Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 2 [3] 4 5 6 >> Last
Autor Tema:Beleza natural? TEMA CERRADO
fab-estefa-
niamuras
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 15, 2013, 22:40

Dende o meu punto de vista considero que a cirurxía estética non é mala, non estou en contra dela, xa que se alguen non se encontra ben co seu aspecto pode axudarlle a aumentar a súa autoestima. Pero por outro lado creo que cada un é como é, e deberías acepatarte como é, xa que moitas veces non che pode gustar a tua nariz pero é a nariz da túa nai, é como unha especie de herdanza que che recoradara a túa nai,neste caso, cando ela xa non este aquí.
A ver, a cirurxía estética mellora o noso aspecto físico, e fai que parezcas máis xoven, pero só fisicamente. No teu interior, o teu corpo segue envexecendo e por moi xoven que estes fisicamente por dentro seguirás tendo a idade que che corresponda.
Creo que a procura da perfección pode convertirse nunha enfermidade. Como vin nun progama da televisión, xente que se operara moitas veces aínda quería volver a pasar por quirofano, porque non se vían perfecto. Penso que esas persoas por moito que se operen van a seguir vendose fallos e querendo retocarse aínda máis.

faa-raulma-
rtinez
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 15, 2013, 23:37

Na maioría dos casos a ciruxía estética non consegue melloras físicas no paciente, ou polo menos para min, pero sen embargo os pacientes gañan autoestima conseguindo así melloras psicolóxicas. O cal tamén é moi importante.

fab-martin-
amendoza
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 16, 2013, 02:01

Eu non estou en contra da ciruxía estética, é certo que moitas persoas, podemolo ver en famosos, abusan dela pero non por iso é mala. Pareceme ben que unha persoa que se poida permitir unha operación destas e que non estea conforme o non lle guste algo da súa figura o poida cambiar...
Sobre o tema de que si podría ser pública na miña opinión non. Xa que se un quere cambiar o seu aspecto non é por saúde é iso non o temos que pagar os demáis, estaría ben se en caso dalgún accidente unha pesoa quede desfigurada ou algo parecido.

fab-martin-
amendoza
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 16, 2013, 02:06

Na miña opinión si creo que se poida chegar a converter nunha enfermidade xa que a busca da perfección nalgunhas persoa acabanse facendo onsesivas, non son capaces de quedarse satisfeitas xa que normalmente estas persoas sempre encontran algún defecto por moi pequeno que este sexa. Sobre se esto pode ser algo a fórmula para obtes a eterna xuventude, non o creo xa que a pel se estira, pero todo ten uns límites.

faa-lidiam-
artinez
Newbie
Mensajes: 20
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 16, 2013, 16:07

Citado de faa-marinaduran en April 15, 2013, 22:23
Creo que a maioría estamos a favor da ciruxía estética, pero hai que ter en conta que non é un milagre. Obviamente non é a fonte de eterna xuventude xa que,hai persoas que por querer aparentar menos idade acaban peor do que estarían cunha arruga ou dous. Tamén hai que ter en conta que ca ciuruxía estética perdese sensibilidade do corpo,e iso para o meu gusto e algo que non sei se estaría disposta a permitir. Ademáis, o famoso "botox" é unha toxina que xera unha bacteria que paraliza os músculo, e cada certo tempo hai que renovalo, polo que hai xente que ata padece dunha adicción.
Tamén hai que ter en conta que non sempre son sempre os resultados como nos queremos ou desexamos, e incluso a veces queda peor do que estaba. Existen moitos casos de operacións de estética que acabaron mal, e o paciente denuncia obviamente,pero non sempre sae ben.

