Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: [1] 2 3 4 5 6
Autor Tema:A ciencia e o futuro económico dun país TEMA CERRADO
fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje A ciencia e o futuro económico dun país
on: November 20, 2012, 19:33

O orzamento para a investigación no 2012 cae un 25% respecto ao ano pasado; retrocede case ao nivel do ano 2006. Un total de 5.633 millóns de euros é o total para investigar no 2012 (no 2011 era de 7518 millóns de euros). Existe unanimidade entre todos os partidos políticos que a investigación é un área estratéxica que está a experimentar recortes desde o ano 2009.
Nos programas de investigación, en xeral, a inversión cae o 34% con respecto ao ano anterior. Os recortes cebáronse especialmente nos organismos públicos de investigación, incluídos o “Consejo Superior de Investigaciones Científicas” e o “Centro de Investigaciones Energéticas, Medioambientales y Tecnológicas. Tamén destaca a forte caída da aportación ao “Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial”, un 78%.
A consecuencia inmediata destes recortes é que van a desaparecer moitos dos contratos para científicos, o que implicará a marcha dos “cerebros máis brillantes” cara a outros países que adiquen máis recursos en investigación. A esperanza para saír da crise pasa por ter aos mellores investigadores e cando se desanda un camiño, como se está a facer estes últimos anos, resulta moi difícil recuperalo.

Como vedes, o título deste foro fai referencia a que nesta época de crise económica e, polo tanto, nun período no que se reducen as inversións públicas en moitos sectores, tamén no campo da investigación; credes que iso non suporá unha verdadeira traba para poder superar esta crise económica? Pensades que superar a crise depende exclusivamente dos países e economías máis potentes e que nos temos pouco que aportar na solución do problema?

faa-marina-
duran
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: A ciencia e o futuro económico dun país
on: November 20, 2012, 21:37

Penso que a relación entre o pouco que podemos aportar e directamente proporcional a xente con boa capacidade que se vé "obligada" a marchar por falta de traballo, debido os recortes. Ademáis, os estudos destes que marchan, saíron en parte dos cartos do estado, que veñen de todos os impostos, pero non aportan nada se van traballar a outros países, polo que en certo modo serían cartos perdidos. Penso que é un impedimento para o avance da situación do país, que é o que se necesita para empezar a saír da crise. Pero é totalmente comprensible que a xente con boa capacidade, se non lle queda máis remedio, por que dudo que sea a súa primeira opción, teña que tomar a decisión de emigrar.

fab-alexan-
dregrandal
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: A ciencia e o futuro económico dun país
on: November 21, 2012, 16:44

Certo é que a crise afecta a moitos sectores con acentuadas reduccións de orzamento, pero nese sentido non podemos facer moito xa que si mantemos o noso nivel de gastos aumentaremos o problema da crise. Debemos estancarnos un pouco para poder recuperar a nosa economía e por conseguinte poder invertir noutros sectores. Está nas nosas mans recuperar o país, debemos entender que pasamos unha época de "vacas fracas" e actuar en consecuencia.
En canto aos estudiantes sei que pode parecer un pouco egoistao feito de que se forman aquí, co conseguinte gasto, e que logo marchen traballar a outros países pero estou de acordo con Mariña cando di que marchar traballar a outros países non é o primeiro que se plantexa á xente, e se o fai é por necesidade. Neste sentido a recuperación debe preceder ao feito de que a xente non marche traballar fora.

faa-lidiam-
artinez
Newbie
Mensajes: 20
Mensaje Re: A ciencia e o futuro económico dun país
on: November 21, 2012, 17:23

A crise pola que estamos pasando afectanos a todos en moitos sentidos, e un deles é no campo da investigación. Os científicos do noso país fórmanse aquí, co conseguinte gasto que isto supón e despois vense obrigados a marchar a outros países para poder realizar a súa vocación, xa que aquí non teñen esa oportunidade.
Con esta crise, reducíronse os salarios, os postos de traballo, etc. Estes científicos poderían ser de grande axuda no noso país despois de recibir a súa formación, xa que nos aportarían novas ideas, novas investigacións, novos proxectos de futuro... E sen embargo vense obrigados a marchar a outros países donde si poden realizar o seu traballo. Estou segura de que eles preferirían quedarse aquí e facer todas estas aportacións no seu país, pero necesitan desarroiar o seu potencial e teñen que buscarse a vida, polo que marchan. Igual como fixeron antigamente os nosos avós, emigrar en busca dun traballo ou de algo mellor a outra vida para poder manterse eles e os seus.
Para poder superar esta crise necesitamos das grandes economías e dos países máis potentes, para solucionar este problema nos podemos aportar moi pouco ou nada xa que os que mandan son eles, as economías e os grandes países.

faa-noar
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: A ciencia e o futuro económico dun país
on: November 21, 2012, 17:30

Na miña opinión, este tipo de recortes non benefician para nada a crise, e máis, dende o meu punto de vista empeórana, xa que o noso país encargase de preparar científicos para que ao chegar o momento de traballar estes teñan que emigrara a outros países forzosamente. Con isto o que conseguimos é que todos os científicos xóvenes poñan xa en vista saír de España hacia outros lugares e que sexan outros países os que se beneficien do que nos cultivamos. É certo que agora mesmo hai una gran crise aquí pero penso que deberían facerse recortes noutras cousas e non nesas, tamén entendo que levar un pais non é fácil e que a situación é delicada, pero penso que poderían facerse outras cousas no caso de recortar a nosa ciencia, xa que así tamén retrocederemos en todas as investigación que se están levando acabo e que son importantes para a cidadanía.

