Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 2 3 [4] 5 6 7
Autor Tema:Uso responsable das TIC TEMA CERRADO
faa-angelf
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: Uso responsable das TIC
on: November 6, 2012, 12:56

As redes socias é coma todo dependendo da responsabilidade coa que se empreguen poden ser marabillosas ou poden ser unha arma contra a sociedade. Numerosos dementes anda en busca, polas redes sociais, de vítimas que son irresponsables no uso destes espazos web, para así poder conseguir información, fotos ou vídeos para despois podelas chantaxear pedíndolle máis gravacións de contido, na súa maioría, pedófilos de nenos e nenas. Polo contrario se se emprega con un uso axeitado e con sentido común pois resultan ser unhas marabillosas vías de comunicación, xa que poderás falar, ver fotos e incluso ver e falar en vivo mediante as videoconferencias. Pero como ben indicou antes, todo é positivo, neste mundo, se a utilización é de sentido común e sabes o que a onde pode chegar todo o que ti digas, subas,etc.

fab-estela-
vilanova
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Uso responsable das TIC
on: November 6, 2012, 16:30

Opino que, unha das facilidades, e polo tanto unha gran ventaxa, é a posibilidade de que se realice unha comunicación a tempo real ou nun período de tempo moi curto, poder falar cos teus amigos en calquera momento do día, por exemplo. Por outra banda, as redes sociais supoñen un gran perigo para moitas persoas que non as utilizan debidamente. Aínda que se nos informa a conciencia destes perigos e o que se debe ou non se debe colgar nunha destas páxinas, sofres un gran risco. Non obstante, ninguén imaxina o noso día a día sen redes sociais. Penso que moitas das súas ventaxas contrarréstanse cos seus inconvenientes.

faa-soraya-
borrageiro-
s
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Uso responsable das TIC
on: November 6, 2012, 16:40

Penso que non coñezo a ninguén da nosa idade que non teña móbil. Antes os teléfonos só servían para chamar e enviar mensaxes pero agora, cas novas tecnoloxías, serven para moitísimas máis cousas; isto é bo porque agora xa podemos buscar información que precisamos dende calquer lugar sen ter a necesidade dun ordenador e aportan moitas facilidades máis. Pero tamén ten as súas cousas malas, xa que estes aparellos están creando unha especie de adición que non permite a algunhas persoas separarse do seu móbil. Se alegún compañeiro non tivera un outros pensarían que é una persoa extrana e algúns chegarían ao punto de tratalo dunha maneira diferente, pero penso que iso non debería ser así xa que se non ten un móbil é porque non quere, non pode ou polo que sexa, pero ese feito á xente non lle ten que imñortar.

faa-cristi-
napadin
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Uso responsable das TIC
on: November 6, 2012, 16:48

A nosa xeración medra nun ámbito moi acostumado ás novas tecnoloxías, estamos rodeados contínuamente de ferramentas consideradas do grupo TICs, tanto no tempo de lecer como na nosa educación.
Cada vez son menos as persoas que non posúen uns coñecementos básicos sobre este tema de actualidade ou simplemente que non teñan ningún aparello de este tipo como poden ser un teléfono móbil ou un ordenador portátil. Hoxe en día poderiamos decir que dependemos destas tecnoloxías e son case imprescindibles para as nosas vidas.
Pero como todo, estás invencións teñen unhas consecuencias ou problemas positivos e negativos.
Dende a miña opinión, sempre que usemos cada cousa correctamente e con responsabilidade terá resultados positivos, xa que gracias a moitas de estas novas tecnoloxías podemos obter moita información e entretemento, como por exemplo o internet cos seus programas e as redes sociais coas que contactamos con xente e aprendemos novas cousas. Pero non todo o mundo ten as mesmas intencións, moitas veces estas redes e programas son usadas incorrectamente co fin de danar a outras persoas ou insertar virus nos nosos dispositivos electrónicos.
Debemos ter coidado e alertarnos ante calquera descoñecemento ou dúbida, xa que están moi presentes temas como a pornografía infantil, o roubo de contas bancarias ou jackers que se introducen nos nosos ordenadores e alteran os nosos datos.
A pesar disto as TICs, como dixen anteriormente, tamén teñen efectos positivos na sociedade como a difusión de noticias, blogues ou foros nos que a xente expresa as súas opinións e outras multiples actividades que achegan aos usuarios todo ipo de comodidades e información.
Definitivamente penso que as novas tecnoloxias son un avance moi positivo na sociedade.

