Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 [2] 3 4 5 6
Autor Tema:A ciencia e o futuro económico dun país TEMA CERRADO
faa-lidiam-
artinez
Newbie
Mensajes: 20
Mensaje Re: A ciencia e o futuro económico dun país
on: November 22, 2012, 16:57

Con respeto á pregunta de si a banca crea riqueza, non estou segura, xa que non sei moi ben como funciona todo iso, pero penso que non. Penso que a banca non crea riqueza, pero que sirve de instrumento para que outros si que a poidan crear. Eles tamén prestan diñeiro pero a cambio de máis diñeiro, polo que non axudan en nada.

Con respeto a esa noticia, pareceme moi ben que existan plataformas onde os cidadáns poden particirpar dando a súa opinión, neste caso firmando para que non se afunda o sector aeroespacial, que é moi importante na actualidade, xa que son un grande avance, que nos permiten largos desprazamentos e avances militares.

Penso que nesta sociedade avanzamos moito e moi rápido e agora coa crise estamos volvendo atrás, retrocedendo ao pasado porque non nos podemos permitir todos estes cambios que se xeraron.

fab-estefa-
niamuras
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: A ciencia e o futuro económico dun país
on: November 22, 2012, 18:28

Na miña opinión pareceme ben que fagan plataformas deste tipo para que a xente vote a favor ou en contra da proposta, e así participan nas decisións. En canto o tema do sector aeroespacial creo que non se debería recortar, pero si o teñen que facer, debido a crise pola que estamos pasando, vexo normla que o fagan, xa que non solo recortarían nese sector. Ainda que non é bo recortar neste sector, porque para min que recorten na cienccia non é bo, xa que a ciencia fainos avanzar.

fab-ivango-
mez
Newbie
Mensajes: 16
Mensaje Re: A ciencia e o futuro económico dun país
on: November 22, 2012, 19:28

Dudo moito que a banca produza algunha riqueza neste pais,en tal caso o que produce son máis perdas,porque antes emprestaron moitos cartos e quedaron na bancarrota.Agora temos que pagar polos seus erros e poñer os cartos dos nosos bolsillos,co cal é unha perda,e despois cando queiramos un prestamo vannos a cobrar moito máis.Eses cartos que gañan a máis quédanse con eles para outros préstamos,co cal temos que pagar as súas débedas e eles non van a devolver os cartos emprestados.
Se seguimos de esta forma non creo que a economía se recupere,se o que queremos é que a economía se recupere tendríamos que facerlle pagar os bancos todo o que deben,sexa pouco a pouco o todo de golpe(dubido que o poidan facer),pero que devolvan todo o que deben e de paso con uns intereses,para que tomen da súa propia mediciña.

fab-ivango-
mez
Newbie
Mensajes: 16
Mensaje Re: A ciencia e o futuro económico dun país
on: November 22, 2012, 19:40

É normal que o goberno realice recortes presupuestarios debido a crise,pero que os realice no sector aeroespacial é un pouco descabellado,porque hoxe en día gracias a este sector sabemos moitas cousas,sabemos o que pasa ó noso redor e no espacio exterior.
Esto é unha gran ventaxa porque conforme poden informarnos do paso de estrelas fugaces polo noso firmamento tamen nos poden informar dalgún perigo que se aproxima ó noso planeta e intentar remedialo.Pero si realizan estes recortes solo podremos saber todo esto o tempo que duren os aparatos no espacio(satélites,telescopios,etc...),despois diso estaremos indefensos ante os perigos do espacio.
Por iso non se poden realizar recortes nun sector tan importante como o espacial.

fab-daniel-
somoza
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: A ciencia e o futuro económico dun país
on: November 22, 2012, 20:35

A industria aeroespacial é a industria que se ocupa do deseño, fabricación, comercialización e mantemento de aeronaves (avions, helicópteros, vehículos aéreos non tripulados, mísiles, etc.), naves espaciales e cohetes, así como de equipos específicos asociados (propulsión, sistemas de navegación, etc.). É unha das actividades do sector económico da industria aeronáutica, automobilística e espacial. Estos sectores están estreitamente ligados as actividades de abastecemento de materiais militares, e o seu conseguinte uso con fines destructivos. A industria aeroespacial é a aplicación das actividades da aeronáutica aos voos ó espacio exterior, cuxa aplicación para a defensa ten fins militares.
Eu opino que seria interesante que se siga investindo nestas tecnoloxías xa que poderían dar moitos beneficios para nos.

faa-soniap-
orto
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: A ciencia e o futuro económico dun país
on: November 22, 2012, 23:16

