Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 2 3 [4] 5 6 7 >> Last
Autor Tema:Beleza natural? TEMA CERRADO
fab-lauraa-
ragunde
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 16, 2013, 17:23

Eu creo que as ciruxías estéticas teñen o seu lado bo e malo.
Bo porque axuda a mellorar a autoestima das persoas mellorando o que non lles gusta (esto trae máis confianza e si un se sinte ben consigo mesmo os demais sentiránse ben con un) e malo porque as persoas non se están aceptando tal e como son e todo polos prototipos de ideales de beleza que meten nas nosas cabezas, tamén hai persoas que se volven adictas ás ciruxías porque sempre se encontran algo malo para o cal recurren ás ciruxías e eso ata pode chegar a converterse nunha enfermidade.
Respeto á xente que se opera para mellorar partes do seu corpo, pero entristeceme pensar que as persoas non sexamos capaces de aceptarnos como somos, creo que os nosos defectos son os que nos fan distintos e especiais.
Sobre a pregunta de si a ciruxía estética nos podería dar a eterna xuventude claramente penso que non, fisicamente poderás aparentar unha persoa máis xoven pero por dentro os anos seguen pasando e segues envexecendo.
No caso de si a Administración debería ser estricta con este tema, na miña opinión non debería, cada persoa é libre de facer o que queira e nadie llo pode prohibir, quen se opera é porque quere e a Administración non debería intervir nesto.

faa-carlot-
adominguez
Newbie
Mensajes: 4
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 16, 2013, 17:43

A ciruxía estética é unha opción para sentirse mellor cun mesmo. Toda persoa, aínda que diga que non, ten un complexo con algunha parte do seu corpo. Ao mellor este complexo non chega a tal extremo como para someterse a unha operación de ciruxía estética, pero outras persoas teñen a necesidade de sentirse ben con eles mesmos ou a necesidade de gustar aos demais. A devandita necesidade lles "obriga" a someterse a unha operación para que dese modo se sintan gusto con eles mesmos e borren eses complexos, que ás veces lles impide sentirse ben con eles mesmos para gustar aos demais.
Persoalmente penso que a ciruxía estética é unha decisión do cidadán e que a administración non debe entremeterse na decisión dunha persoa.

faa-jessic-
acalo
Newbie
Mensajes: 22
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 16, 2013, 18:01

Citado de faa-sorayaborrageiros en April 15, 2013, 21:14
Eu penso que a ciruxía estética non debería ser criticada, hai persoas ás que lle afecta moito psicolóxicamente o seu aspecto físico e se poden permitirse cambialo e así estar máis cómodas consigo mesmas por qué non facelo ? Cada un ter que sentirse ben co seu corpo, pero non vexo nada de malo en que se unha parte non che gusta poidas modificala.

Non estou de todo de acordo coa túa opinión. Hai persoas ás que lle afecta moito psicolóxicamente o seu aspecto físico pero tamén as hai que están perfectas e que simplemente se operan por seguir canons de beleza. Hoxe en día esta actividade está sobre explotada por modelos e persoas adiñeiradas que simplemente o fan por modas sin pensar en que verdadeiramente hai persoas que por causa dunha enfermidade, malformación ó nacer ou accicente, sí o precisan para sentirse ben consigo mesmas.
O que sigo mantendo é que unha actividade de voluntade propia e que cada un é responsable do que fai no seu corpo con todas as consecuencias que poida abarcar.

faa-jessic-
acalo
Newbie
Mensajes: 22
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 16, 2013, 18:05

Eu personalmente gustaríame que a Administración restringuíse o uso de esta actividade ás persoas que de verdade lle fai falta. Todas as demais persoas que pretenden facer unha operación deberían de pasar unha revisión para ver si en verdade é necesaria e imprescindible esa operación. En caso contrario non lle deberían deixar levar a cabo os seus propósitos.
De todos os xeitos, é un negocio e penso que a Administración nunca se metería en este asunto, ademais segue sendo opción do cidadán facer ou non a operación.

fab-robert-
oo
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 16, 2013, 18:29

