Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 2 3 4 [5] 6 7 8
Autor Tema:Beleza natural? TEMA CERRADO
fab-martin-
perez
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 16, 2013, 22:07

Eu penso que está máis que claro que a cirurxía estética non debería ser nunca publica nin apta para todos,tampouco penso que te poda axudar no que a xuventude se refire,xa que deixas de ser como eras de xoven e nunca volverás a ser o que foches,é obvio que nalguns casos como operacións pequenas pode axudarte moito na túa autoestima sempre sen abusar,penso que o peor da cirurxia estética son as próteses debido a que te introducen no corpo materiais que este nunca xenera e isto pode causar motas dores e problemas,incluso as proteses poderían chegar a romper e extenderse o material do que esta recheo (silicona).Finalmente tamén opino que as numerosas operacións nunha sola persoa pode traducirse nunha enfermidade.

faa-sarama-
rino
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 17, 2013, 01:10

Dende o meu punto de vista a ciruxía estética debería de ser un proceso de mellora para aquela xente que non se encontra a gusto con algunha zona do seu corpo, e o feito de perfecionala mediante unha intervención supón o aumento da súa autoestima e do seu benestar, para min, esta razón pode xustificar este feito, pero, moitas outras persoas emprégana so como busca da perfección do seu corpo, só polo simple feito de que a xente as vexa con bos ollos ou por causar unha boa impresión, sen ter ningún tipo de complexo ou malestar consigo. Esto ocorre porque dende sempre se lle deu demasiada importancia ao físico e se introduciu de maneira esaxerada nas nosas vidas. Creo que si que pode chegar a convertirse nunha enfermidade o feito de buscar a perfección, pois opino que nadie é perfecto e a súa busca é totalmente inútil e so servirá para aumentar o malestar e crear máis complexos.

faa-marina-
duran
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 17, 2013, 11:45

Citado de faa-angelf en April 16, 2013, 18:36
A ciruxía estética é un atentado contra a natureza das persoas. Xa é prexudicial a longo prazo para a súa saúde e é unha falta de respecto para as persoas que te rodean se non son conscientes de que estás operada/o de ciruxía estética. Xa que eu o comparo como se vas comprar un coche de segunda man, e o antigo dono/a che dice que o coche está perfectamente e ti velo perfectamente porque non eras esperto na materia, pero logo co paso do tempo dáste conta de que o coche si tivo algo que foi arreglado ou cambiado. Pois nas persoas é o mesmo, se ti vas cunha persoa porque che gusta ou che cae xenial, e chega de alí a un tempo e comezáselle a notar todas as operacións estéticas que ten. Pois sénteste enganado, e iso non está ben.

Pensó que isto é un pouco esaxerado, non creo que has persoas teñas que presentarse diciendo: "Hola, chamome fulanito e estou operado do nariz". Pensó que é máis ben algo que tes que gañar o dereito a saber, xa que se esa persoa operouse, sera por que non lle gustaba o seu aspecto anterior, e quizáis non quera que se lle siga relacionando co mesmo aspecto. A non ser que se vexa claramente as marcas da ciruxía. Penso que hai xente de todo, tanto que se sente agusto e cómodo ca sua situación de operada, e xente que lle da vergoña,e sera algo que queira esconder o máximo posible. Ademáis, se ves a unha destas señoras que son máis de plástico que de carne, pode que non che faga falta preguntarlle. Pero se ves a unha rapaza que se operou as orellas por complexo, e ela non cho quere contar, por que se as operou foi para desfacerse desa idea, esta no seu dereito. E eu non me sentiría enganada, depende do caso importaría máis ou menos, ou mesmo parecería curioso, pero non enganada.

faa-marina-
duran
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 17, 2013, 11:56

Na miña opinión, as operacións en menores deberían ser moi vixiladas, xa que estamos nunha idade que no nos sentimos seguro co noso corpo etc, pero aceptarse e parte de madurar. Se xa na época adulta seguimos con esas ideas, pois xa seremos responsables das nosas decisións. Paraceme importante decir que un 10% da ciruxía estéica faise en menores, non é un grao moi alto, pero nunha idade que estamos a cambiar moito, a facilidade de dispor a esta ciruxía e perigosa.
Outra cousa que quero comenar é que sempre asociamos a ciruxía estética en mulleres, pero os porcentaxes din que maior numero de homes se someten a operacións de ciruxía facial,en liposupcións,en ciruxía corporal e noutras ciruxías, o número só é maior en mulleres cando se trata de ciruxía de peito ( a porcentaxe de diferencia é moi alta neste caso). Este fenómeno de ciruxía estética masculina multiplicouse por 10 dende o ano 2000 ata agora.
Cambiando un pouco de tema, outra dato e que a ciruxía plástica descendeu un 30% dende a crises actual,non penso que esas persoas que non se puideron operar debido a que a economía baixou sexan totalmente infelices (que tamén haberá casos), senón que, simplemente, o verse máis apretados decidiron pensalo máis, rexeitar a idea ou pospoñela, xa que se fora urxente xuntarían os cartos como fose.

faa-fabiol-
aalbornoz
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 17, 2013, 15:33

