Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 3 4 5 [6] 7 8
Autor Tema:Beleza natural? TEMA CERRADO
fab-carlas-
eren
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 17, 2013, 21:45

Na miña opinión si que é un médico coma outro calquera porque estes médicos entran en quirófanos para operar a xente, e todo o mundo sabe que si entras nun quirófano corres uns riscos xa que é unha operación. Por iso penso que son médicos coma outros calqueira xa que teñen que responder si algo vai mal nunha operación e a vida desa persoa corre algún risco él ten que salvala coma calqueira médico, aínda que é certo que non na mesma medida, xa que, estes médicos operan polo gusto da xente que quere ser operada para facerse algún retoque, mentres que os outros tipos de médicos fánno pola saúde da persoa, non por estética.

faa-lidiam-
artinez
Newbie
Mensajes: 20
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 17, 2013, 22:10

Citado de faa-marinaduran en April 17, 2013, 11:45

Citado de faa-angelf en April 16, 2013, 18:36
A ciruxía estética é un atentado contra a natureza das persoas. Xa é prexudicial a longo prazo para a súa saúde e é unha falta de respecto para as persoas que te rodean se non son conscientes de que estás operada/o de ciruxía estética. Xa que eu o comparo como se vas comprar un coche de segunda man, e o antigo dono/a che dice que o coche está perfectamente e ti velo perfectamente porque non eras esperto na materia, pero logo co paso do tempo dáste conta de que o coche si tivo algo que foi arreglado ou cambiado. Pois nas persoas é o mesmo, se ti vas cunha persoa porque che gusta ou che cae xenial, e chega de alí a un tempo e comezáselle a notar todas as operacións estéticas que ten. Pois sénteste enganado, e iso non está ben.

Pensó que isto é un pouco esaxerado, non creo que has persoas teñas que presentarse diciendo: "Hola, chamome fulanito e estou operado do nariz". Pensó que é máis ben algo que tes que gañar o dereito a saber, xa que se esa persoa operouse, sera por que non lle gustaba o seu aspecto anterior, e quizáis non quera que se lle siga relacionando co mesmo aspecto. A non ser que se vexa claramente as marcas da ciruxía. Penso que hai xente de todo, tanto que se sente agusto e cómodo ca sua situación de operada, e xente que lle da vergoña,e sera algo que queira esconder o máximo posible. Ademáis, se ves a unha destas señoras que son máis de plástico que de carne, pode que non che faga falta preguntarlle. Pero se ves a unha rapaza que se operou as orellas por complexo, e ela non cho quere contar, por que se as operou foi para desfacerse desa idea, esta no seu dereito. E eu non me sentiría enganada, depende do caso importaría máis ou menos, ou mesmo parecería curioso, pero non enganada.

Eu dígoche o mesmo que Mariña, Angel. Unha persoa está en todo o seu dereito de decir se está operada ou non. E como di MAriña se esa persoa se fixo algún retoque sería porque non lle gustaba como era antes e por iso ao mellor tampouco quere contar que está operada nin ten esa necesidade. E non vexo que a cirurxía estética sexa un atentado contra a natureza das persoas como ti dis, xa que é un avance que nos permite mellor dalgunha forma, neste caso fisicamente.

faa-cristi-
naporto
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 18, 2013, 16:14

Non creo que sexa necesario poñer a ciruxía éstetica nun ámbito tan extremo como para non ser pública xa que hai xente que de verdade o necesita por exemplo en caso de accidente pero tamén hai outras persoas que só o fan para sentirse ben co seu propio corpo. Eu creo que o mellor destas persoas que o fan para sentirse ben e que estudaran o seu caso e ver os seus riesgos. Por outra banda penso que a Administración non se metería para nada nestes asuntos de ser pública ou privada xa que a eles non lle afecta.

faa-bertaf-
erreiro
Newbie
Mensajes: 20
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 19, 2013, 00:17

Respecto a pregunta que fai victor: Considerades que con respecto á ciruxía estética, a Administración debería ser estricta, é dicir, debería permitila nalgúns casos e noutros non, ou credes que se lle debe deixar capacidade total de decisión ao cidadán? Non sei se refire no caso de que a ciruxía estética fose pública, nese caso penso que a Administración si debería ser bastante extricta e debería establecer unha serie de criterios como si se trata dunha prótesis por un cancro de mama, ou dun accidente, ou porque lle produce algunha depresión...pero si a ciruxía é privada o que paga será o que decida, e ahí tamén entraría a ética profesional do médico, por exemplo si unha persoa quere facerse unha salvaxada o ciruxán como médico non llo debería permitir.

