Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 [2] 3 4 5 >> Last
Autor Tema:Sentido e sensibilidade TEMA CERRADO
fab-zayrav-
azquez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Sentido e sensibilidade
on: February 21, 2013, 18:23

Eu desde o meu punto de vista, non considero arte as corridas de touros debido a que os touros sofren como calquer ser vivo.
A min as corridas de touros non me parecen apropiadas , pero a moitos estranxeiros é o que os motiva para visitar o noso país e difrutar da nosa cultura taurina.
Pero leva moitos anos sendo tradición da nosa cultura e dudo que o prohíban.

fab-estela-
padin
Newbie
Mensajes: 4
Mensaje Re: Sentido e sensibilidade
on: February 21, 2013, 18:41

Estou totalmente en desacordo coas corridas de touros. Paréceme algo vergonzoso que en España se faga tal cousa, son animais e non hay que facerlles iso. Como dixo Miguel, as corridas de touros poderíanse celebrar sen ter que facer dano a nada. E para nada o considero un arte.

faa-margar-
itabarreir-
o
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Sentido e sensibilidade
on: February 21, 2013, 18:43

Na miña opinión os espectáculos taurinos son unha crueldade, non cultura. Eu creo que son crueis porque todos os animais teñen sentimentos e e dereitos. Paréceme moi mal que a xente disfrute vendo a un touro desangrarse lentamente ata a morte. Pero a "cultura taurina " está demasido arraigada en España polo tanto todos temos que unirnos e colaborar contra estes espectáculos para que os touris deixen de morrer tan cruelmente.

O único "bo" por así decilo que teñen as corridas de touros é que grazas a esta tradición moitas das razas de touros salvaxes que vivian en toda Europa se estan a conservar só en España.

En resumo: as corridas de touros son crueis e inhumanas e probablemente estean en contra dos dereitos dos animais pero se non fose por estas corridas de touros igual nos non coñeceriamos a un animal tan icríble e fermoso.Asique igual existe un equilibrio entre a conservación de estes animais é as corridas de touros,a solución está ao noso alcance,simplemente necesitamos encontrala.

A paulatina desaparición do touro ou que continúe o seu sufrimento.

faa-irenet-
roncoso
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Sentido e sensibilidade
on: February 21, 2013, 19:18

Non chamaría arte as corridas de touros parecenme unha crueldade para o animal entendo que é unha tradición moi arraigada en España e e que hai persoas que a respeta pero penso que nos tempos nos que vivimos esa tradición non ten moito sentido non lle vexo que poda ser divertido ver morrer lentamente a un animal ademais obviamente non estan nas mismas condicións.

fab-lauraa-
ragunde
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Sentido e sensibilidade
on: February 21, 2013, 20:10

Eu estou en contra das corridas de touros desde sempre, paréceme que é abusar moito dun animal que sofre como outro calquera. Non entendo á xente que paga por ver como sofre e como matan a un animal, ademais porque o touro está sufrindo dende o principio ata o final e a min eso paréceme unha verdadeira crueldade. Sempre hay persoas que respetan ao animal nas corridas de touros pero noutros lugares de España víronse situacións totalmente terribles nas que o touro sufría dunha maneira incrible e a xente divertíase á súa conta; por fortuna moitas destas tradicións xa se eliminaron.
Desde o meu punto de viste, deberíanse de eliminar todo tipo de espectáculos desta clase e respetar os dereitos dos animais

faa-marina-
duran
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: Sentido e sensibilidade
on: February 21, 2013, 21:17

