Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 4 5 6 [7] 8
Autor Tema:Beleza natural? TEMA CERRADO
faa-marina-
duran
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 21, 2013, 14:40

É certo cun ciruxano estético segue sendo un médico, pero na miña opinión, son moito máis importantes os demáis ciruxanos, xa que, en certo modo o campo da estética e importante e nalgúns casos necesaria, pero os outros ámbitos das ciruxias soen ser imprescindibles. Non teño estudos médicos e non o sei, pero penso que debe ser moito máis difícil realizar unha operación de Baypass coronario ( que é a operación cardíaca máis común), que un aumento de peito ( que tamén e das maís comúns das operacións estéticas). Ademáis, as outas ciruxias poden salvarche a vida ou mellorar a túa saúde, pero a outra e so un cambio estético.Por iso penso que teñen máis prestixio os demais ciruxanos, aínda que polo xeneral estes segundos estan moito mellor pagados que os primeiros.

fab-ivango-
mez
Newbie
Mensajes: 16
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 21, 2013, 19:21

Estou de acordo con Fabiola,moitos destes médicos preocúpanse do seu bolsillo e de cobrar en vez de preocuparse por deixar ós seus pacientes mellor do que estaban,porque a maioría só lle importa o diñeiro e non a saúde nin a calidade dos implantes que utilizan.
Porque non fai moito houbo graves problemas cuns implantes de mama,xa que eran defectuosos debido a que conteñían silicona barata e de mala calidade,e unha vez implantados rompían debido a súa mala calidade e a silicona exparcíase polo corpo de maneira que lle provocou serios problemas a moitas mulleres.

faa-chusag-
uin
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 21, 2013, 19:43

Citado de faa-fabiolaalbornoz en April 19, 2013, 19:10
Respondendo a pregunta de Víctor, eu creo que que non deben pensar igual un médico que de adica a salvar xente que un que módifica a anatomía dos seus pacientes a gusto deles. A maioría destes médicos eu creo que traballan niso pola cantidade de beneficios que supón.
Un médico que non traballa a beleza preocupase da saúde dos pacientes, mentres que os outros según vin en moitos documentais te din as partes do corpo que podes modificar sen importar se é moi esaxerado. Habrá casos que non, supoño. Pero eu creo que a maioría son así.

Referente a pregunta de Victor, estou moi de acordo coa resposta da miña compañeira Fabiola, que non é o mesmo un médico que colabora a salvar e mellorar o estado das persoas referente a enfermidades, que un médico que realiza o seu traballo modificando o físico doutra persoa ó seu gusto.
Aunque tamén penso que hai moitos tipos de cururxías estéticos, dependendo dos seus intereses preocúpanse máis ou menos polo bo resultado do paciente. Ademáis que a decisión de facelo ou non é a do paciente, entón os riscos que poidas correr ou as consecuencias que poidas ter, non só son do médico.

fab-estefa-
niamuras
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 22, 2013, 19:59

Dende o meu punto de vista un cirurxían estético é igual a un médico. Os dous teñen que facer todo o posible para que a persona que pase polo quirofano quede conteta e esté san. Algunhas diferenzas hai,pero os dous teñen unha vida entre mans e van a facer todo o posible para que esa persona non mora no quirófano. Pero a verdade que non creo que sea a mesma presión xa que un ciruxán estético sabe que o pacente sometese a esa operación porque quere, no caso dun médico calquera, o paciente o mellor non lle quedaba máis remedio que pasar por quirófano aínda que el non quixera.

fab-taniac-
ores
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 22, 2013, 20:29

Eu, persoalmente, creo que a ciruxía estética non debería ser pública, xa que a xente a usa para unha perfección inesistente. Aún que iso lle faga a persoa sentirse mellor con ela misma,o pouco tempo da ciruxía, encontrará algunha inperfección máis. En cambio, si se aceptase dende o principio sen ningunha ciruxía, sentiríase mellor. Ademáis que son unhas operacións moi complexas e pode levar incluso a morte, por iso creo que non deberían ser públicas.

faa-margar-
itabarreir-
o
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 22, 2013, 23:26

Na miña opinión a ciruxía estética esta ben, na súa xusta medida. Esta ben que a xente se faga algúns retoques ou arranxe unha parte do seu corpo que non lle gusta, xa que isto pode traer inseguridades. Pero o que non está ben é abusar destas operacións ata o punto de parecer unha boneca.

Se ti non te atopas a gusto co teu peito ou co teu nariz poder intentar arranxalo, pero non hay que olvidar que estas operacións non son necesarias,e por iso son un luxo.

faa-ismael-
rodriguez
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 23, 2013, 09:42

Eu non estou en contra da ciruxía estética, con ela podese mellorar partes do corpo coa que estás descontento e non che permite ter un bo autoestima, pero creo que a xente tomou a ciruxía estética como algo que está de moda, non como unha oportunidade de mellorar os teus defectos, incluso hai xente que chegou a ter dependencia dela, polo que se tratan en lugares ilegales e que son perigosos para a saúde. En conclusión, estou a favor da ciruxía estética, pero non hai que obsesionarse nin tomala como unha necesidade.

faa-cristi-
napadin
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 23, 2013, 18:06

A ciruxía estética é outro dos moitos avances producidos no século XX que actualmente están a ter cada vez maior demanda,utilizase como un método de mellora de aspecto que axuda en moitas ocasión a satisfacción persoal e a suba da autoestima. Na miña opinión, cada persoa e libre de facer o que queira co seu propio corpo, pero que cada un é como é e deberías aceptar a todos tal e como viñeron a este mundo, sen complexos.

faa-marina-
duran
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 23, 2013, 21:43

Pareceme curioso que todos estemos de acordo neste tema, xa que cando coñecemos a alguen que esta operado, por exemplo dun aumento de peito, comezan unha oleada de comentarios e críticas que para nada soen parecerse a estas opiñóns. Non quero decir que sexamos uns falsos, pero penso que na vida cotidiá, na hora da verdade, somos moito máis duros e críticos. Isto faime pensar que Anxo ten algo de razón,aínda que o esaxerou moito, de que non vemos igual a unha persoa cando sabemos que é operada, é dicir, esta o factor ahí, e o temos en conta, non ten por que ser como un defecto, pero si como unha característica máis,temolo en conta, máis ou menos, consciente ou incoscientemente, pero o temos en conta.

fab-alexan-
dregrandal
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 24, 2013, 08:33

A min paréceme que un médico que se dedica a salvar vidas ten unha presión engadida sobre as súas costas,por outro lado os ciruxáns estéticos teñen máis a mente posta nos beneficiosque poden sacar.
De todolos xeitos penso que salvando a presión na mesa de operar todos se enfrontan ás situacións cós mesmos recursos, o que aprenderon estudando a súa carreira polo que nun certo sentido mentres operan o porqúe importa pouco.

Páginas: First << 4 5 6 [7] 8
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.09 segundos.

Os comentarios están pechados.