faa-yasmin-
asanchez
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 19, 2013, 16:06

Eu penso que quen queira e poda por qué non se vai operar se non está agusto co seu corpo ou calquera parte del. Tamén creo que pode ser pública porque a parte de que a no non nos afecta en nada en que sexa privada ou pública, porque quen queira operarse vaino facer, hai persoas que non se operan porque estean seguindo un canon de beleza se non por necesidade, xa porque se senten agusto con algunha parte do seu corpo, ou porque teñen algún defecto co que non se senten cómodos ou lles impide facer unha vida normal, como calquera outra persoa.
Respecto a que si é a enterna xuventude, non o é porque conforme pasan os anos e as operacións, cada vez as persoas van quedando peor e ó final é peor o remedio que a enfermidade.

fab-ivango-
mez
Newbie
Mensajes: 16
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 19, 2013, 16:19

Na miña opinión estos médicos exercen a súa profesión como outro calquera,entran nun quirófano a operar como os demais médicos,pero el raras veces se enfrenta a vida ou morte dun paciente,mentres que os outros médicos sofren esta situación continuamente.Isto débese a que as persoas que operan fano de forma voluntaria e por capricho,só para sentirse mellor,mentres que os outros pacientes fano por necesidade,porque se non o fan enfréntanse a morte.

faa-fabiol-
aalbornoz
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 19, 2013, 19:10

Respondendo a pregunta de Víctor, eu creo que que non deben pensar igual un médico que de adica a salvar xente que un que módifica a anatomía dos seus pacientes a gusto deles. A maioría destes médicos eu creo que traballan niso pola cantidade de beneficios que supón.
Un médico que non traballa a beleza preocupase da saúde dos pacientes, mentres que os outros según vin en moitos documentais te din as partes do corpo que podes modificar sen importar se é moi esaxerado. Habrá casos que non, supoño. Pero eu creo que a maioría son así.

fab-rocior-
ivas
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 19, 2013, 19:52

Penso que a ciruxía estética non e boa case en ningún sentido por que todo o artificial que metamos no noso corpo non pode ser bo.Creo que co paso do tempo iso ten que pasar factura no noso corpo e no propio organismo, po que cada un é como é e non debería de facer operacións absurdas, po que cada operación por moi sinxela que sexa é un risco e estas son totalmente innecesarias.

faa-fabiol-
aalbornoz
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 20, 2013, 13:58

Algo que hai que ter en conta é o control da ciruxía estética, porque tamén hai casos fraude onde che cobran unha gran cantidade por algo que non dura, fai pouco saíu na prensa que un empresario chamado Jean-Claude Mas foi demandado por vender un gel para as mamas en vez de silicona homologada, polo tanto os implantes de peito rompían. Este home alegou que as mulleres o demandaban porque 'eran debiles'.
http://elpais.com/elpais/2013/04/19/opinion/1366398872_627404.html

faa-raquel-
martinez
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 20, 2013, 16:58

Na miña opinión a cirurxía estética é boa para aqueles casos extremos, para persoas que realmente están incómodas ou que lles afecta psicoloxicamente algunha parte do seu corpo, xa que hoxe en día hai xente realmente traumatizada polo seu corpo e porque hai outras persoas que se dedican a traumatizarlles. Por outra parte non vexo normal o de aquelas persoas que non saben que facer co seu diñeiro e dedícanse a operarse continuamente intentando chegar á perfección, sen logralo e en ocasións quedar moito peor que antes, porque realmente hai casos nos que se crean verdadeiros monstros con tanta silicona. Tamén hai que ter en conta que cada operación ten moitos riscos e que crea adicción, facendo que nunca chegues a estar cómodo co teu corpo e queiras operarte máis e máis ata quedarte atrofiado.
En conclusión, penso que a cirurxía estética non é mala sempre e cando teñas motivos para operarte e só o fagas unha ou dúas veces e non continuamente ata chegar a obsesionarte.

Páginas: First << 3 4 5 [6] 7 8
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.075 segundos.

Os comentarios están pechados.