Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 [2] 3 4 5 >> Last
Autor Tema:Loito pola ciencia española TEMA CERRADO
faa-sergio-
serantes
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 22, 2013, 17:10

A ciencia é a base de todo na nosa época, da nosa cultura, da nosa forma de vida, e por suposto da nosa economía. Tocando a base ou piar das sociedades avanzadas e desenroladas da actualidade, non se consegue nada máis que facer que o noso modo de vida temble: que a economía se resinta, que as achegas e as melloras da calidade de vida por parte da ciencia xa non existan ou sexan moi pouco habituais, que se produzca un estancamento ou retroceso cultural, e que saír da crise económica se faga moito máis difícil ou mesmo imposible xa que non contamos co motor básico que nos tería que impulsar. Eso mesmo sucede cos recortes en educación. Para mellorar o futuro hai que mellorar as persoas do futuro, empezando pola súa formación educativa e cuñtural, xa que si esas persoas, que son as que nos teñen que sacar da situación actual, non saben como facelo porque non tiveron a ocasión de aprendelo, quen o fará? Débese inveritr e formar, e a partir de aí crecer.

fab-mmendo-
za
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 22, 2013, 17:39

Na actualidade a economía española atópase nun estado crítico de suma importancia, o noso país pasa por unha crise económica difícil de superar e isto vese reflectido en ámbitos como sanidade ou educación entre outros. Penso que a través da ciencia temos un bo pilar para a saída da crise e o feito de que segan a recortar nestes ámbitos non creo que lle beneficie para nada ó noso país.

fab-mmendo-
za
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 22, 2013, 17:42

Cada un de nos ten que facerse responsable dos seus actos a nivel individual e pensar, máis que nunca, nun futuro de supervivencia con recursos moi diminuídos. Seguindo esta liña, parece normal que se realicen recortes en moitos ámbitos, pero, dende o meu punto de vista, no ámbito científico non se debería de abusar deles, pois son unha clave esencial de avance en todos os aspectos. Se lles quitamos recursos ós oficios clave, como son os científicos, estes deberán buscalos noutros lugares polo que a situación do noso país iría cara atrás. Seguramente se poderían compensar recortes, é dicir, que afecten máis a aqueles ámbitos que de algunha maneira non sexan tan imprescindibles para o mundo como o é a ciencia.

fab-sporto
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 22, 2013, 18:21

Estou totalmente de acordo coa miña compañeira Greta cando di : " Eu penso que para salir da crise calquera pais , debería estar desenvolvido cientifica e tecnoloxicamente xa que nos tempos nos que vivimos estamos rodeados de ciencia e tecnoloxia e sen as ambas non sería tan doado saír adiante .Deberían deixar de facer tantos recortes na educación mais na ciencia e recortar por outras lados como por exemplo nos salarios da `` xente importante´" Xa que estan a recortar polos lados que non deberían. A ciencia e a tecnoloxía nos países desarrolados é imprecindible e fannos unha vida máis útil. É máis a ciencia apórtanos información nova seguido e novos descubrimentos.

fab-sporto
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 22, 2013, 18:24

Martina dixo: " Se lles quitamos recursos ós oficios clave, como son os científicos, estes deberán buscalos noutros lugares polo que a situación do noso país iría cara atrás." Eu opino que isto esta sucendendo na realidade xa. España está invertindo cartos nas carreiras destes científicos e despois van traballar para fóra xa que aquí non teñen.

faa-martin-
losada
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 22, 2013, 18:52

Eu creo que actualmente a ciencia non está a ser o piar central da nosa economía sinoón que está moi lexos de selo,e canto máis pasa menos posibilidades ten.
Tamén creo que cos recortes en ciencia e educación non se pode superar a crisis, o que eu creo é que poden chegar a deixala estancada como moito, pero cando as xeracións as quelle afectaron os recortes cheguen a idade laborál o máis probable e que sexan xeracións perdidas e a crisis comece a aumentar a gran velocidade.

