Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 3 4 5 [6] 7
Autor Tema:Uso responsable das TIC TEMA CERRADO
fab-carlas-
eren
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Uso responsable das TIC
on: November 7, 2012, 00:05

Dende o meu punto de vista, as novas tecnoloxías hoxe en día, son moi necesarias e algo positivo para a sociedade na que vivimos. As TICs son unha moi boa fonte de información no ámbito académico porque a través de Internet podemos consultar moitas e diversas fontes de información (blogs, foros,...) que son unha ferramenta moi útil.
As novas tecnoloxías tamen están presentes no tempo de lecer: nos videoxogos, redes sociais, etc. Por exemplo as redes sociais nos son moi útiles porque se temos a un amigo ou amiga a moita distancia podemos falar con el sen ningún problema e de forma rápida e eficaz. Ainda que para a min as TICs son máis útiles en canto á información porque mediante twitter ou periódicos dixitais podemos saber o que está a suceder en todo o mundo.
As novas tecnoloxías debémolas usar para cousas constructivas e non dedemos caer en malos usos ou hábitos nin nunha dependencia de estas.

fab-robert-
oo
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Uso responsable das TIC
on: November 7, 2012, 00:22

As novas tecnoloxías penso que tanto poden ser boas como método rápido e práctico de obtención de informacion, como pola contra unha forma demasiado cómoda ou de obtención de información que nalgúns casos non é de todo verdade, e que lle facemos caso o que nos din. Hoxe en dia a inmensa maioría da xente usa internet na sua vida cotidiá, vexo ben que se vaia adaptando a sociedade según os avances tecnolóxicos, pero tamén penso que podemos prescindir dun uso excesivo deles, por que nalgúns casos pode chegar a ser perxudicial.

fab-ivango-
mez
Newbie
Mensajes: 16
Mensaje Re: Uso responsable das TIC
on: November 7, 2012, 16:34

Na miña opinión internet cambiou a nosa vida completamente,porque nos facilita un gran número de vantaxes.
Grazas a internet hoxe en dia podemos comunicarnos con calquera persoa este donde este e a calquera hora do día,cousa que antes non se podía realizar,antes realizábase mediante cartas ou telegramas.Tamen podemos adquirir información de calquera tema en cuestión de segundos,xa que antes tiñas que buscar o libro adecuado a cada tema e levábache moito tempo.
Pero o máis novidoso de internet son as redes socias,xa que axudan a comuniarse ós xovenes entre eles e eso facilita a fala.

fab-paulod-
iaz
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Uso responsable das TIC
on: November 7, 2012, 16:56

Asi como as novas tecnoloxias, hoxe en día, poden ser moi útiles para buscar información sobre calquera cousa, moitas veces, resultan unha adicción que fainos perder moito tempo. Grazas as redes sociales podemos comunicarnos con todo o mundo de forma instantánea. Prácticamente toda a xuventude utiliza internet ao longo do día.

fab-martin-
perez
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Uso responsable das TIC
on: November 7, 2012, 17:07

Si,é obvio que Internet cambióu a nosa forma de vida,gazas a el informarse sobre calquera cousa é posible,este facilita o traballo que antes se tiña que facer buscando en diferentes enciclopedias,e seguro que topas o significado de calquera termo,tamén nos permite comunicarnos con máis facilidade sen ter que chamar por teléfono,pero a pesar de todo o bo que ten internet tamén ten varias desventaxas,e que o fin e o cabo o calquera pode publicar información errónea sobre algo ou alguén,e isto pode chegar a ser mói perzudicial.

fab-beatri-
zrivera
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Uso responsable das TIC
on: November 7, 2012, 17:08

Eu penso que grazas ás novas tecnoloxías obtemos moitísima información ,además dunha gran facilidade de traballo, aínda asi, eu persoalmente prefiro o libro a libreta e o bolígrafo de sempre. Penso que son moi útiles pero como accesorio, non como algo vital. Con todo , axúdannos moitísimo á hora de traballar, pero o seu uso ,como o de calquera outra cousa non debe ser abusivo.

faa-noar
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Uso responsable das TIC
on: November 7, 2012, 17:08

