Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 2 3 [4] 5 6
Autor Tema:A ciencia e o futuro económico dun país TEMA CERRADO
fab-robert-
oo
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: A ciencia e o futuro económico dun país
on: November 27, 2012, 00:19

Pois ben, eu penso que para sair da crise económica que estamos a vivir fara falla que haxa moitos recortes, pero na miña opinión o que fai o governo e ir polo camiño fácil, e recortar no que máis cartos consome, unha delas son as ciencias, e para que un país salga adiante, creo eu que unha maneira segura e eficaz son as ciencias por que o fin e o cabo a sociedade modernízase maís ou menos lentamente, e vemos que as máis modernizadas son as grandes potencias mundiais por iso non se devería recortar o campo das ciencias sobretodo polo capital que xera para o país.

faa-bertaf-
erreiro
Newbie
Mensajes: 20
Mensaje Re: A ciencia e o futuro económico dun país
on: November 27, 2012, 01:27

Estou de acordo con Raúl e ademais penso que si se deixa a I+D en mans da inversión pública habería moitos aspectos que non se chegarían a investigar sobre eles, porque unha empresa privada o que busca é obter beneficios e non se van a poñer a investigar en cousas que non saben se lle van a poder sacar un beneficio económico no futuro, por iso penso que fai falta subenccións por parte do goberno. Ainda que facendo alusión o comentario de Ángel penso que agora mesmo pode haber outras prioridades as que lle hai que dar solución antes.

fab-beatri-
zrivera
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: A ciencia e o futuro económico dun país
on: November 27, 2012, 16:51

Eu penso que non debería de ser así, deberían de recortar noutros campos, que non estiveran relacionados coa ensinanza xa que os recortes neste ámbito producen un estancamento, E , se o fan nas investigacións producen ese retroceso.
Con respecto ao tema das grandes potencias, penso que todos temos algo que facer, e que nós, estamos perfectamente capacitados para poñer o noso granito de area.

fab-ireavi-
nas
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: A ciencia e o futuro económico dun país
on: November 27, 2012, 17:12

Na miña opinión, a situación na que nos vemos debido a esta crise económica, fai que se produzan recortes en distintas institucións, por iso, algunhas persoas vense na obriga de ir traballar ao estranxeiro para poderen sobrevivir, xa que aquí non encontran traballo. Por outra parte penso que esta situación nos implica a todos e todos debemos de aportar o que esté na nosa man para poder saír desta crise e poder vivir dunha maneira mais digna.
Eu considero que a investigación si que crea riqueza xa que se aquí estamos formando moi bos científicos que están investigando por exemplo a cura para o cranco, cando encontren a solución daran moitos beneficios o noso pais, en cambio si formamos os cientificos e despois van encontrar solucións a outros países, nos tendremos que compralos e baixará máis a riqueza e a nosa propia calidade na medicina, entre moitas outras cousas. Por iso e tan importante para a riqueza de un país que as mentes privilexiadas que estudan, inventan e descubren se queden nese país aportando os seus cñecementos e creando esa riqueza.

faa-raquel-
martinez
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: A ciencia e o futuro económico dun país
on: November 27, 2012, 17:42

O que eu opino de todo isto é que estamos nun punto de crise cíclica, se non van mal as cousas por un lado, van mal polo outro. Os políticos xa non saben que facer e para colmo están empeorando aínda máis a situación recortando en aspectos importantes como a sanidade e a educación, e que, o único que conseguen é que os cidadáns esteamos descontentos coa súa forma de levar o goberno. Respecto o das saídas dos estudantes formados cara outros países, iso é algo que polo de agora non se pode evitar, ata que as cousas en España melloren, isto vai a seguir ocorrendo, xa que si teñen a posibilidade de traballar para o que se formaron e cun mellor salario, non van a deixar de marcharse. Pero de todos modos, o goberno non se pode arriscar a facer recortes na ciencia, xa que sen científicos, non imos chegar a ningunha parte e o único que conseguiremos é estancar o desarollo deste país. Por todo isto, habería que intentar mellorar primeiro pouco a pouco os sectores que máis aportan para ter máis diñeiro, e este, invertelo logo en cada un dos outros sectores. Por outra parte, cada cidadán debería aportar o seu gran de area para poder sacar en diante o país e volver a ser o que eramos antes.

fab-lauraa-
ragunde
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: A ciencia e o futuro económico dun país
on: November 27, 2012, 18:06

Non estou de acordo coa decisión de Luis de Guindos xa que para quitar subvencións á I +D, sen medios económicos, os investigadores veranse frenados nos seus proyectos e como consecuencia, tendrán que recurrir a patentes extranxeiras e moito mais grave, os nosos científicos saldrán de España, en busca de países que sí crean na investigación. Un bo exemplo é Alemaña, que so quere xente preparada e con carreira, nos formámolos; co gasto que isto supón e eles lévanos.

