Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: [1] 2 3 4 >> Last
Autor Tema:Uso responsable das TIC TEMA CERRADO
fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Uso responsable das TIC
on: October 28, 2012, 20:22

A sociedade na que vivimos é “a sociedade da información”. A tecnoloxía dixital cambiou a maneira de procesar, almacenar e transmitir a información e o desenvolvemento das novas tecnoloxías incrementou moitísimo as posibilidades da comunicación a nivel mundial.

Cámaras dixitais, teléfonos móbiles, MP3, consolas, internet… quen de nos non manexa algún distos produtos a diario? Como sería a nosa vida sen eles? Deben a súa existencia á converxencia da informática, as telecomunicaión e as tecnoloxías audiovisuais. Son produtos que xa forman parte da nosa vida, ocupando un lugar cada vez máis importante nos negocios, na nosa relación coas administracións, cos servizos da nosa comunidade (transporte, comercio, saúde…) e que están modificando a nosa forma de vivir, aprender, traballar e entreternos.

A natureza de internet fai que a información dun espazo se difunda a outros moitos en tempo real, acurta distancias, flexibiliza horarios… e converteuse nuhna ferramenta de traballo moi útil dadas todas as posibilidades que nos ofrece.

As TICs (Tecnoloxías da información e comunicación) modificaron tamén a educación. Por un lado debemos prepararvos para que poidades responder ás esixencias deste entorno cada vez máis complexo (con multiplicidade de fontes de información, medios de comunicaión, servizos…), contribuíndo así a vosa integración e socialización tendo en conta que se requiren habilidades, coñecementos e o fomento de actitudes críticas e reflexivas con respecto ao seu manexo, e por outro, ofrécennos medios e ferramentas de traballo que as converten nun recurso moi completo e que en xeral resulta motivante e eficaz. Estades dacordo (ou isto dos blogues e foros é un rollo!)?

Isto podemos facelo extensivo ao tempo de lecer, onde as TICs nos ofrecen: videoxogos, redes sociais (que nos permiten contactar e relacionarnos con xente que ten cousas en común con nos), etc.

Este acceso libre á información e a novos ámbitos de relación e ocio ofrécenos moitas posibilidades pero tamén presenta riscos. Que vantaxes credes que teñen tanto no seu uso dentro do sistema educativo como no tempo de lecer? Que inconvenientes ou riscos? A franxa de idades máis “vulnerable” á hora de utilizalas está entre os 13-20 anos, o cal vos inclúe. Considerades que a formación da vosa xeración é suficiente para que o uso que facedes delas sexa responsable e seguro?

fab-estela-
vilanova
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Uso responsable das TIC
on: October 29, 2012, 22:28

Desde o meu punto de vista, hoxe en día posuímos e recibimos unha enorme cantidade de información a través de internet pero non toda é limpa e non todos os individuos recorren a ela para fomentar o coñecemento, senón que tamén pode facer moito mal, así que isto podería definirse como un gran inconveniente. Tampouco creo que o bo uso se dea nunha franxa determinada de idade, sabendo que hai moita xente que aínda tendo moita da formación que se nos aporta hoxe en día neste ámbito segue sendo irresponsable. Polo contrario, penso as ventaxes que ofrece son inmensamente superiores aos inconvenientes. As tecnoloxías apórtannos en un límite de tempo escaso calquera cuestión que nos plantexemos. Opino que simplemente debemos ser selectivos e traballar con criterio á hora de buscar información ou incluso no tempo de lecer utilizando as redes sociais.

faa-bertaf-
erreiro
Newbie
Mensajes: 20
Mensaje Re: Uso responsable das TIC
on: October 30, 2012, 01:05

Eu penso que as TICs na época na que vivimos son algo moi positivo e necesario nas nosas vidas, xa que no las facilitan moito. Por exemplo ahora de poñerse en contacto con outras persoas que se encontran moi afastados de nos, a hora de conseguir información para realizar diferentes tarefas... Pero a información que obtemos a través de internet tamén se pode utilizar mal, isto sería unha dos grandes inconvintes pero penso que pesan moito máis as vantaxes que nos proporcionan. Por outra banda están as cuestión dos blogues ou foros. Dende o meu punto de vista penso que é unha ferramenta onde a xente pode expresar a súa opinión libremente sobre algún tema que lle interesa a través deles, pero algunhas veces dan información erronea ou simplemente se dedican a copiar o traballo que outros realizaron polo que esa sería a parte negativa. En xeral creo que debemos pensar nas TICs como algo positivo para nos, soamente temos que ter coidado ahora de buscar información ou pensar en como debemos usar a nosa información privada nas redes sociais por exemplo.

faa-raulma-
rtinez
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: Uso responsable das TIC
on: October 30, 2012, 01:23

Eu estou de acordo coa introducción das tecnoloxías na educación porque é un medio que, aparte de facilitar o metodo de aprendizaxe tamén nos permite buscar información necesario en tempo que en outros tempos era impensable. En canto ao que os inconvintes se refire dentro do sistema educativo é que supón un gasto moi importante ao estado, e nos tempos que corren só dende un punto de vista moi optimista se aplicarían melloras tecnolóxicas nos centros públicos. Xa bastante hai que preocuparse de que non sigan recortando en educación.