fab-martin-
perez
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: A ciencia e o futuro económico dun país
on: November 21, 2012, 17:48

Eu penso que a xente que emigra vese casi obrigada a esto a causa da crise,tamén creo que se os países máis potentes se recuperan axudarianos a nos a recuperarnos tamén,pero non dependemos deles.Esta crise tardará en pasar se non nos concienciamos ben dela,é normal que algunhas persoas emigren,estas persoas formadas son as que deberían estar traballando,mentres que os demáis poderian ir formandose un pouco mais,respecto o de os paises mais potentes doulle a razón a Lidia,xa que moito do noso depende desas potencias.

fab-estela-
vilanova
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: A ciencia e o futuro económico dun país
on: November 21, 2012, 17:54

É realmente catastrófica a situación na que nos vemos sometidos debido a esta crise económica, polo tanto, é totalmente normal que se produzan recortes en distintas institucións pero no ámbito científico, sobre todo no mundo da investigación, produce un gran estancamento que afecta directamente á súa evolución. Sin embargo, pouco poden facer os científicos que perden o seu traballo no noso país e polo tanto, para poderen sobrevivir, terán que buscar refuxio noutros países que non escatimen tantos gastos na ciencia. É totalmente comprensible. A súa partida vese necesaria, ao igual que teremos que facer moitos ao acabar os nosos estudos se a situación o require.
Por outra banda, a situación económica non é cuestión só duns poucos. É algo que implica a toda a humanidade e que nos afecta a todos nós. Parece que en moitos casos estamos obligados a acatar ordes das grandes potencias pero todos, referíndome aos países, temos o dereito de opinar e aportar solucións e o dereito indiscutible de mellorar ou polo menos intentalo para que a poboación poida vivir de xeito digno e teña as mesmas oportunidades vivindo en calquer país.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: A ciencia e o futuro económico dun país
on: November 21, 2012, 22:05

😉
Estou dacordo con que cando alguén marcha a traballar ao extranxeiro é por obrigación, xeralmente, pero a cuestión é que non ten sentido gastar os cartos en preparar á xente e despois non darlle a oportunidade de utilizar o seu talento no noso país. Estamos a exportar a maior riqueza que temos no pais; o talento dos nosos xóvenes.
Por certo, eu non estou dacordo con que se invistan os nosos cartos nos bancos privados que malgastaron os nosos aforros, lle roubaron a moita xente e agora os "pringados" como nos teñamos que tapar os seus buratos. Eu considero que os nosos cartos estarían mellor investidos en investigación (por exemplo). Aclaro isto porque parece que algún de vos considera que a política económica do pais debe seguir a liña que se está a marcar na actualidade. Existen outras opcións de políticas económicas que invistan os cartos públicos onde realmente crearán riqueza. A investigación creará riqueza; e a banca tamén? Que opinades?

fab-martin-
amendoza
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: A ciencia e o futuro económico dun país
on: November 22, 2012, 00:56

Na miña opinión, penso que é un contrasentido que ós xóvenes estemoslles dando uns estudos, estudos académicos, estudos universitarios e logo inclusive masters e cando están totalmente preparados en lugar de traballar en España se teñan que ir a Alemania, suiza... perdendo así España todos esos cartos que invertiron neles.
Por outra parte opino que a culpa desta crise foron os banqueiros, os políticos e os esculadores. Como tamén os especuladores que compran tesoro público, os que cobran deuda pública do noso país, que lles interesa que vaia mal o noso país para así poder comprar a deuda a máis interese. Tamén opino que gran parte da culpa a teñen os políticos que están "compinchados" cos bancos, por exempo, algúns políticos toman cartos dos bancos para facer as súas campañas políticas... e despois os bancos aproveitanse para manexar ós políticos e que á hora de facer leis estes teñan que facer o que lle interesa ós bancos. En definitiva, agora todos estes gastos os temos que pagar os "burros de turno" como somos todos os españois que estamos sufrindo esta crise da que non temos culpa.
Respecto o da investigación, estou de acordo en que se invirta mellor os cartos en investigación, xa que esta creará riqueza, mentres que os bancos estanse adicando a roubar e ainda por riba agora adícanse a pedir axuda ao estado. A banca crea riqueza? opino que si, pero para eles. Aínda que é boa respecto a que dan creditos as persoas que necesitan unha hipotéca, ou dan créditos a empresas... pero sempre cobrando uns intereses.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: A ciencia e o futuro económico dun país
on: November 22, 2012, 10:09

😉
Hoxe podía lerse o seuinte nos xornais:
"Más de 10.000 personas han firmado ya en la plataforma de peticiones on line Change.org una carta al ministro de Industria, José Manuel Soria, "para que no permita que se hunda el sector aeroespacial", que consideran amenazado por los recortes presupuestarios. Se trata de una iniciativa de Victoria Lapuerta, la investigadora responsable de calidad del E-USOC, el centro asociado a la Agencia Espacial Europea (ESA) en el que se preparan y se procesan los datos de los experimentos que se llevan a cabo en la Estación Espacial Internacional (ISS). Un centro de excelencia cuyo futuro depende de lo que hoy se ha decidido en Nápoles durante la cumbre interministerial de la ESA."
Que opinades?

Páginas: [1] 2 3 4 5 6
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.136 segundos.

Os comentarios están pechados.