faa-soniap-
orto
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Uso responsable das TIC
on: November 6, 2012, 16:53

A internet é unha forma de vida indispensable para o día a día. Se perdemos a internet sería unha perda moi grande economicamente e tamén nas noticias. As TICs na educación está xenial pero hai un problema, que non vale so aparellos electrónicos que os profesores teñen que dar a clase de forma distinta e hai profesores que non o saben empregar. Para prever isto deberían ter un curso de especialización en dita materia para así poder utilizar este material nas súas clases. Eu creo que o abuso da Internet e perigosa debido que moita xente non a sabe empregar.
O uso dos blogs e foros é bo sempre que se digan cousas con coherencia e sen inventar nada.

Eu non coñezco a ningunha persoa da nosa idade que non teña móbil pero que non teña MP3 si. Eu creo que sin un móbil non poderías levar unha vida normal porque nos aporta moita facilididade ainda que o abuso disto e malo.

Eu non calificaría rara a persona que non tuvera un aparello electrónico xa que todos temos que ter unha certa idade para usalo con responsabilidade.

As vantaxes que che ofrecen as redes sociais e que podes comunicarte a tempo real e non necesitas ir a casa do teu amigo para avisarlle que quedamos a unha hora por exemplo.
Os inconvintes que teñen e de non utilizalos como se debería.

faa-noar
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Uso responsable das TIC
on: November 6, 2012, 17:21

En canto ao tema das redes sociais, para min o mellor e que te achegan a xente que botas de menos e coa que non podes estar todos os días. É moita a xente que ten amigos que viven lonxe, ou familiares que emigraron a outros países por motivos laborais, persoais, etc... Todos sabemos que podemos comunicarnos facilmente mediante chamadas telefónicas pero son moi caras, e máis aínda cando son a países extranxeiros, polo que as redes sociais permñiten poder comunicarte con eles dun xeito moi fácil sen mais dificultade que unha conexión a internete, algo que hoxe en día, moitas persoas teñen na casa, ou se non é fácil atopar un lugar onde poder conectarte a unha rede. Ademais de falar con eles tamén che dan a posibilidade de velos a tempo real e falar con eles "cara á cara" mediante videochamadas nos chat que son totalmente gratuitas.

Pero non se trata de defendelas, porque todos sabemos que tamém teñen o seu lado negativo, xa que calquera persoa se pode facer un perfil nunha rede social. Ás veces chegannos peticións de amistade nas que non coñecemos a esa persoa, pero nós aceptamolas igual. Hai que ter en conta que calquera puido crear ese perfil e poden estar enganandote, ademais da infinidade de timos que se fan día a día e dos que moita xente é victima.

Creo que todas, ou case todas as persoas que utilizan as redes sociais son conscientes dos riscos que estas traen, pero nunca pensas que nada disto che vaia acontecer a ti, e confiaste. Non obstante, os que están moi pouco informados son eses rapaces que se fan un perfil cando nin sequera teñen a idade minima que as diferentes redes sociais piden como única obligación. Estes rapaces abren un perfil por pura moda, por ter o que todos teñen, e en realidade non saben ben onde están, ata que chegado o seu día se van enterando de cousas que pasan e van abrindo os ollos. A verdade non penso que haxa unha solución a este tipo de problemas, o único que se podería facer sería informar aos rapaces dende máis novos para que saiban os riscos que poden correr e o mundo onde se integran no momento en que se crean unha conta.

faa-inesfe-
ijoo
Newbie
Mensajes: 3
Mensaje Re: Uso responsable das TIC
on: November 6, 2012, 17:44

