Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 2 3 4 [5] 6
Autor Tema:A ciencia e o futuro económico dun país TEMA CERRADO
faa-angelf
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: A ciencia e o futuro económico dun país
on: November 27, 2012, 20:57

Está claro que I+D+I é o factor dominante, pero nadie dixo de acabar con el. O que dixo o ministro de Economía foi que eles reducian un 25% os orzamentos pero iban ser atribuidos as grandes fortunas do noso país.

Invertir e investigar é desarrollo. E se preparamos os xoves deberían traballar aquí, pero por problemas pasados de xestión ahora afetanos a todos e non achamos traballo en España, polo que hai que marchar a buscarse a vida a outros paises. Entón como ben dixo o compañeiro Raúl é máis importante desenvolver o pais do burato no que se atopa inmerso para poder crear emprego e así poder ter as mentens privilixiadas entre nós e así poder invertir, investigar e desarrollarse máis rápido.

faa-jessic-
acalo
Newbie
Mensajes: 22
Mensaje Re: A ciencia e o futuro económico dun país
on: November 27, 2012, 21:10

É un exemplo moi claro do importante que resulta a investigación no noso desenvolvemento económico. No campo da investigación non só son importantes os avances tecnolóxicos ou médicos, tamén é importante investigar outros ámbitos do noso día a día como é o claro exemplo destas investigacións sobre a enoloxía que virán moi ben para aumentar os ingresos de viticultores e bodegueiros. Desde logo unha boa aclaración para aferrarnos á gran importancia das inversións no I+D.

fab-carlas-
eren
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: A ciencia e o futuro económico dun país
on: November 27, 2012, 21:44

A crise pola que estamos atravesando estanos a afectar en moitos aspectos, e desde o meu punto de vista nos campos máis importantes. O campo da investigación vese moi afectado polo que os cientificos vense obligados a marchar a outros paises para poder traballar na súa profesión xa que aqui non poden. Penso que se estes científicos se quedan, poderían aportar as súas ideas e poñer en marcha novos proxectos polo que suporía novas opurtunidades para a xente que non ten traballo, pero debido a que non hai cartos non se pode facer nada, e en consecuencia, provocará un atraso tanto económico como de investigación.

fab-alexan-
dregrandal
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: A ciencia e o futuro económico dun país
on: November 27, 2012, 23:31

Eu comparto o punto de vista de Ángel respecto do capital privado xa que é unha forma rentable de obter beneficios comúns dese sector rico sen entrar en conflicto. Se puxésemos impostos aos máis ricos que sobrepasasen a media en exceso non terían ningún reparo en marchar a outros países co que en resumo non gañamos nada, pero se lles posibilitamos aos grandes capitais privado invertir de forma rentable conseguiremos facer fluir ese cartos, co que nos beneficiamos todos.
Por outra parte o tema do viño é un exemplo de desaproveitamento xa que é con marcas de prestixio como podemos competir no mercado e debemos actuar en consecuencia para mellorar a calidade dos productos que ofrecemos e publicitalos en todo o mundo.

faa-fabiol-
aalbornoz
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: A ciencia e o futuro económico dun país
on: November 27, 2012, 23:52

Estou de acordo coa idea antes exposta sobre a crise cíclica, canto máis recortes haxa habrá menos cartos para pagar as prazas de traballo nestes ámbitos e os seus proxectos, co cal habería máis parados e máis profesionais que buscarían traballo no extranxeiro.
Eu estaría de acordo co punto do capital privado se se usase para a investigacións de bens comúns e non para fines lucrativos.

faa-dobrin-
kapenkova
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: A ciencia e o futuro económico dun país
on: November 28, 2012, 00:38

Debido á situación na que nos atopamos agora moitos telentos científicos ven se obrigados a marchar de España e buscar a súa vida en outros paises que poidan pagar ben polo seu traballo. Creo que eso é algo normal,cada un busca o mellor para el e si esto implica marchar e abandonar a súa patria farao.A única solución seria que o pais apoiara máis os talentos que temos porque en caso contrario estes marcharan o que significa unha gran pérdida para España.

fab-alexan-
dregrandal
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: A ciencia e o futuro económico dun país
on: November 28, 2012, 16:24

Citado de faa-fabiolaalbornoz en November 27, 2012, 23:52
Estou de acordo coa idea antes exposta sobre a crise cíclica, canto máis recortes haxa habrá menos cartos para pagar as prazas de traballo nestes ámbitos e os seus proxectos, co cal habería máis parados e máis profesionais que buscarían traballo no extranxeiro.
Eu estaría de acordo co punto do capital privado se se usase para a investigacións de bens comúns e non para fines lucrativos.

