Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 [2] 3 4 5 >> Last
Autor Tema:"SOPA" para todos? TEMA CERRADO
faa-fernan-
dogarcia
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 2, 2012, 22:43

Certamente, estou en contra desta nova lei que queren aprobar.
Eu non son alguén que acostume a descargar cousas, pero si empleo páxinas como a pechada Megavideo para ocupar algunha parte do meu tempo libre.
Co peche destas páxinas están impedindo a libre divulgación de arquivos na rede, o que pode levar a un coñecemento da música, programación de calqueira tipo, películas, etc..., limitado só a aquilo que no noso país se venda, e isto é, obviamente, aquilo que lle gusta á maioría. No meu caso, non me gustan nada a programación deportiva, ou do corazón, nin as series que se emiten nos canais deste país, se me pechan as vías que teño de mirar aquilo que me gusta, significa que debo calar e mirar programas ou ler prensa que non me gustan só porque os meus gustos son unha minoría en España?
Persoalmente, négome, así que como usuario de Internet esixo que se me devolva todo o que nos queren quitar só porque as empresas non buscan máis que o máxio beneficio económico, e por iso non podo disfrutar de aquilo que me gusta sen outra vía que a rede.
Ademais, é certo que os artistas que reclaman os seus dereitos de autor teñen parte de razón, xa que teñen que vivir diso, pero as súas obras póñensenos ao alcance a prezos na miña opinión excesivos, é normal que xente que queira ver unha película ou escoitar un CD non teña suficiente diñeiro para acceder a eles sempre que queiran.
Non defendo o capitalismo nin digo que sexa malo, pero neste aspecto só está conseguindo que a xente deixe de facer as cousas por vocación, porque disfrutan facéndoo, e só busquen gañar todo o diñeiro que poidan

faa-damian-
lores
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 2, 2012, 22:53

Sobre o que dicen Amadeo e Aleksei, de que os artistas volveronse famosos na rede, non estou completamente de acordo. Baixo o meu punto de vista eu creo que na rede, foron capaces de difundir máis rapidamente as súas obras artísticas, pero volveronse famosas pola súa calidade musical e porque sobretodo gustaron. De tal forma que a rede axudoulles a varios grupos en certa medida pero tamén hai que recoñecer que non solo na rede se difunden, senón que a radio, a televisión, nas dicos, os concertos, as entrevistas, tamén lles axudou a coller fama.

fab-laurar-
odriguez
Newbie
Mensajes: 3
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 2, 2012, 23:57

Na miña opinión, esta lei non só intenta protexer os dereitos de autor de certos artistas. Xa vemos que a vida dos artistas famosos non cambia tanto pola piratería na rede... Ademáis, por culpa desta lei, que me parece abusiva, sería o fin de redes sociais e de sitios web coma youtube, no que só se poderían videos oficiais. Estou de acordo co que dí Fuensanta, esta lei paréceme máis unha tapadeira para intentar controlar internet xa que grazas ás redes sociais se organizan moitas protestas e manifestacións. A rede é o único sitio no que se pode falar libremente e sen censura algunha, e se acabasen controlandoa isto acabaríase. Non estou de acordo con que se controle internet, pero ben é certo que os artistas que realizan un traballo, deberían ter a súa compesación, e coa piratería conseguese que cada vez se compren menos discos e películas e que non se vaia ao cine.

fab-paulaa-
lba
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 3, 2012, 00:02

Eu creo que está ben que queiran protexer ós dereitos de autor, pero esta non é a maneira acertada. Internet non é censurable, se intentan bloquear algunhas páxinas, enlaces, etc. a xente axiña buscará outros camiños para compartir arquivos gratuitamente.
Fai anos que non compro un CD ou unha película, simplemente porque me parece absurdo ter que pagar por algo que podo conseguir gratis na rede. O que a min máis me molesta é que hai series de televisión que só se poden ver en Internet porque non as botan en televisión, e con esta lei quedaríamonos sen elas. Eu creo que a solución estaría en ofrecer unha alternativa en Internet á compra de CDs ou DVDs, por exemplo unha páxina onde se poida comprar cancións soltas ou ver series de televisión ou películas pagando un precio xusto. Aínda que creo que isto non vai ocorrer nun futuro inmediato, xa que se un proxecto similar a este se levara a cabo, as cadenas de televisión, as discográficas e demais sairían perxudicadas.