Eu diría que non é so que cambiase as nosas vidas, se non que agora mesmo non somos capaces de facer moitas cousas sen Internet. Utilizase en calquer caso: para estudar, para mirar a prensa, para facer a compra, etc... e impensable a cantidade de cousas que a rede nos ofrece facer dende a casa cando antes nin se imaxinaba unha cousa así. Tamén é certo que a raíz disto pérdense moitas costumes e scanos moito tempo que antes utilizaríamos para outras cousas. Se este tempo o medimos ben, está ben empregado, xa que un respiro sempre é bo, pero cando empregamos demasiado tempo a estar en internet empeza a facerse vicioso, e roubanos un tempo que no caso de non telo empregariamos para estudar, para ler, para sair cos amigos. A verdade é que todos temos vidas que xiran, nuns casos máis e noutros menos, aredor de internet, que todo o mundo utilizou algunha vez na súa vida internet para algo, e sobretodo, que hoxe en día se non te sabes desenvolver en internet, e xa non solo en internet, se non en todas as novas tecnoloxías, non vas a ningún lado, porque algo tan simple como utilizar un ordenador, nestes momentos e tal e como está a sociaedade e indispensable para case todo tipo de traballos, para estudar, e incluso para o día a día, xa que agora podes pidir cita no médico, ou para calquer outra cousa, dende internet.

fab-taniac-
ores
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Uso responsable das TIC
on: November 7, 2012, 17:10

Creo que estamos moi acostumados a que os aparellos electrónicos estén na nosa vida. No meu entorno, non coñezo a ninguén, ou a case ninguén, que non teña un teléfono de móbil, e sen internet nel. Non creo que puidéramos vivir unha vida normal sen ningún aparello electrónico, xa non so polo feito do móbil, se non de moitos electrodomésticos máis, como por exemplo un ordenador ou un MP4. Nestes tempos é normal que todos teñan algún destes aparellos, é máis, se non utilizas algunha destas tecnoloxías, o resto dos compañeiros tamén pensarían que non tes o suficiente diñero para mercar un ou simplemente, que non es unha persoa moi normal.

fab-martin-
amendoza
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: Uso responsable das TIC
on: November 7, 2012, 17:25

Dende o meu punto de vista, penso que o uso de internet cambiou as nosas vidas, é un medio imprescindible hoxe en día. Practicamente para todo necesitamos estar en contacto cá rede, xa que a maioría das xestións teñense que facer a través desta,(Citas médicas, solicitudes de becas...) ademáis de que podemos contar de infinita infomación ó instante, como tamén de diversas páxinas que nos serven de entretenemento para todas as idades (Redes sociais, todo tipo de compras online...).
Pero non todo cambiou para ben, xa que dende o meu punto de vista penso que a pesar das infinitas redes sociais e máis medios de comunicación, cada día temos menos comunicación verbal, saimos moito menos a rúa...
Conclusión, internet cambiou totalmente as nosas vidas traendo opcións moi boas e creandonos posibles costumes negativas.

faa-raquel-
martinez
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Uso responsable das TIC
on: November 7, 2012, 18:01

Eu opino que moitas das tecnoloxías son moi útiles tanto para obter información de todo tipo como para facilitar o traballo e demais, pero tamén é certo que hoxe en día estamos a abusar destas, xa que moitas delas son totalmente prescindibles. Na actualidade, nos países desenvolvidos, hai moi pouca xente que non teña móbil e cada vez, se ten cunha idade máis temerá. Eu, persoalmente penso que non coñezo a ninguén da miña idade que non teña un.
Respecto a Internet, si é certo que cambiou moito as nosas vidas, grazas a el, temos unha maior facilidade á hora de conseguir todo tipo de información aínda que non toda a que circula por Internet é 100% verdadeira, ese é un dos seus inconvenientes, xa que non tes a certeza de que sexa verdade o que estas a ler. Internet tamén nos facilita a comunicación a tempo real con persoas de practicamente calquera parte do mundo.
Estas novas tecnoloxías non se usan só a nivel persoal, xa que hoxe en día, trabállanse con elas en institutos, universidades, oficinas..., a través de foros, blogues etc.
En definitiva, Internet e as tecnoloxías teñen moitas ventaxes, facilidade de información, maior interactividade, comunicación,... pero, á súa vez, teñen tamén inconvenientes como a mala utilización, o abuso e a excesiva dependencia de estes.

Páginas: First << 3 4 5 [6] 7
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.094 segundos.

Os comentarios están pechados.