Estou de acordo co que di a miña compañeira Mariña, polo visto todos estamos de acordo coa cirurxía estética, pero obviamente sabemos que non sempre acaban ben esas operacións e que é necesario facelo con sentidiño para que todo salga ben. Como nos casos dos médicos baratos. Estas operacións custan moito diñeiro polo que hai persoas que senten a necesidade de realizalas e para iso buscan a alternativa máis barata xa que non dispoñen de recursos e despois é cando veñen os problemas e xorden as denuncias por quedar mal ou por non quedar como se esperaba.

fab-adrian-
aribeiro
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 16, 2013, 16:09

Na miña opinión a ciruxía estética non é perxudicial, axuda a moitas persoas a sentirse mellor con elas mesmas por culpa dunha baixa autoestima, dun físico non aceptado pola sociedade etc. Non debería ser pública porque esto provocaría un abuso enorme dela.
É imposible ter a eterna xuventude, xa que vemos a famosas/os que por culpa de tantas operacións para parecer máis xoves acaban tengo un rostro irreal.
Este tipo de intervencións si que poden provocar unha enfermidade ou obsesión, xa que hai xente con transtorno dismórfico corporal. Por iso debería existir algún tipo de prohibición para aquelas persoas que pretenden pasar moitas veces polo quirófano.

faa-lidiam-
artinez
Newbie
Mensajes: 20
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 16, 2013, 16:11

Citado de faa-bertaferreiro en April 14, 2013, 23:33
Dende o meu punto de vista a cirurxía estética penso que está ben dende o punto de vista de que pode axudar as persoas a mellorar a súa autostima como ben din os meus compañeiros. Pero a pregunta de si debería ser pública, por unha parte penso que si porque me parece inxusto que so as persoas que teñen moitos cartos se poidan permitir estas operacións, pero por outra banda se a cirurxía estética fose pública cantos cartos non se gastarían nese apartado da mediciña? e cal sería o límite ou os criterios que se levarían a cabo para realizar este tipo de operacións? Por isto penso que non debería de ser pública.

Tamén estou de acordo co que di Berta e penso como ela ante a pregunta de si debería ser pública, por unha parte si para que todos puideramos permitirnos esa posibilidade, pero por outra parte non porque se gastarían moitos cartos, non todo o mundo estaría de acordo e ademáis que hai operacións moito máis importantes que deberían ser gratuitas antes que as de cirurxía estética. Ademais cos tempos que corren onde xa a sanidade non e totalmente gratuita vexo case imposible facer pública a cirurxía estética.

fab-mbelen-
alfonso
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 16, 2013, 16:36

Eu opino que cada un debese aceptar tal e como e,que non precisamos de ninguen que veña a "mellorarnos" pola nosa peticion e que logo nos deixen peor provocandonos asi enfermidades ou complexos peores dos que tiñamos.
A cirurxia estetica non debe ser publica na miña opinion,o motivo e que os demais non temos porque pagar os caprichos duns poucos.
Por suposto que non e o que nos dara a eterna xuventude,xa que,si nos deixan ben pode surxir algo logo coma co aumento de peitos e se nos deixan mal na operacion sera unha carga para toda a vida,a parte ainda que todo saia ben a pel sempre estira e o final acabariase notando coma algo moi superficial.
Para moita xente,normalmente bastante rica,isto converteuse nunha obsesion que non poden parar porque a cada milimetro da sua pel ven unha imperfecion que sempre queren corrixir.

fab-estela-
vilanova
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 16, 2013, 16:47

Dende o meu punto de vista, por suposto que ciruxía estética non debe de ser pública. Penso que sempre é imprescindible estar ben con un mismo, pero hai moitos modos de alcanzar ese benestar. Un aumento de mamas ou a búsqueda dunha pel sen enrrugas son cousas superficiais, que non afectan á túa vida laboral á hora de realizar un traballo de maneira óptima. Non obstante, tamén hai que recoñecer que hoxe en día, a nosa sociedade está completamente involucrada e volcada na busca dunha eterna xuventude e dun físico surrealista que está ao alcance de moi poucos, xa sexa por xenética ou por duro esforzo no ámbito alimenticio e deportivo. En moitos casos deberiamos ser menos receptivos en cuestións físicas e anatómicas e máis no ámbito cultural e estudantil, xa que unha mente formada é o que o día de mañán che dará de comer, e non un físico perfecto.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: Beleza natural?
on: April 16, 2013, 16:47

😉
Considerades que con respecto á ciruxía estética, a Administración debería ser estricta, é dicir, debería permitila nalgúns casos e noutros non, ou credes que se lle debe deixar capacidade total de decisión ao cidadán?

Páginas: 1 2 [3] 4 5 6 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.146 segundos.

Os comentarios están pechados.