Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 2 3 4 [5] 6 7
Autor Tema:Uso responsable das TIC TEMA CERRADO
fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: Uso responsable das TIC
on: November 6, 2012, 21:25

😉
E para rematar: pódese considerar que internet cambiou o noso modo de vivir?

faa-yasmin-
asanchez
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Uso responsable das TIC
on: November 6, 2012, 21:51

En primeiro lugar, como xa dixen anteriormente, eu coñezo persoas da nosa idade que non teñen teléfono móbil, nin tampouco a necesidade de telo, por que se pode facer vida perfectamente normal sen el, e non me parece para nada rara.

E eu creo que si os pais non queren que os seus fillos teñan móbil á nosa idade é porque non cren que teñan necesidade del, xa que eles á nosa non ós tiñan; tamén porque pensan que podemos facer un mal uso del, ou non ser coidadosos e perdelo ou que llelo rouben, etc., pero creo que a razón principal é que ao mellor non teñen a posibilidade de comprarlle un ó seu fillo pola economía, que xa sabemos todos como está hoxe en día.

E en segundo lugar, respecto ó tema das redes socias, penso que é como case todo, que teñen as súas cousas boas e cousas malas.

O mellor delas é poder comunicarte cos teus amigos ou coñecidos, ou mesmo coñecer persoas doutros lugares, dende calquera parte do mundo, en tan só uns segundos, e en calquera momento. E as persoas temos esa necesidade de comunicarnos para non sentirnos aislados, e as redes socias permítenolo.

Creo que o maior inconvinte de todos é que moita xente non fai un bo uso delas, xa que as mesmas redes socias te advirten para que privatices o teu perfil, para que persoas que non coñezas non sepan nada de ti que non queiras, que non compartas o número de teléfono e outros moitos datos persoais, que poidan facer que poñas en perigo a túa intimidade; tamén que poden crear adición, xa que a maioría das veces, que facemos utilización delas, pasamos moitas horas sen darnos nen sequera conta.

faa-cristi-
naporto
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Uso responsable das TIC
on: November 6, 2012, 21:54

A Internet si que nos cambiou a nosa maneira de vivir cada vez ocupa máis tempo nas nosas vidas, estamos a deixar de facer algunhas cousas para seguir conectado... durmimos menos, traballamos menos, saímos menos, aínda que xa case soe a tópico, a tecnoloxía que máis nos une ao mundo é tamén a que máis nos separa del polo menos fisicamente.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: Uso responsable das TIC
on: November 6, 2012, 21:59

😮 Cristina; e non ten nada de bo?

faa-cristi-
naporto
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Uso responsable das TIC
on: November 6, 2012, 22:05

Eu non coñezco a persoas que da nosa idade non teña mobil nin MP3. Pero eu penso que aínda que non o tuberan non pasaba nada porque moita xente con 14 anos e menos xa teñen o seu móbil e a esa idade penso que non e preciso que o teñan porque non lle dan un bo uso delas.

Os pais que non lle compran o móbil ao seu fillo a nosa idade e porque non precisa del ou porque pensan que non lle é tardío para ter un.

O mellor que ten estas tecnoloxias e que podes comunicarte cos teus amigos a tempo real sin necesidade de ir a súa casa ou con amigos que tes lonxe ou noutro país. O inconvinte que teñen estas tecnoloxias e o abuso delas ou o mal uso xa que moitos pais non saben que estan a facer os seus fillos mentres que estan na Internet ou saben o que fan pero pensan que as redes sociales que os seus fillos crearon están privadas ou que as persoas que teñen agregadas as coñecen a todas.

faa-yasmin-
asanchez
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Uso responsable das TIC
on: November 6, 2012, 22:15

Sí, creo que cambiou moitísimo a nosa forma de vivir, xa que agora mesmo utilízase para case todo, tanto para o traballo, os estudos e incluso para o noso tempo de ocio.

Ultimamente moitas empresas danse a coñecer mediante a rede, ao igual que moi artistas, ó ir colgando os seus vídeos en sitios como YouTube, e moitas veces estes son os que máis fama conseguen ou os que chegan máis alto.

Tamén mediante Internet podes conseguir ver canles doutros países e coñecer noticias que non se ven pola televisión, grazas a periódicos dixitais e outras moitas páxinas onde podes atopar noticias.

