Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 2 [3] 4 5 6 >> Last
Autor Tema:Uso responsable das TIC TEMA CERRADO
faa-bertaf-
erreiro
Newbie
Mensajes: 20
Mensaje Re: Uso responsable das TIC
on: November 5, 2012, 15:47

Eu si que coñecín este verán a unha persoa que non tiña móvil, nun campamento de 100 persoas con idades entre 15 e 18 anos era a única persoa que non tiña móbil e a todos nos estrañou moitísimo que non o tivese. Como non, preguntámoslle o porqué e dixonos que os seus pais querían inculcarlle os valores de que si non necesitaba unha cousa non tiña porque tela aínda que os demáis a tivesen. Penso que na sociedade na que vivimos o teléfono móbil é necesario para podernos comunicar e tamén son moi útiles a hora de achegarnos información...xa que algúns teléfonos parecen auténticos ordenadores, pero non o vexo como algo imprescindible na nosa idade, porque temos outras formas de comunicarnos, por exemplo a través das redes sociais.

E co MP3 ven ocurrindo o mesmo cos teléfonos, é moi raro que algén non o teña, pero para nada é imprescindible xa que se usa como algo para divertirnos. Ademáis temos outras formas de escoitar música.

faa-noar
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Uso responsable das TIC
on: November 5, 2012, 16:54

Na miña opinión este é un tema de doble cara. Por unha parte está o lado positivo e é que todos sabemos que coñecer xente nova e poder relacionarte con xente que ao mellor coñeciches nun campamento, nunha viaxe, ou en calquer outro lugar que sabes que non o vas volver ver nunca ou case nunca está ben. Pero tamen teñen o seu lado negativo, como por exemplo as persoas que non son quen din ser nas redes sociais, é certo que a maioría de persoas que teñen un perfil nunha rede social sabe os riscos que corre, pero sen embargo nunca nos imaxinamos que nos vai pasar a nós, e ainda que pensemos que non o facemos, confiamonos.

Cando vas a rexistrarte en calquer tipo de rede social soe haber un minimo de odade esixida, sen embargo, cada día son máis os rapaces que sen chegar a esa idade posúen unha conta propia. Probablemente estes sexan os usuarios que máis riscos corren xa que non saben moi ben onde se están mmetendo e fanno por moda, porque todos os seus amigos están rexistrados e eles non queren ser menos.

Na actualidade, ver a un rapaz de 15, 16 ou 17 anos que aínda non teñamóbil faisenos moi raro e sorprendenos. Eu non coñezo a ninguen que non o teña, é mais, agora a maioría de adolescentes con móbil tamen posuen internete nel. A verdade é que eu misma non me imaxino sen móbil, sen embargo son consciente de que iso tampouco é bo.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: Uso responsable das TIC
on: November 5, 2012, 17:35

😉 Calificaríades de rara a unha persoa da vosa idade que non ten nin necesita un móbil? E como calificaríades a uns pais que non permiten que o seu fillo, da vosa idade, teña móbil?

faa-angelf
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: Uso responsable das TIC
on: November 5, 2012, 18:25

Eu non cualificaría de rara a unha persoa que non teña móbil, xa que eu, como o rapaz que Berta menciona, non tiven un celular en propiedade ata os 16 anos. Meus pais consideraban que ata esta idade é inútil ter telefono. Esta forma de ver a realidade nunca a puxen nin poñerei en dubida, xa que é totalmente certa. Porque un rapaz de menos de 16 anos só non vai facer un uso do telefono produtivo, quero dicir, so o vai empregar para andar nas redes sociais e comunicarse cos compañeiros. É xa a partires dos 16 cando os estudos e a vida diaria che obriga de algún xeito a posuír un deste aparellos, ben sexa para chamar os pais, preguntar dúbidas os compañeiros, mandar correos electrónicos, aproveitar os percorridos en bus para comentar no blogue educativo ou mesmo para quedar para tomar unhas copas cos amigos.

faa-noar
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Uso responsable das TIC
on: November 5, 2012, 20:52

