Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: [1] 2 3 4 >> Last
Autor Tema:Beleza natural? TEMA CERRADO
fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Beleza natural?
on: April 14, 2013, 11:55

A cirurxía estética é unha especialidade cirúrxica que nace nos anos 60 e 70 como capricho de divas que se permitían a “extravagancia” de implantarse próteses de mama ou cambiar a forma do seu nariz… En ocasións confúndese a cirurxía estética coa cirurxía plástica pero non é o mesmo, pois na cirurxía plástica o principal obxectivo é mellorar a forma ou a función de organismos que foron danados debido a traumatismos, malformacións ou extirpacións por cancro.

Na cirurxía estética modifícase so o aspecto das persoas segundo os canons de beleza, os costumes, os gustos ou a moda … coa finalidade de realizar unicamente unha mellora estética que inflúe no benestar psicolóxico das persoas. Durante os últimos 10 anos a cirurxía estética sufriu un “boom” na nosa sociedade, pois pasou a ser utilizada por un gran número de persoas que buscaban exclusivamente unha finalidade estética e, en ocasións, de xeito pouco xustificado.
Que opinades sobre a cirurxía estética? Debería ser pública? Pensades que a cirurxía estética podería darnos a eterna xuventude? Pode chegar a converterse nunha enfermidade a procura da perfección?

Autora: Berta Ferreiro Amil

faa-dobrin-
kapenkova
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 14, 2013, 12:51

Non penso que a cirurxía estética pode darnos a eterna xuventude ,pero si pode mellorar o noso autoestima. Hay persoas que realmente non encaixan coa nosa sociedade e esto influe moito nas súas vidas e as afecta emocionalmente e psicoloxcamente.Tamén é verdade que para outras persoas é un simple capricho e que se operan simplemente para ser perfectos e buscan a beleza total.En algunos casos é totalmente innecesario pero en outros pode cambiar a vida dunha persoa.Non creo que pode chegar a a converterse nunha enfermidade a procura da perfección xa que estas operacóns son moi caras e non todo o mundo se as pode permitir.

faa-soniap-
orto
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 14, 2013, 15:27

Eu opino que a ciruxía estética non nos aporta o canón de beleza que todos desexamos ter, dependendo dos nosos defectos, pero por ha outra banda haii outras que son necesarias. Hai moita xente que só o fai por capricho por exemplo, aumentar peito. Hai operación que son necesarias e por eso debe ser pública. na miña opinión penso que a ciruxía estética non nos da a eterna xuventade pero si pode mellorar outros aspectos do noso ser. Non creo que chegue a ser unha enfermidade a procura da perfección polo mismo motivo que dixo a miña compañeira Dobrinka.

faa-raulma-
rtinez
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 14, 2013, 16:21

A ciruxía estética persoalmente paréceme contraproducente. Para min e para moita xente unha persoa operada é como si fose artificial polo que esta persoa operada consegue o contrario da finalidade da operación. Non obstante, como ben di Dobrinka, moita xente opérase porque se ven mellor a eles mesmos e melloran a súa propia autoestima.
Debería ser pública a ciruxía estética? Pois si. A xente que tome a decisión de operarse pois que se opere. É a súa decisión e baixo o seu propio risco.
Podería darnos a eterna xuventude? Pois penso que non. Polo feito de operarnos non vamos a ser xoves eternamente.
Pode chegar a converterse nunha enfermidade a procura da perfección? Pois tamén penso que non polo feito de que solo os ricos se poden permitir esto. Por iso case solo vemos operarse aos famosos e non é precisamente perfección o que conseguen.

faa-lidiam-
artinez
Newbie
Mensajes: 20
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 14, 2013, 17:49