Precisamente porque son crises cíclicas esta crise pasará, e nun futuro virán outras. O que teríamos que aprender os españois é a non vivir por enriba das nosas posibilidades nos períodos de riqueza para que as crises non fosen tan fortes. Teremos que elexir, vivir moi ben nas épocas de riqueza e por conseguinte moi mal nas de pobreza ou vivir de forma intermedia en ambas.
Por outra parte estou en desacordo coa opinión respecto do capital privado, xa que moi pouca xente invertiría o seu capital desinteresadamente sen esperar obter nada en investigación ou noutros campos do mercado, mentres que si se invirte con animo de lucro ,que é o que persigue o sistema capitalista, xa sexa en investigación ou noutro sector xérase involuntariamente un ben común. Deste xeito prodúcense beneficios que permiten diversificar as futuras inversións nunha incontable variedade de proxectos.

faa-soraya-
borrageiro-
s
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: A ciencia e o futuro económico dun país
on: November 28, 2012, 21:15

Estou totalmente de acordo co que dixo Alexandre de que non deberiamos vivir por enriba das nosas posibilidades nos períodos de riqueza, pero os españois somos persoas que cando temos cartos malgastámolos en caprichos sen pensar nas consecuencias disto. Eu espero que algún día sexamos capaces de controlar máis os nosos desexos e polo tanto aforrar, así ninguén se atopará na situación de pobreza total cando surxa unha crise.
Respecto das emigracións por parte dos científicos véxoo algo normal, eles non pensan nos beneficios que aportan nin nos cartos invertidos na súa educación, senon que buscan gañarse a súa vida e si para iso teñen que marchar do seu país pois fano. Non estou dicindo que me pareza ben que o fagan xa que penso que supón un malgasto de cartos, pero as necesidades poden chegar a ser moi grandes.
Penso que deberían invertir algo máis de cartos en investigacións e así non terían que marchar tantas persoas, pero iso non é tan doado se non se dispón desa cantidade de presuposto.

faa-cristi-
naporto
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: A ciencia e o futuro económico dun país
on: November 28, 2012, 21:34

O que eu opino de todo isto é que estamos nun punto de crise cíclica. O goberno xa non saben que facer e non son moi conscientes de que estan empeorando aínda máis a situación recortando en aspectos importantes como a sanidade e a educación, e que, o único que conseguen é que os cidadáns esteamos descontentos coa súa forma de levar o goberno. O das saídas dos estudantes formados cara outros países non o vexo normal pero iso é algo que polo de agora non se pode evitar xa que as cousas en España non están ben e isto aínda vai a seguir ocorrendo xa que teñen a posibilidade de traballar para o que se formaron e cun mellor salario noutros paises. Pero de todos modos penso que o goberno non pode arriesgarse a facer recortes na ciencia porque e unha das fontes principais para nos xa que sin a ciencia poderíase estancar o desarrollo do país. Primeiro habería que intentar mellorar pouco a pouco os sectores que máis aportan para ter máis diñeiro, e este, invertelo logo en cada un dos outros sectores. Por outra parte, cada cidadán debería aportar o seu gran de area para poder sacar en diante o país e volver a ser o que eramos antes.

A decisión de Luis Guindos non a considero negativa, unha empresa privada busca un beneficio xa que non van perder tempo en investigar en aspectos que non lle proporcionen nada cara o futuro. Este texto axudanos a entender a implicación do descendo na inversión da investigación xa que grazas a estos ivestigadores o caiño branco non desapareceu e ahora sábase que ten un microorganismo propio e exclusivo. Este microorganismo permitenos controlar na bodega o proceso de produción, diminúindo a súa acidez e dureza,e aumentando a intesificación do aroma e sabor do viño.

fab-rocior-
ivas
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: A ciencia e o futuro económico dun país
on: November 28, 2012, 21:49

Eu penso que a ciencia si que vai ser o futuro económico de este pais e de moitos outros, por que cada día a ciencia descubre máis e máis cousas que serán no futuro a nosa base da economía. De feito a ciencía xa e impotante hoxe en día no noso pais a nivel de desenrrolo e desenvolvemento para ir escalando en sociedade e non quedar atrasados, para que as nosas próximas xeracións poidan sair desta situación de crise actual na que estamos. A ciencia podenos quitar cós seus grandes descubrimentos e avances.

Páginas: 1 2 3 4 [5] 6
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.091 segundos.

Os comentarios están pechados.