Por outra banda, no ámbito da devoción as novas tecnoloxías ofrecen un gran abanico de posibilidades para satisfacer os gustos de todo o mundo, e ademais coa mellora das comunicacións tamén aumenta a competencia entre empresas de productos tecnolóxicos, provocando así a continua mellora de productos de mercado a niveles económicos cada vez máis asequibles. Polo tanto case todo o mundo pode disfrutar de tecnoloxías destinadas á devoción. Pero isto tamén supón moitos inconvintes. Os máis destacables son o abuso destos aparellos, a manipulación destos aparatos por parte de xente coñecedora para obter información de xente allea e os timos, falsificacións, etc...

En canto o da franxa de idades non estou de acordo porque a poboación adolescente está máis iniciada no ámbito das tecnoloxías polo tanto sabe facer un uso máis seguro e responsable aínda que hai todo tipo de xente. Hai persoas máis responsables e hai persoas que non o son por iso non se pode facer unha clasificación como tal. Pero a un nivel xeral penso que conforme van crecendo as novas xeracións máis coñecementos teñen sobre as novas tecnoloxías.

faa-lidiam-
artinez
Newbie
Mensajes: 20
Mensaje Re: Uso responsable das TIC
on: October 30, 2012, 17:48

É certo que na nosa vida diaria nos encontramos con todo tipo de tecnoloxías, que nos ofrecen unha vida mellor e chegan a ser indispensables no noso día a día.
Hoxe en día todo o mundo ten ordenador na casa, Internet, televisións, cámaras, móbiles e videoconsolas. Sen todo isto a nosa vida non sería igual, non nos sentiríamos informados e estaríamos incomunicados.
Internet volveuse unha ferramenta indispensable no noso día a día, coa que obtemos todo tipo de información en segundos e coa que nos comunicamos dende calquera parte do mundo. Agora, nos institutos trabállase máis coas novas tecnoloxías, con blogues, foros, e outro tipo de ferramentas que nos axudan a descubrir novos mundos e cos que podemos aprender máis facilmente.
Traballar con estas tecnoloxías a nivel educatico é moi bo, e tamén para o noso lecer, xa que dispoñemos de todo tipo de videoxogos e redes socias como tuenti ou twitter que nos pormiten estar comunicados entre nos. Mais non todo son vantaxes, xa que un uso esaxerado destas tecnoloxías nos pode levar a unha grave enfermidade, polo que é necesario facer un uso responsable destas tecnoloxías e pensar, por exemplo, que non toda persoa que está detrás dun perfil dunha rede social é real o que nos leva a pensar en como podemos facer un uso adecuado da información privada nestas redes.

fab-daniel-
somoza
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: Uso responsable das TIC
on: November 1, 2012, 12:20

Eu creo que as tecnoloxías son boas xa que permitenos coller informacion dunha maneira sinxela e rapida pero se se abusan destas tecnoloxías pode chegar a haber trastornos ou vicios que perxudican a saude.

fab-martin-
amendoza
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: Uso responsable das TIC
on: November 1, 2012, 17:42

Dende o meu punto de vista estas tecnoloxías son a ferramenta perfecta á hora de facer traballos, exercicios ou para estudar. Xa que proporciónanos moitísima información o instante, cousa que unha enciclopedia non fai. Pero como todo, ten os seus inconvintes, para empezar non toda a información é correcta, ou non esta ben redactada e expresada ,creándonos confusións e ideas erroneas.
Esta tecnoloxía a parte de propocionarnos información, tamén ten moitísimos recursos de entretenemento, como as redes sociais, xogos... eu opino que esto último é bo pero sen abusar delas, xa que o abuso destas podenos proporcionar enfermidades que poden perxudicar a nosa saúde.
Polo tanto o uso das novas tecnoloxías é bo sempre que se use adecuadamente.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: Uso responsable das TIC
on: November 2, 2012, 11:44

😮 Daniel Somoza; creo que debes ter unha opinión moito máis ampla da que nos transmites na túa intervención; agardo que a próxima vez non sexas tan rácano.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: Uso responsable das TIC
on: November 2, 2012, 11:48

😉 Coñecedes algunha persoa da vosa idade que non teña móbil ou MP3? Poderíades levar unha vida normal se algún de vos non tivera móbil? Que pensarían o resto dos compañeiros?

fab-estela-
vilanova
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Uso responsable das TIC
on: November 2, 2012, 12:38

Creo que xa estamos demasiado acostumados á utilización da tecnoloxía nas nosas vidas, demasiado inmiscuidos neste caso, e unha vida sen teléfono móbil ou calquera aparello electrónico poderíanos ata dar medo. Penso que non debería ser así, que non teriamos que depender tanto destes aparellos, que ao fin e o cabo, non estiveron sempre para nós. É moi certo que nos aportan millóns de facilidades pero non hai que obsesionarse. Por outra banda, na sociedade, o uso dos móbiles é habitual e se algún compañeiro non tivese teléfono resultaríanos extrano, que repito, non debería.

Páginas: [1] 2 3 4 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.084 segundos.

Os comentarios están pechados.