non temos presuposto para investigar? Como vai mellorar a educación se cada vez hai menos cartos nos colexios? Alguén debería darse conta diste e porlle fin, pero non, eles prefiren seguir cunha vida chea de caprichos a axudar a miles de persoas, así nos vai.

fab-sofiac-
astineiras
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 22, 2013, 11:19

Citado de fab-gretageorgieva en October 21, 2013, 21:22
Eu penso que para salin da crise calquera pais , debería estar desenvolvido cientifica e tecnoloxicamente xa que nos tempos nos que vivimos estamos rodeados de ciencia e tecnoloxia e sen as ambas non sería tan doado saír adiante .Deberían deixar de facer tantos recortes na educación mais na ciencia e recortar por outras lados como por exemplo nos salarios da `` xente importante´´

Toda a razón, tanto a ciencia e a tecnoloxía é moi importante nun país desenvolvido como o noso, e recortar nestes dous aspectos impedirános medrar máis, quitando o feito de que económicamente imos cara abaixo, recortar en mediciña, educación, e ciencia e tecnoloxía é o fallo máis grande que está a cometer o goberno, e como di Greta, se queremos saír da crise que empecen recortando no seu salario que é una das cousas que só son útiles para eles mesmos e non para todo o país.

fab-iciaco-
res
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 22, 2013, 14:51

Está claro que tódolos países que están desenvolvendo e traballando coa ciencia saen adiante. Mais en España estámonos decantando por ir hacia atrás en vez de cara diante. Os recortes en educación levan consigo menos xente estudiando, o que provoca menos científicos levando a cabo experimentos. Pero isto non só nos afecta en economía, pois que é mellor? Dar eses cartos ó goberno ou a sitios como Eurovegas ou proporcionar os cartos á cura do cáncer? Vivimos nun país que nos quere atrasar psicolóxicamente nos anos, e como ben se di arriba, sin ciencia non hai futuro. Quedaremos atrás respecto doutros países en términos científicos e económicos, pois nestes momentos non hai industria algunha que esté sacando ou vaia sacar adiante España.

faa-begona-
suarez
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 22, 2013, 16:15

Penso que a ciencia é base para o desenvolvemento económico para o noso país porque é moi importante, é imprescindible para a vida. Se seguen a recortar desa maneira en educación e ciencia non se poderá recuperar o país. Penso que nestes aspectos habería que invertir para sacalos adiante e poder investigar e descubrir. Se queremos saír da crise é unha boa maneira de comezar.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 22, 2013, 17:02

😉
Ocórresevos algunha idea sobre de onde sacar cartos (que partidas reducir ou eliminar dos orzamentos do Estado) para investir en investigación científica?

Páginas: [1] 2 3 4 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.133 segundos.

Os comentarios están pechados.