E tamén agora utilízase moito Internet en moitos colexios, institutos e demais para facer traballos, deberes e incluso estudar a distancia.

fab-estela-
vilanova
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Uso responsable das TIC
on: November 6, 2012, 23:23

Penso que cambiou radicalmente a nosa vida. Opino que gracias á súa aparición interesámonos máis polas noticias de actualidade, estamos postos ao día en case todos os ámbitos e obtemos un amplio abanico de opinións e distintos puntos de vista na información dada. Por outra banda, hoxe en día mediante internet podes realizar calquer tipo de compra se precisas de algo que non tes nun establecemento próximo, aprender un idioma ou incluso estudar unha carreira universitaria. Achegounos a un mundo dotado de todas as nosas necesidades e practicamente á man de todos.

faa-marina-
duran
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: Uso responsable das TIC
on: November 6, 2012, 23:26

Internet cambiou,e moito, o noso de vivir, e persoalmente creo que aína pode ir a máis.
Internet e a agrupación de moitas das vantaxes das novas tecnoloxias. Tendo dispoñibilidade a internet, podemos ver a televisión, e con maior contido que na televisión pública, tamén temos dispoñibilidade de escoitar música, e máis, para o resto dos mp3 e necesario descargar antes a música de Internet. Tamén é a forma de comunicación máis económica, directa, e soe ter menos problemas de interferencias co telefono, ademáis de permitir comunicación visual en directo.Mesmo no traballo, nos estudos, tanto como a facilidade para atopar información, como as axudas que nos ofrece no caso de dúbidas. Mirando desde o punto de lecer, as redes socias e xogos on line son a nova praga parao tempo libre (principalmente nos xovenes, pero dase en todalas idades). É unha maneira de estar en contacto co todo o mundo, de recibir e enviar información de maneira fácil e rápida.
E importante destacar, que internet esta en todas partes hoxe en día. Non só fixo nos ordenadores, senón tamén nos móviles,nas consolas, nas cámaras de fotos, e co wi-fi, poderás disfrutar de internet gratuito incluso en transportes públicos.

Tamén me parece interesante que aína cos das novas xeracións xa nacimos con él, e somos os máis "namorados do internet", esta revolución tecnolóxica non é (en moitos casos) nada descoñecido para persoas da terceira idade.Hoxe en día, pode que non todo o mundo sepa como funciona exactamente Internet, pero sí que é.

faa-marina-
duran
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: Uso responsable das TIC
on: November 6, 2012, 23:26

Internet cambiou,e moito, o noso de vivir, e persoalmente creo que aína pode ir a máis.
Internet e a agrupación de moitas das vantaxes das novas tecnoloxias. Tendo dispoñibilidade a internet, podemos ver a televisión, e con maior contido que na televisión pública, tamén temos dispoñibilidade de escoitar música, e máis, para o resto dos mp3 e necesario descargar antes a música de Internet. Tamén é a forma de comunicación máis económica, directa, e soe ter menos problemas de interferencias co telefono, ademáis de permitir comunicación visual en directo.Mesmo no traballo, nos estudos, tanto como a facilidade para atopar información, como as axudas que nos ofrece no caso de dúbidas. Mirando desde o punto de lecer, as redes socias e xogos on line son a nova praga parao tempo libre (principalmente nos xovenes, pero dase en todalas idades). É unha maneira de estar en contacto co todo o mundo, de recibir e enviar información de maneira fácil e rápida.
E importante destacar, que internet esta en todas partes hoxe en día. Non só fixo nos ordenadores, senón tamén nos móviles,nas consolas, nas cámaras de fotos, e co wi-fi, poderás disfrutar de internet gratuito incluso en transportes públicos.

Tamén me parece interesante que aína cos das novas xeracións xa nacimos con él, e somos os máis "namorados do internet", esta revolución tecnolóxica non é (en moitos casos) nada descoñecido para persoas da terceira idade.Hoxe en día, pode que non todo o mundo sepa como funciona exactamente Internet, pero sí que é.

faa-chusag-
uin
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Uso responsable das TIC
on: November 6, 2012, 23:57

Dende o meu punto de vista eu considero que internet cambiou moito o noso modo de vida, de como era hai seis anos a como é ahora. Hai seis anos maioritariamente a xente utilizaba internet escasamente, tan só para buscar información ou outro tipo de necesidade. En cambio, ahora case todos os "razpaces" de entre 13-22 anos pasan o seu tempo libre nas redes sociales (twitter, facebook, tuenti, etc)
E estou de acordo co que dixo a miña compañeira Mariña, de que este exceso de utilidade de internet pode ir a máis porque cada vez a xente que circula polas redes sociales é máis xonven, e iso implica que haxa tantos problemas con elas. Isto non quere decir que internet non teña ningunha vantaxe.
Eu creo que a vantaxe de internet é que podemos buscar a información que necesitemos dunha maneira sencilla, sen gastos da súa utilidade e a súa eficacia. Tamén nos serve para descargar música, ver vídeos, fotos, comunicarnos entre si dunha maniera rápida e instantanea, etc. Como di Estela, tamén é certo que nos facilita a información sobre a actualidade e sobre todo o que nos rodea.
E respeto o que di Mariña, eu coñezo a moita xente mallor (40-70 anos) que manexan internet con máis dificultade que a mocidade pero a súa maneira saben navegar por ela.

Páginas: First << 2 3 4 [5] 6 7
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.117 segundos.

Os comentarios están pechados.