Na miña opinión a ciruxía estética non estaría ben que fose algo público e que puidesen disfrutar todas as persoas, xa que se utiliza para mellorar o noso físico e en teoría facernos sentir mellor coa nosa estética, e nalgúns casos sexa algo obsesivo e enfermizo, e non se utiliza para mellorar a nosa saude, ó contrario que a ciruxía plástica que sí estaría ben que fose un ben do que calquera persoa que o precise poida disfrutar de arranxar partes do seu corpo por causa dalgunhas enfermidades. A ciruxía estética por moito que avance nunca chegara a darnos a eterna xuventude por que queiramos ou non algún dia vamos a envellecer por moita cruxia estética que empreguemos.

faa-angelf
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 16, 2013, 18:36

A ciruxía estética é un atentado contra a natureza das persoas. Xa é prexudicial a longo prazo para a súa saúde e é unha falta de respecto para as persoas que te rodean se non son conscientes de que estás operada/o de ciruxía estética. Xa que eu o comparo como se vas comprar un coche de segunda man, e o antigo dono/a che dice que o coche está perfectamente e ti velo perfectamente porque non eras esperto na materia, pero logo co paso do tempo dáste conta de que o coche si tivo algo que foi arreglado ou cambiado. Pois nas persoas é o mesmo, se ti vas cunha persoa porque che gusta ou che cae xenial, e chega de alí a un tempo e comezáselle a notar todas as operacións estéticas que ten. Pois sénteste enganado, e iso non está ben.

faa-noar
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 16, 2013, 18:55

Está claro que cada un é dono do seu corpo e se o queren cambiar son eles memos quen o debe decidir. Sen embargo veso totalmente ben que sexan eles os que se teñan que costear o cen por cen da operación, xa que como dixen, e unha decisión túa. Ninguén pode ser perfecto, todo o mundo ten partes do seu corpo que non lle gustan pero é o que hai. Eu estou en contra da cirusía estética, aínda que hai casos onde a comprendo, xa que moita xente o pasa mel co seu corpo, aínda así cada un ten o seu corpo e sempre vai a haber algo del que non che acabe de gustar de todo. Se tes algo que non che gusta e desde pequeno fai que te avergonces ou que o pases mal unha vez que o operes haberá outra parte do teu corpo que sexa a que menos che guste.

fab-estefa-
niamuras
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 16, 2013, 19:17

Creo que a Administración debería implicarse cando unha persoa se opera demasiado, porque nese caso xa é unha enfermidade, dende o meu punto de vista claro. Porque hai xente que se opera tantas veces que quedan desfigurados, e parecen totalmente de plástico.

faa-dobrin-
kapenkova
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 16, 2013, 21:28

faa-irenet-
roncoso
Newbie
Mensajes: 5

Re: Beleza natural?
on: April 15, 2013, 16:01
Cita
Non creo que a ciruxía estética haxa que tomalo como unha necesidade xa que hai operacións moito máis importantes está moi ben para aquelas persoas que se llo poden permitir económicamente , xa que cada un é libre de facer o que queira co seu corpo pero dende o meu punto de vista o vexo como un capricho. Non creo que deba facerse pública porque iso a poria o alcance de todos e o final acabariamos abusando dela. Nom estou dacordo coas miñas compañeiras de que poida mellorar a autoestima

Non estou dacordo co ultimo que di Irene . A cirurxía si mellora a autoestima , e por eso foi inventada para correxir defectos físicos nas persoas que o teñen e así eles sentirse moito mellor con eles mesmos.Teño vistos programas de televisión de cirurxía plástica nos que hay persoas que realmente necesitan unha operación. Como dixen antes vivimos nunha sociedade na que o aspecto ísico é moi moi importante e a muido estas persoas non encaixan na sociedade. Estas operacións poden cambiar a vida dunha persoa que realmente o necesita.

faa-marina-
duran
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 16, 2013, 21:53

Pode unha persoa estar operada sen estar enferma? Por suposto, pero: Pode unha persoa que se operou un número elevado de veces estar san? Vexoo difícil. Hay que ter en conta que non deixa de ser unha operación, con anestesía e complicacións. Pode ser que nalgún momento da vida, cunha previa meditación, se decida someterse a unha operación médicamente innecesaria, para mellorar o seu aspecto físico este perfectamente nos seus cabales. É máis, eu estou a favor de eso. Pero cando unha persoa deixa de ter un aspecto normal debido a una serie de operacións, que non lle benefician por que o empeoran,que lle custa cartos, que se dispón a unha ciruxía perigosa etc, penso que xa comeza a ser preocupante e enfermizo.

Páginas: 1 2 3 [4] 5 6 7 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.102 segundos.

Os comentarios están pechados.