Na miña opinión, unha operación de ciruxía estética non tería problema, se alguén ten o nariz moi grande por exemplo e sinte complexo por eso pois unha operación non me parecería exagerado. Pero retocar o teu aspecto milimetro a milimetro para seguir o cánon de beleza é preocupante tanto para a persona como para a sociedade en si, estaríamos propagando aínda máis o cánon de beleza estrícto. Esta ben que se queira estar conforme co corpo e sentirse ben, pero non buscar a perfección.
Non me parecería ben que a ciruxía estética a pagase a sanidade pública, é inecesario. Cada un que pague a súa operación xa que non é cuestión de saúde, senón sería ciruxía plástica.
Non me opoño á idea de ciruxía, sendo controlada non o vexo como algo negativo.

fab-paulod-
iaz
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 17, 2013, 16:56

Dende o meu punto de vista, a ciruxía estética no ámbito médico é completamente respetable. Pode axudar a solucionar problemas, arranxando o nariz para liberar vías respiratorias obstruidas, por exemplo. Logo está a procura do canon de beleza, o cal é imposible conseguir. Tamén penso que a ciruxía cun fin únicamente estético non debe ser pagado pola sanidade pública. Se este tipo de intervencións estivera ó alcance de calquera, viviríamos nun mundo artificial, dominados por protesis, liposuccións e ciruxía corporal innecesaria.

faa-jessic-
acalo
Newbie
Mensajes: 22
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 17, 2013, 17:13

Citado de faa-marinaduran en April 17, 2013, 11:56
Na miña opinión, as operacións en menores deberían ser moi vixiladas, xa que estamos nunha idade que no nos sentimos seguro co noso corpo etc, pero aceptarse e parte de madurar. Se xa na época adulta seguimos con esas ideas, pois xa seremos responsables das nosas decisións. Paraceme importante decir que un 10% da ciruxía estéica faise en menores, non é un grao moi alto, pero nunha idade que estamos a cambiar moito, a facilidade de dispor a esta ciruxía e perigosa.
Outra cousa que quero comenar é que sempre asociamos a ciruxía estética en mulleres, pero os porcentaxes din que maior numero de homes se someten a operacións de ciruxía facial,en liposupcións,en ciruxía corporal e noutras ciruxías, o número só é maior en mulleres cando se trata de ciruxía de peito ( a porcentaxe de diferencia é moi alta neste caso). Este fenómeno de ciruxía estética masculina multiplicouse por 10 dende o ano 2000 ata agora.
Cambiando un pouco de tema, outra dato e que a ciruxía plástica descendeu un 30% dende a crises actual,non penso que esas persoas que non se puideron operar debido a que a economía baixou sexan totalmente infelices (que tamén haberá casos), senón que, simplemente, o verse máis apretados decidiron pensalo máis, rexeitar a idea ou pospoñela, xa que se fora urxente xuntarían os cartos como fose.

Totalmente de acordo, Mariña. Pareceme incríble que existan casos onde esta actividade se leve a cabo en menores de idade. Si se trata dun caso extraoridinario e imprescindible está claro, pero si son casos nos que o fan por pura moda ou mellora estética é incríble.
Como di a miña compañeira, estamos nunha idade de completo cambio, non estamos desenrolados e temos que aprender a aceptarnos a nós mesmos e ós cambios que sofre o noso cropo. Non todas as super modelos foron guapas durante toda a súa vida. Nin menos os homes, que está claro que ese aumento no porcentaxe é debido a puros canons de beleza e modas.
En canto o da crise, as persoas añideiradas son as que máis se someten a estas operacións e están dispostas a enfrentarse a calquera prezo. Os menos favorecidos rexeitan a idea debido os gastos económicos pero será unha elección que non lles traerá problemas. Porén, están as persoas que verdadeiramente o necesitan que posiblemente se vexan obligados a desistir e a convivir con veradeiros problemas estéticos toda a súa vida.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 17, 2013, 17:57

😉 Pensades que a filosofía de traballo dun ciruxán estético (que traballe nunha clínica de beleza) é a mesma ca doutro médico calquera.

faa-miguel-
carballa
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 17, 2013, 18:23

Penso que a ciruxía estética se debe empregar se un o considera pero non se debe facer publica xa que este tipo de operacións xa que son mais que de necesidade un capricho e por moita ciruxía que utilicemos os anos van a seguir pasando por nos e aínda que teñas unha apariencia mais xoven seges sufrindo o resto de síntomas da vellez. O uso de esta ciruxía tamén pode converterse nunha enfermidade para os que a usan por que despois cada vez queira estar como antes ou mais guapos e isto produce un problema psicolóxico.

faa-soniap-
orto
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 17, 2013, 18:57

Con respecto a anterior pregunta que fixo Victor penso que coa ciruxía estética, a Administración debería ser estricta nalgúns casos dependendo do motivo como ben dixen noutros comentarios. Pero ben como dixo a miña compañeira Jessica a Administracíon non creo que se meta nestes casos xa que é un traballo máis e o cidadán ten que estar capacitado a hora de facer un cambio no seu corpo ou non.

Páginas: First << 2 3 4 [5] 6 7 8
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.105 segundos.

Os comentarios están pechados.