Eu non o calificaria de raro, máis ben pareceríame raro. Eu tiven móbil desde bastante nova a verdade, pero opino que antes para min non era realmente necesario. O feito de ter ou non ter móbil non ten porque ser obxeto de burla nin nada polo estilo, pero penso que se alguén non o ten ás nosas idades o probable é que sexa porque os seus pai non lle deixan. A verdade, a min pareceme unha tonteria,porque ao fin e ao cabo non consegues nada, e ademais, se saes e queres avisar a teus pais de algo ou os teus pais non están na casa e queres dicirlles algo é necesario, así eles tamén poden dispoñer de en onde estás en cada momento.

faa-lidiam-
artinez
Newbie
Mensajes: 20
Mensaje Re: Uso responsable das TIC
on: November 5, 2012, 21:30

Eu non considero que unha persoa sexa rara por non ter móbil as nosas idades, mais se esa persoa non ten móbil é casi seguro, porque os pais non lle deixan e se estes non llo permiten é porque non cren que sexa necesario ter un móbil. É certo que tende móbil os nosos pais teñen sempre coñecemento de donde estamos e se necesitamos algo. Cando eu tiven móbil ao principio non o usaba casi nada, porque non me facía falta chamar a ningúen, simplemente o usaba para escoitar música. Pero agora con 16 anos xa o utilizo mais, salgo mais e meus pais teñen que saber onde estou en cada momento e se me pasa algo e supoño que máis para adiante aínda o utilizarei máis, creo que é unha cuestión máis que de idades persoal, xa que depende das actividades que fagas, do tempo que pasas fora da casa e do que cada un de nos necesite comunicarse.

faa-jessic-
acalo
Newbie
Mensajes: 22
Mensaje Re: Uso responsable das TIC
on: November 5, 2012, 22:52

Eu non consideraría de rara a unha persoa á que non lle interesen os móbiles, pero si vería raro que non o necesitara porque hoxe en día é un aparello bastante imprescindible que che permite estar en contacto cos teus coñecidos en todo momento.
Uns pais que non lle deixasen ó seu fillo de 16 anos ter móbil a verdade é que me parecería bastante inadecuado e actualmente algo inusual. Inadecuado porque o móbil permitiríalles ter localizado o seu fillo en todo momento, algo que é moi importante, e tamén lle permitiría o rapaz poñerse en contacto cos seus amigos e acceder as novas tecnoloxías como por exemplo Internet. E inusual porque a esa idade poden confiarlle esa responsabilidade a un rapaz da miña idade e pareceríame bastante raro que non llo deixase ter.

faa-sarama-
rino
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Uso responsable das TIC
on: November 5, 2012, 23:56

Ben, opino que as tecnoloxías están demasiado implícitas na nosa vida, pois é moi complicado imexinarnos hoxe por hoxe sen teléfono móbil ou sen Internet. Esto por unha parte beneficianos, pois facilítanos cantidade de información e de vantaxes en cuistión de minutos, sen duda algunha, pero por outa parte, creo que moitas das tecnoloxías que temos ahora son para a maioría das persoas innecesarias, por exemplo, moitas das aplicacións que conteñen hoxe en día os móbiles nin se usan e a maioría dos adolescentes so lles damos importancia a aquelas que cumpran a función de "redes socias", é decir, que nos permita comunicarnos cos compañeiros. Esto non debería ter tanta importancia para as persoas pois conseguen viciarte e descentrarte dos demais asuntos do arrededor, sen mencionar que a maioría das veces so as usamos por usar ou para comunicarnos con persoas que vemos todos os días. Por esta razón, creo que hoxe en día un neno que non ten teléfono móbil sería visto con rareza, pois estamos acostumbrados a que todos nós dispoñamos de un, pero esto non quita que non poida levar unha vida completamente normal.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: Uso responsable das TIC
on: November 6, 2012, 11:46

😮 Estou gratamente sorprendido das vosas opinións ao respecto deste tema. Nada é totalmente malo nin bo; todo depende das doses que se apliquen. As novas posibilidades de comunicación hai que saber aproveitalas e se o facedes con sentido común como, como parece que así o facedes, poderedes obter todo o positivo delas.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: Uso responsable das TIC
on: November 6, 2012, 11:50

😉
E centrándonos xa nas redes sociais, que considerades o mellor e o peor delas?

Páginas: 1 2 [3] 4 5 6 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.116 segundos.

Os comentarios están pechados.