Poño en duda que a banca produza riqueza neste pais, en tal caso o que produce son perdas, porque antes prestaron moitos cartos e agpra moitos están en bancarrota, e nos somos quen acabamos mal porque a hora de pedir un préstamo si cho dan vannos a cobrar máis por el para que lle den para outros. Se queremos é que a economía se recupere tendríamos que facerlle pagar os bancos todo o que deben, sexa pouco a pouco e con intereses como o facemos nos.
É normal que o goberno realice recortes presupuestarios debido a crise, pero que os realice no sector aeroespacial é malo, porque hoxe en día gracias a iso sabemos moitas cousas como os perigos que pode haber ou como nos informan das estrelas fugaces que pasan polo noso firmamento. Respecto a noticia pareceme ben que haxa plataformas donde nós os cidadáns podemos participar dando a nosa opinión neste sector xa que como dixen antes é moi importante polo avance que nos crea.

faa-raulma-
rtinez
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: A ciencia e o futuro económico dun país
on: November 23, 2012, 17:52

A verdade é que o que estamos a vivir é unha crise seria e redundante. Algo moi complicado do que sair, porque o que parece ser a solución pode levarte á ruina, pero eu penso que se os políticos quixesen solucionar a crise poderíano facer moito máis facilmente do que pensamos. O problema da crise é a pésima distribución dos cartos, e o sistema monetario que temos na actualidade complica aínda máis esta distribución xa que favorece ás persoas con maior poder adquisitivo e de inversión que as persoas que nacen en familias máis humildes, e os politicos o que fan é aumentar os impuestos e conxelar os soldos que afectan á sociedade baixa na vegada de desfavrecer ós ricos e polo tanto o que fan é aumentar a diferencia entre as clases socias ricas e controladoras das clases traballadoras e pobres(Que supostamente na actualidade non existen estamentos sociais) e todo o que fan é mermar a sociedade ata que chegue un punto no que se impoña unha solución máis drástica como xa as houbo na historia, como por exemplo revolucións obreiras, anarquistas, golpes de estado, o ascenso dun partido fascista ó poder, etc...

En canto ó problema da investigación, é un dos problemas tamén importantes da crise porque se se reduce na investigación o país vai quedar retrasado canto ó desenvolvemento e iso a largo plazo vai ter unha repercusión sobre o estado. Por exemplo, a maior parte, por non decir case a totalidade, dos enxeñeiros mecanicos, industriais, etc... acaban emigrando a Alemania que recolle todos os enxeñeiros que son despreciados polo seu país e sen embargo é o país que mellor lle vai de Europa, e ao non recortar en investigación o país non sufre a crise senón que se aproveita dela para levantarse ante os demais países.

Unha idea propia que teño é que, como todos saben Alemania sempre foi un país con gran espírito imperialista que provocou as grandes guerras, e a miña idea reside na sospeita de que Alemania desta volta está a librar unha guerra con Europa, pero de xeito económico, e por ahora non lle vai nada mal.

faa-bertaf-
erreiro
Newbie
Mensajes: 20
Mensaje Re: A ciencia e o futuro económico dun país
on: November 23, 2012, 19:07

Eu penso que no momento que estamos de crise económica e normal que se produzan recortes en moitas intitución porque ahora mismo debemos pagar unha deuda moi grande que ten o país. O que non vexo normal e que eses recortes se fagan en institución básicas como son a sanidade e a educación. E dento da educación eu incluiría a investigación científica. Creo que o goberno non debería recortar os presupostos, eliminar becas ...nestas institución xa que a largo prazo acabarán perdendo máis cartos que os que estan aforrando actualmente.
Por outra banda vexo lóxico que as persoas emigren a outros países se neles lle ofrecen unhas ofertas de traballo mellores que en España.
Respecto a banca, penso que xenera riqueza a corto plazo pero para uns poucos non para todos os cidadáns en cambio creo que a investigación nun futuro próximo craría máis riqueza que a banca e estaría máis repartida.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: A ciencia e o futuro económico dun país
on: November 23, 2012, 20:14

😉
Este mesmo ano nos xornais apareceu esta noticia sobre o ministro de economía:

"POLÍTICA CIENTÍFICA Presupuestos
De Guindos aboga por sustituir subvenciones en I+D por inversión privada

El ministro de Economía, Luis de Guindos, dice que la inversión en I+D tiene una "deficiencia estructural" al depender de las subvenciones."

Cal é a vosa opinión sobre esta proposta?

faa-marina-
duran
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: A ciencia e o futuro económico dun país
on: November 24, 2012, 15:53

Penso que non debería quitarselle subvencións en I+D pola inversión privada, xa que é un retraso ademáis dunha moi mala distribución do presuposto. Non comprendo como non se aposta pola investigación que en toda Europa din que é o futuro e o símbolo da calidade de vida das novas xeracións.Xa que como se observa do texto, se non se apolla a investigación, non vai a ver postos de traballo para xente que este máis preparada, ademáis de que haberá máis dificultades para formarse e máis adiante conseguir emprego.Por que nunha sociedade avanzada a creación de traballo e novas empresas vai a vir da investigación. Nestes tempos que escasean os cartos,penso se debería mesturar inversión pública e privada, para xuntos crear máis empresas e máis liñas de investigación.

Páginas: 1 [2] 3 4 5 6
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.123 segundos.

Os comentarios están pechados.