Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 4 5 6 [7] 8 9 10
Autor Tema:Loito pola ciencia española TEMA CERRADO
fab-martar-
odriguez
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 29, 2013, 18:35

Na miña opinión a ciencia e algo importante tanto na nosa vida diaria como na sociedade actual. As medidas que está tomando actualmente o goberno non son para nada beneficiosas para os cidadáns, non son política nin nada polo estilo pero creo que se podian tomar outras medidas e que nos axudaran a saír desta crisis que vivimos. A ciencia e necesaria, proporcionanos avances tanto na medicina, curar enfermidades raras..etc Hay moitas nenos e adolescentes que estan sufrindo esas enfermidades raras e que estan esperando unha cura para poder facer vida normal ou simplemente saír a rúa sos e como eso moitas cousas que sofren familias e saen no telexornal cada día pedindo axuda, e esas avances nunca se conseguirán porque se necesitan moitos cartos. A educación do nosos país e unha das mellores, aquí ven a xente para formarse e logo marchar para fora,e eso non debería cambiar todo o mundo ten dereito a unha educación e tanto a ciencia como a educación non se deberían tocar. Creo que os goberno debería mirar máis polos cidadás e pola xente que o elixiu,xa que grazas a nós hoxe teñen un posto de traballo.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 29, 2013, 18:42

😉
Como exemplo de que a investigación ten un efecto directo sobre a economía; facilítovos o seguinte texto dun xornal:
"Esas uvas que ya transportan a los silos encierran bajo su pellejo el mejor ejemplo de I+D+i, eso tan poco comprensible para el ciudadano de a pie que es Investigación más Desarrollo e Innovación, aplicados a la enología, algo que es lo mismo que decir a nuestra vida corriente. Vanguardia científica y tradición bodeguera en aras de mejorar uno de los caldos gallegos más universales".

I+D+I significa Investigación+Desenvolvemento+Innovavión. Ven a significar que a investigación nos leva a innovar en novos compos e como consecuencia somos máis competitivos nos mercados co cal, aumentan os ingresos na comercialización dos productos. Póñovos o exemplo do albariño para que vexades que o campo de investigación tamén implica as cousas máis próximas a nos e se queremos competir no mundo do viño e aumentar os ingresos de viticultores e bodegueiros, cómpre investigar.
Desexaría que me dixérades se con este exemplo sodes capaces de comprender mellor a implicación que ten o descenso da inversión sobre a investigación sobre a economía do noso país.

fab-lorena-
soto
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 29, 2013, 19:02

Estou de acordo con Marta porque a ciencia cada día nos aporta algo novo. Estos recortes o único que fan e estancar o avance da ciencia. Moitos investigadores estudan nas distintas universidades de España e logo marchan a traballar o extranxeiro dándolle ganancia a outros países.

fab-gretag-
eorgieva
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 29, 2013, 19:03

Sí, a ciencia e impresindible en todo os campos da sociedade. Está tanto nos ámbitos máis cultos como nos máis próximos a nós.
É algo necesario sin o cal non poderíamos saír a diante , posto que a ciencia nos anticipa novas formas de sociedade, convivencia e cultura .Atopamola na mediciña , nas investigación de todo tipo ... A miña opinión é que as medidas actuales do Governo non son adecuadas ,non son benefiosas respecto aos cidadáns . Grazas á ciencia podemos vivir máis tempo, curar enfermidades e facilitar a nosa maneira de vida razón pola que a temos que defender. A ciencia éo noso futuro .

fab-marcos-
daporta
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 29, 2013, 19:51

Eu creo que invertir en I+D soamente trae vantaxes. Ademais prevés a fuga de cerebros. Pero non sabemos cal é a causa real de que recorten neste campo. Tal vez estén influenciados por países máis importantes como Alemaña para crear países productores de bens baratos e consumidores de bens caros. Tal vez estén facendo da sociedade española uns esclavos con iphone.
Porque non entendo como países como Finlandia ,que repito, reciben a súa maior parte de ingreso de parte de este sector a pesar da crise non recortan ahí. Mentres que España recorta en ciencias, educación...

faa-veroni-
canoya
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 29, 2013, 19:58

Subindo os impostos a algúns productos como o tabaco conseguiríanse bastantes beneficios e tamén suprimindo a asignación do Estado á Igrexa, xa que non me parece lóxico, tendo en conta as riquezas do Vaticano; a súa sede. Penso que así se conseguirían aforrar bastantes cartos para invertir en investigación científica.

fab-andrea-
brea
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 29, 2013, 20:20

Eu estou de acordo con Verónica, xa que en vez de investir na ciencia, que é algo que sempre nos da beneficios, están, por así dicilo, a darlle moita máis ganancia a institucións as cales xa teñen recursos suficientes para valerse por si solas, o cal para min é coma un atraso na sociedade de hoxe en día, porque xa deberíamos ser consciente do que nos beneficia e do que nos fai gastar por gastar.

fab-martap-
alacios
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 29, 2013, 20:43

Paréceme bastante ben razoado o comentario de Noelia e estou moi dacordo con ela. Á sanidade non se lle debería privar de nada pois é, por así dicilo, o campo máis alto das necesidades. Sen sanidade as enfermidades medran sen poder ser detidas e a base do progreso é evitar os erros e buscar solucións innovadoras. Sen sanidade quedamos estancados. Por outro lado tamén mencionou que a educación forma os futuros traballadores e os futuros dirixentes, destaco isto último. Son os membros e cargos do mesmo goberno os que queren recortar no medio que lles axudou a chegar a postos tan altos. Se eles non tiveran a educación e os estudos necesarios no seu momento, agora non serían quen son, paréceme que é totalmente contraditorio o que fan.

fab-mariat-
irado
Newbie
Mensajes: 3
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 29, 2013, 20:57

Considero que para que un país sexa próspero o primeiro onde ten que invertir o goberno é en educación, cousa que a ningún goberno lle interesa porque a xente analfabeta é máis manexable cá que ten coñecementos.
Os recortes teñen que ser en políticos, funcionarios a dedo, eliminación de privilexios, e todos os cartos que se aforran nesto, investilos en investigación e desarrollo e innovación, que é o motor de desarrollo de un país.

fab-andrea-
romero
Newbie
Mensajes: 4
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 29, 2013, 21:32

A ciencia é algo imprescindible para nós, xa que nos da grandes avances na mediciña e gracias á ciencia podemos chegar a curar moitas enfermidades que hoxe en día son mortais. Se non fose pola ciencia difícilmente habría tecnoloxía, outra cousa fundamental para nós. Non deberían facer recortes excesivos na ciencia, senón que deberían recortar un pouco de todo. Ou tamén, como di Verónica, se aumentamos o prezo do tabaco (ou alcohol) que son cousas que perxudican a nosa saúde conseguiríanse bastantes beneficios e así aforraríanse bastantes cartos para invertir na investigación científica.
Se seguen así o único que van a conseguir é que as persoas que se dedican á ciencia e estudian nas universidades de España logo se vaían para o extranxeiro a traballar e darlle ganancias a outros países.

Páginas: First << 4 5 6 [7] 8 9 10
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 1.143 segundos.

Os comentarios están pechados.