Eu non estou en contra da ciruxía estética, penso que quen queira operarse e mellorar a súa imaxe pode facelo, como decides isto pode axudar a mellorar a autoestima de calquera persoa xa que a maioría non se ve ben fisicamente, isto cando a operación se fai por pracer, logo hai casos nos que é case recomendable someterse a este tipo de operacións, como por exemplo despois dun accidente grave.
Con respeto a pregunta da eterna xuventude non o creo, non sempre se asocia a ciruxía estética con quedar máis xoves, xa que hai casos donde ocorre totalmente o contrario e o paciente parece máis maior.
Ademais de que o feito de que alguén pase pola ciruxía estética non quere decir que os anos non pasen por el.
E na miña opinión si que penso que a procura da perfección se pode converter nunha enfermidade, as miñas compañeira dixeron que estas operacións son moi caras e é certo que non todo o mundo as pode permitir, pero a veces debido a unha obsesión hai xente que fai todo o posible para conseguir operarse. E xente que se opera unha vez, queda ben, se ve mellor e entonces busca outro defecto para melloralo e así sucesivamente ao mellor ata o punto de quedar irreconocible. Polo que é necesario facer estas operacións con sentido e sen que se convirtan nunha obsesión.

fab-zayrav-
azquez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 14, 2013, 19:47

Eu penso que a cirurxía estética non é para nada mala , hai xente que cando o fai se sente mellor e cambia a súa autoestima para mellor.
Con respeto da eterna xuventude , eu penso que a xente que cree que facendose a cirurxía estética se verá máis xoven , está equivocada debido a que chegará o momento en que de tanto estirar a pel perdan a sensibilidade na pel.
Con respeto a perfección , si, eu penso que pode chegar a ser un problema porque a xente que está obsesionada non parará de facerse operacións hasta que lle ocorra algo no quirofano.

fab-daniel-
somoza
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 14, 2013, 20:52

Eu estou a favor da ciruxía estética, xa que non só serve para a mellora de estética, se non que tamén serve para correxir imperfeccións físicas que dificultan a vida dos pacientes, tamén están as melloras físicas estéticas que só serven para que a paciente se vexa mellor fisicamente, na miña opinión estas operacións non serven para nada, pero se estas persoas acadan a felicidade de esta maneira eu aprovoo.

faa-bertaf-
erreiro
Newbie
Mensajes: 20
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 14, 2013, 23:33

Dende o meu punto de vista a cirurxía estética penso que está ben dende o punto de vista de que pode axudar as persoas a mellorar a súa autostima como ben din os meus compañeiros. Pero a pregunta de si debería ser pública, por unha parte penso que si porque me parece inxusto que so as persoas que teñen moitos cartos se poidan permitir estas operacións, pero por outra banda se a cirurxía estética fose pública cantos cartos non se gastarían nese apartado da mediciña? e cal sería o límite ou os criterios que se levarían a cabo para realizar este tipo de operacións? Por isto penso que non debería de ser pública.

faa-marina-
duran
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 15, 2013, 15:30

Non estou en contra da ciruxía estética, xa que con ela, cada quen, se pode pagalo económicamente, se quere, pode cambiar ou mellor dito, mellorar, algúns dos seus aspectos físicos. Esto pode mellorar a autoestima e quererse a si mesmo, pero é moi importante que se vexa como algo a maiores,non como unha necesidade. Alguén pode preferir ter os pechos máis grandes, ou o nariz máis pequeno, pero se iso se volve unha necesidade, convírtese nunha enfermidade psicolóxica. Ese é un dos motivos polos que non creo que deba ser pública xa que cando algo se fai público abusamos del, como por exemplo,a seguridade social. E se o poñemos ó alcance de todos, sería demasiado fácil, a xente tomaríao a lixeira,e se vamos a facer un cambio permanente no noso corpo, temos que estar moi seguros. Polo que penso que a ciruxía estética pode ser ter moitas vantaxes, mentres non se abuse dela.

faa-irenet-
roncoso
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 15, 2013, 16:01

Non creo que a ciruxía estética haxa que tomalo como unha necesidade xa que hai operacións moito máis importantes está moi ben para aquelas persoas que se llo poden permitir económicamente , xa que cada un é libre de facer o que queira co seu corpo pero dende o meu punto de vista o vexo como un capricho. Non creo que deba facerse pública porque iso a poria o alcance de todos e o final acabariamos abusando dela. Nom estou dacordo coas miñas compañeiras de que poida mellorar a autoestima

Páginas: [1] 2 3 4 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.152 segundos.

Os comentarios están pechados.