Ademais, desde fai moitos anos en Europa falase de crear a "sociedade do coñecemento", é decir, a través das inversións en I+D lograr que o noso principal capital productivo sexa o coñecemento e con esta sustitución é algo realmente difícil de conseguir.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: A ciencia e o futuro económico dun país
on: November 27, 2012, 18:38

😉
Como exemplo de que a investigación ten un efecto directo sobre a economía; facilítovos o seguinte texto dun xornal de hoxe:
"Esas uvas que ya transportan a los silos encierran bajo su pellejo el mejor ejemplo de I+D+i, eso tan poco comprensible para el ciudadano de a pie que es Investigación más Desarrollo e Innovación, aplicados a la enología, algo que es lo mismo que decir a nuestra vida corriente. Vanguardia científica y tradición bodeguera en aras de mejorar uno de los caldos gallegos más universales".

I+D+I significa Investigación+Desenvolvemento+Innovavión. Ven a significar que a investigación nos leva a innovar en novos compos e como consecuencia somos máis competitivos nos mercados co cal, aumentan os ingresos na comercialización dos productos. Póñovos o exemplo do albariño para que vexades que o campo de investigación tamén implica as cousas máis próximas a nos e se queremos competir no mundo do viño e aumentar os ingresos de viticultores e bodegueiros, cómpre investigar.
Desexaría que me dixérades se con este exemplo sodes capaces de comprender mellor a implicación que ten o descenso da inversión sobre a investigación sobre a economía do noso país.

faa-miguel-
carballa
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: A ciencia e o futuro económico dun país
on: November 27, 2012, 19:04

Con este exemplo entendese mellor xa que e un tema moi cercano a anos. A investigación sempre e boa, xa que canto mais saibamos iranos mellor. O que pasa e que hai un problema, que en España agora mesmo nos se intenta investigar. Agora mesmo os inxenieiros e demais tipo de persoa con carreiras relacionadas coa investigación están marchando para Alemaña ou para outros países que si están apoiando a investigación e que lle esta indo mellor economicamente. O que non podemos facer e deixar que esta xente teña que marchar senón darlle traballo aquí e apoiar a investigación.

faa-chusag-
uin
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: A ciencia e o futuro económico dun país
on: November 27, 2012, 19:11

Estou totalmente de acordo con Raquel. Se as cousas non van mal por un lado é por outro e non creo que esto sexa a nosa culpa. Creo que son os do goberno os que non son conscientes das nosas opinións e fan o que a eles consideran mellor como por exemplo, os recortes en ámbitos, que hoxe en día son moi importantes, como o ensino e a sanidade.
Por outra banda non considero negativa a decisión de Luis Guindos, xa que, o que unha empresa privada busca é o beneficio ante todo, xa que non van a perder o tempo en investigar aspectos que nun futuro non lle proporcionasen nada.
Eu creo que si, que este texto axúdoume mellor a comprender a implicación do descenso na inversión na investigación. Xa que, grazas os investigadores o caíño blanco, que era moi probable que desaparecese, non desapareceu, e ahora sábese que ten un microorganismo propio e exclusivo. Este microorganismo permitenos controlar na bodega o proceso de produción, diminúindo a súa acidez e dureza,e aumentando a intesificación do aroma e sabor do viño.

faa-angelf
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: A ciencia e o futuro económico dun país
on: November 27, 2012, 20:36

Según o señor De Guindos dice que hai que sustituir parte dos orzamentos públicos por privados. Eu persoalmente vexo razoable, xa que si se inverte nun total o orzamento público e non sae nada adiante, pérdense. Entón por esa razón se se divide o gasto saíra máis rentable. Diredes vos que é moi agresivo, pero explíquenme cal é a diferenza entre eso e poñer un imposto as grandes fortunas?. Eu digo que aqueles que teñen un elevado poder adquisitivo debe axudar no desarrollo do pais, por iso non vexo nada descavillada a idea do señor De Guindos.

Páginas: 1 2 3 [4] 5 6
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.143 segundos.

Os comentarios están pechados.