Na miña opinión, creo que tal como estamos a vivir non poder contar con un teléfono movil é algo que non nos podemos imaxinar. Cada vez son máis as tecnoloxías que nos facilitan a nosa vida, estamos tan acostumbrados a elas que si nos falta calquera aparato electrónico non poderiamos vivir e por non falar da importancia que lle damos a que un non pode ser menos que o amigo ou veciño polo que sempre estamos cambiando de telefono porque xa ten novas aplicacións mellor calidade de imaxe e cousas asi, non lle damos tempo ao movil a que se lle acabe a súa vida, por decilo de algún modo, aos dous meses xa cambiamos de telefono porque xa saleu un mellor que o que temos. A parte na sociedade que vivimos vemonos obligados a ter que cambiar as tecnoloxías por unhas mellores porque non todo son inconvintes, tamén hai ventaxes á hora de traballar que nos facilita moito as couas. E para rematar a miña opinión, decir tamén que todo no seu limite está ben, á hora de ter as redes sociais como unha maneira de comunicación e compartir fotos e ter un sitio na rede en donde pasar un tempo está ben, pero hai xente que abusa moito delas e pasa todo o día nas redes sociais e mirando si hai novas ou calquera cousa. Temos que facer bo uso do que temos.

faa-albaca-
stro
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Uso responsable das TIC
on: November 6, 2012, 17:54

O mellor das redes sociais é que nos dan a posibilidade de comunicarnos con moita facilidade, sobre todo con esas persoas que están lonxe, hai outros medios para comunicarse, pero poderíase dicir que as redes socias son o medio mais fácil e económico.

Agora ben se non se fai un bo uso delas poden ter moi malas consecuencias, por exemplo, antes de rexistrarnos en algunha das diferentes redes sociais que existen, deberíanse de leer os dereitos que tes nela e como é o caracter desa rede social con respecto a privacidade.

Na miña opinión todo o mundo que utiliza redes socias sabe o perigo ao que se expón ao crear unha conta, pero logo tamén hai nenos que crean un perfil sen a idade mínima, que isto pase e logo os rapaces teñan problemas, na miña opinión non é responsabilidade nin ten culpa a rede social, xa que estas poñen un límite de idade. E as veces parece mentira que ocorran estas cousas xa que nos centros de ensino sempre se dan algunhas charlas sobre as redes socias e os seus perigos.

faa-lidiam-
artinez
Newbie
Mensajes: 20
Mensaje Re: Uso responsable das TIC
on: November 6, 2012, 18:10

As redes sociais como case todo, ten as súas ventaxas pero tamén os seus inconvenientes. Serven especialmente para comunicarnos cos nosos amigos e coñecidos ou para conocer a xente nova. Podemos comunicarnos con xente que se encontra noutro continente en segundos. O ser humano é alguén social, que necesita estar comunicado en todo momento, e as redes sociais permítennos esto, non perder a comunicación con ninguén.

Por outro lado encontrámonos cos seus inconvenientes. As redes sociais poden ser perigosas se non se configura a privacidade correctamente, xa que estamos expoñendo a nosa vida privada. Nas redes sociais tamén nos encontramos con casos de suplantación de identidade. En casos extre,os poden ser usadas por criminais para coñecer todos os datos das súas víctimas, por isto é tan importante a privacidade das nosas vidas. E como soe pasar coas tecnoloxías poden ser adictivas, xa que podemos pasar horas e horas falando sen darnos conta.

A pesar de todo na maioría dos casos penso que as redes sociais son utilizadas con precaución e unha gran ventaxa para o noso día a día. Creo que teñen máis ventaxas que inconvenientes e que son imprescindibles para o noso día a día.

fab-alexan-
dregrandal
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Uso responsable das TIC
on: November 6, 2012, 21:00

Para min as redes sociais son un sistema moi práctico de falar cos compañeiros fora do horario escolar, ademáis permiten subir fotos ou outros contidos que ensinar a un amigo. Así mesmo para preguntar dúbidas das clases ou doutros temas son moi cómodas.
Non obstante non debemos olvidar que estamos en internet, unha rede chea de persoas algunhas boas e outras malas e sempre temos que ter control do que facemos, xa que dos descoñecidos non podemos saber nada de certo.
A nosa idade todos deberíamos ter o sentido común suficiente para xestionar a nosa vida social, tanto física como virtual, sen expoñernos a perigos. E se esto é así podemos sacarlles moito partido a estas tecnoloxías da información e a comunicación.

Páginas: 1 2 3 [4] 5 6 7
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.126 segundos.

Os comentarios están pechados.