faa-ricard-
operez
Newbie
Mensajes: 1
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 22, 2013, 19:03

En españa actualmente gástanse moitos cartos en cousas inútiles,por exemplo, os políticos cobran moitos millóns ó ano, e se seguen así van volver a vaciar a `bolsa´ que estamos intentando reencher.
Ademáis hay moitos inmigrantes, pero non nos damos conta de que nosos avós, ou incluso nosos páis, foron emigrar a outros países, e alí foron recibidos coas mans abertas, Entón por que aquí non se fai iso? Por qué aquí tratamos ou incluso descriminamos ós inmigrantes?

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 22, 2013, 20:02

😉
Con respecto ao que di Ricardo:

"En españa actualmente gástanse moitos cartos en cousas inútiles,por exemplo, os políticos cobran moitos millóns ó ano, e se seguen así van volver a vaciar a `bolsa´ que estamos intentando reencher."

Isto é o que di Ricardo e eu non comparto, polo seguinte. Hai unha clara intención por parte de determinado grupo político de extender a crenza de que os políticos sobran e son o problema. A xente o está a crer e esquécese da verdadeira causa do problema (cal é?). Os políticos son os representantes legais do pobo democrático e da a sensación, de que preferirían que nos gobernara un "dictador".
O problema non son os políticos; o problema real son as políticas que se están a aplicar e que pasan por riba do cidadán esquecéndose do que é realmente importante (estas políticas só están defendidas por determinados grupos políticos).
Os políticos son os nosos representantes e a chave está en elixir aos representantes axeitados e se te defraudan, non volver a confiar neles.

faa-adrian-
barreiro
Newbie
Mensajes: 3
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 22, 2013, 20:05

Eu penso que en España á ciencia non se lle dá o recoñecemento que merece e estase deixando de lado.No noso país,por desgracia,os recortes estanse aplicando ás cousas máis importantes e necesarias como son a sanidade,a educación e a investigación.Na miña opinión se en Esàña se aportase máis cantidade de cartos á investigación científica da que se despilfarra en pagarlle os soldos millonarios a altos escaños do goberno,nos deportes ou en proxectos inútiles que a maioría das veces vense empezados pero nunca chegan a verse rematados,España non estaría pasanado por unha crise económica e o seu desenvolvemento científico e tecnolóxico podería competir co dos países máis desenvoltos.

faa-igonza-
lez
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Loito pola ciencia española
on: October 23, 2013, 16:58

Citado de fab-noerodriguez en October 21, 2013, 22:01
Evidentemente, a ciencia, a educación e o resto de ámbitos son totalmente necesarios. Pero recortando os presuspostos só imos conseguir que haxa máis revoltas, menos persoas traballando por culpa de que non se lles pode pagar... A solución á crise non é recortar nestes campos. A posible solución á crise é que os políticos se solidaricen co seu país e recorten nos seus propios gastos e soldos. Xa chega de mover sobres con cartos dos que ninguén sabe nada. Claro que necesitan un soldo para sobrevivir, pero cun pouco que erecorten os seus soldos esta xente, poderían facer que miles de persoas vivisen mellor. Como imos avanzar na ciencia se non temos presuposto para investigar? Como vai mellorar a educación se cada vez hai menos cartos nos colexios? Alguén debería darse conta diste e porlle fin, pero non, eles prefiren seguir cunha vida chea de caprichos a axudar a miles de persoas, así nos vai.

Estou en total acordo con Noé, xa que os políticos falan moito de recortes, recortes e máis recortes... Cando eles son os que máis diñeiro gañan es España. Vergoña lles tiña que dar a todos estes personaxes, que o único que fan é ocupar un sitio no parlamento e roubar cartos... Si se deixaran de pensar en métodos estúpidos de quitarlle os cartos, vivendas, etc, á xente, o noso país estaría mellor.

Páginas: 1 [2] 3 4 5 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.089 segundos.

Os comentarios están pechados.