fab-atenea-
prado
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 3, 2012, 15:06

E estou totalmente en contra desta lei, porque como a maioría de nos desacargamos continuamente cousas de internet esta lei sería un auténtico impedimento. Tampouco me parecería ben que se tivese que pagar por descargar contidos, xa que a maioría da xente non querería nin incluso podería permitirse gastar diñeiro para facelo, ainda que fose en pequenas cantidades. Si se debería solucionar este conflito dunha forma na que todos saísemos beneficiados, pero esta lei non é a solución correcta baixo o meu criterio.

faa-mariac-
maquieira
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 3, 2012, 15:12

Eu penso que esta lei non é de todo xusta, o certo é que moita xente está perdendo cartos debido o pirateo de música,películas...etc, pero tamén e verdade que se o prezo dos CDs fose máis axeitado moita máis xente os compraría en vez de descargalos non poden pretender sacar tanta ganancia, xa que si prohiben as descargas e os prezos non baixan a xente seguirá sen comprar xa que nos tempos nos que estamos poucos son os que están dispostos a meter os cartos en películas,música... etc, xa que hai outras cousas que precisamos máis.

fab-mariaa-
rojo
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 3, 2012, 15:13

Eu estou de acordo con Damian, a fama dos actuais artistas e famosos non é causa da rede, senon que a rede axudou a difundir as súas obras, sendo eles xa famosos. Aínda así non estou de acordo coa lei SOPA nin co peche de "megaupload", porque a xente o que facía era compartir arquivos, convertendose este dominio un gran disco duro virtual, e moita xente co peche de esta páxina perderon moitos documentos privados, sendo imposible recuperalos.
Penso que está sendo esaxerada a importancia que se lle está dando ao tema, sobretodo coa participación do FBI neste asunto. As descargas existen prácticamente dende o nacemento de internet, e por moitas leis que poñan seguirá existindo o pirateo, as descargas ilegáis, os top-manta e todo tipo de cousas.
A única solución que lle atopo é a baixada dos prezos destos artículos. EU teño claro que cos tempos que corren, se teño 20€ non os vou gastar nun disco do grupo que me gusta se o podo atopar gratis na rede. Pero se baixasen os prezos dos CD's, películas en DVD, libros, etc... estou segura de que as descargas baixarian esaxeradamente. Non sería algo erradicado, pero diminuiría moitísimo, e eu sería a primeira en mercar un disco.

faa-mariac-
garcia
Newbie
Mensajes: 4
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 3, 2012, 15:16

Eu por unha parte estou da cordo con esta lei xa que antes descargabamos cousas sen pagar nada e así os propietarios non obtiñan ningunha ganancia.Por outra parte penso que deberían deixar descargar musica, películas... poñéndolle un prezo razoable para que así todos saísemos ganando.

fab-isaaca-
bal
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 3, 2012, 17:29

A min importanme moi pouco os producores, as discografficas, Justin Bieber e demais multimillonarios.
Son un pirata, canto ten que baixar o precio dun CD para que me conpense mercalo a apretar un botón?
Por min podense arruinar.

fab-raquel-
blanco
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 3, 2012, 18:06

Estan sendo moi duros con esta lei, xa que a un cantante deberíalle importar máis que lle guste a súa música as persoas que o benefico económico. Non creo que todo isto chegue a pasar como din, xa que entón non se podería facer case nada na rede e sería imposible vixiar a todas as persoas que fagan algo ilegal na rede.
Por outro lado penso o mesmo que Fuensanta, as redes socias son os medios de comunicacion para organizar folgas, decirlle a todalas persoas o que esta a ocorrer e poder expresarnos. E os altos cargos non queren que pase eso.

Páginas: 1 [2] 3 4 5 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.084 segundos.

Os comentarios están pechados.