Leendo as opinións dos meus compañeiros parece que cada vez está máis consolidada a idea de que as corridas de touros nin son un arte nin se está de acordo con elas. Mais penso tamén que os puntos de vista son moi diferentes dependendo da zona española onde se habite, xa que nos esa cultura taurina coñecémolo, polo xeral, dende lexos. Non escoitamos que ninguén do noso arredor queira ser toreiro, nin que ninguén da súa familia o fose, ou que vexa corridas habitualmente como podemos ver nos o fútbol. Non obstante, esa cultura en España existe, é nalgunhas zonas ou para algunhas persoas esta moi consolidada. Non creo que se eliminen os touros, polo menos nestes tempos, por que estemos de acordo ou non, move moitos cartos, e todo o que teña que ver con iso en época de crisis é un tema fráxil. Pero aínda así, penso que se comeza a tomar un camiño en defensa deses animais, e que pode chegar a algunha parte se segue habendo xente que proteste polos que non poden protestar.
A min dame algo de vergoña cando nos identifican só cos touros, toreiros ou corridas, non penso que sexa o que máis nos defina a maioría.

faa-yasmin-
asanchez
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Sentido e sensibilidade
on: February 22, 2013, 01:05

Para min as corridas de touros son un arte, porque unha corrida na praza é espectacular, estáse en tensión en todo momento, porque tanto o toreiro pode matar ó toro, como o toro ó toreiro, xa que están nas mesmas condicións, vale que o toreiro leve estoques pero tamén o touro ten dous pitóns que atravesan ó toreiro e o poden matar no acto; e non todos os touros morren nas corridas, xa que hai indultos para o animal, tanto como se foi noble na corrida,tivo forza para aguantar tantos estoques na corrida e tamén cando o toreiro ve que ise touro pode servir como semental, tanto pola forza e pola nobreza. E ó touro que indultan xa non volve a torear, e vai ter unha vida mellor ca que tivo antes das corridas, xa que só ó van utilizar como semental
No único en que non estou dacordo é en que os touros sufran, porque creo que se poden facer corridas doutras maneiras por exemplo, en vez de darlle un estoque e que se lle clave, poderíase facer para que se pegue e así o touro non sufra; e aínda así creo que se viviría da mesma maneira.
Pero creo que hai que respetar esta tradición, ao igual que se respetan outras moitas.

fab-rocior-
ivas
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Sentido e sensibilidade
on: February 22, 2013, 19:27

Non os touros sempre están nunha situación de inferioridade porque os toureiros sempre lebana de gañar.
os animais sufren cando se lle fai dano pero para nos, velos sufrir e unha diversión e non nos estamos dando de conta do dano que lle estamos a causar tanto a eles como indirectamente a nos mesmos. esta situación deberíamola intentar cambiar entre todos, por que a morte dun ser vivo non deberia ser motivo de festa, diversión e pasalo ben.

fab-adrian-
aribeiro
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Sentido e sensibilidade
on: February 22, 2013, 20:35

Non estou dacordo ca tauromaquia pero tampoco en desacordo, xa que me parece unha tradición española dende hai moitos anos. Estou a favor na arte que ten o toreiro ó torear, pero facer sufrir ó animal non sería necesario. Case todos opinamos das corridas de touros, pero que queda doutras festas coma os "touros embolados"? Esa tradición si que me parece cruel, xa que non atopo o sentido de plantarlle lume ós cornos do animal. Gracias a esta tradición seguen vivindo moitas razas de touros que deixarían de existir xa que ninguén estaría interesado en crialas.
Na miña opinión a tauromaquia ten diferentes practicas algunhas defendibles, e outras non... Todo o mundo se alarma co tema dos touros, pero ninguén se parou a pensar no verdadeiro trato doutros animais coma os dos circos o incluso dalgúns zoolóxicos.

fab-beatri-
zrivera
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Sentido e sensibilidade
on: February 22, 2013, 20:44

Eu considero que iso, non é nin tradición nin cultura, trátase dun asasinato público, o touro, ao igual que o ser humano, é un ser vivo, polo que a súa matanza é un acto dunha crueldade tremenda.
Con respecto, ao de que é un símbolo de España, non creo que sexa moi bonito que no resto do mundo nos relacionen con asasinos. Con todo, considero que a tauromaquia debería considerarse un delito e non unha tradición nin unha cultura, e moitísimo menos, un arte.

Páginas: 1 [2] 3 4 5 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.169 segundos.

Os comentarios están pechados.