As migracións, unha viaxe chea de perigos

Dende o IES Chan do Monte un interesantísimo post dun alumno.

A migración prodúcese xeralmente antes e despois da época de cria. Durante ésta, os animais migratorios son obxecto das variacións estacionais do medio e presentan cambios tanto físicos coma psicolóxicos.

principais rutas migratorias de avesOs exemplos mellor coñecidos de migración son os desprazamentos anuais de aves, nos que bandadas de aves nativas de zonas templadas e árticas buscan a finais do verano e en outono rexións mais calidas, regresando aos seus territorios orixinais de anidación na primavera. Un exemplo espectacular é o da Andoriña do Ártico, que cría a temperaturas de oito graos no polo norte e inverna na Antártida.

Estas migracións estacionais tamén se producen nalgúns mamíferos, especialmente aqueles parcial ou totalmente acuáticos. A foca de Groenlandia realiza longos viaxes dende Groenlandia ata as illas Spitsbergen e Jan Mayen, onde nacen as súas crías. Moitos morcegos do norte de África desprázanse a zonas invernais máis cálidas. A migración de grandes mamíferos africanos está determinada polas estacións seca e húmida. As manadas de animais como as de ñúes, cebras e elefantes dispérsanse durante a estación húmeda, congregándose de novo na estación seca nas charcas, tras recorrer con frecuencia distancias de ata 1.500 Km ou máis.

migracion do salmón

Moitos peixes emigran dende o mar aberto hacia augas costeiras máis cálidas, e desde o norte hacia rexións do sur con temperaturas máis elevadas nos meses invernales. O salmón ascende a contracorrente dende o océano a través de diversos ríos para desovar, e a maioría das anguias descenden dende os ríos hasta o mar co mesmo propósito.

Formuláronse moitas teorías para explicar a orixe das migracións, e dos mecanismos fisiolóxicos que guían aos animais nos seus desprazamentos migratorios, aínda que polo momento, os zoólogos non consideran ningunha totalmente satisfactoria. Os desprazamentos estacionais das aves e da maioría doutros animais migratoriós están motivados por unha conbinación de estímulos internos e externos que liberan un “gatillo” fisiolóxico de migración. Sen embargo, unha vez que un animal comece unha migración, é posible que sexan moitos os factores que interveñan para que alcance o seu obxetivo.

 

Un fin de semana intenso

imagen

Nesta fin de semana, os blogfesores de Climántica formamos parte dos 800 docentes que asistimos ao I Congreso Climántica de Respostas Educativas ao Cambio Climático, un certamen que superou ás nosas expectativas, tanto pola calidade e interés das alocucións dos poñentes que se retransmitiron en directo desde a web do congreso .

Unha ocasión onde aproveitamos para  vernos e comentar entre  nós cuestións relacionadas coas bitácora, cos proxectos educativos que estamos a desenvolver e facer unhas risas ,que sempre veñen ben para cohesionar calquera comunidade.

Na mesa TIC,  se puxeron a debate temas relacionados coa avaliación das bitácoras, coa súa integración nas programacións e outras inquedanzas que sempre xurden cando introducimos un proxecto innovador como Climántica nas aulas . En definitiva, compartimos  experiencias e reflexionamos sobre as preguntas ¿ Cómo poden influir as TIC na comunicación e educación para o Cambio Climático?¿ De qué xeito as integramos nas aulas?

Un fin de semana intenso, interesante  e  desde logo moi enriquecedor, tanto polas conferencias   dos poñentes como polos interés e  cariño que mostraron os e as asistentes ao congreso polo Proxecto Climántica.

Se vos parece, podedes deixar as vosas opinións nos comentarios deste post.

N.B: En breve, tódalas exposicións se poderán ver en vídeo  na web central. Polo momento podedes disfrutar da conferencia de Manuel  Campo  Vidal , un  xenio da comunicación.

 

A Isla das Ciencias

imagenHoxe traemos ó blog  o segundo premio a materiais curriculares  do 2005 do antigo CNICE, a web ” La Isla de las Ciencias” de Manuel Merlo, onde, mediante unha serie de actividades se investigan diversos aspectos relacionados coa Bioloxía e a Xeoloxía nunha isla ficticia.

A páxina se divide en catro bloques de contidos,subdivididos en 10 unidades didácticas con enlaces, glosario e guías didácticas :

  1. Utilización das tecnoloxías e métodos de investigación en ciencias.
  2.  Estudo do releo, corteza terrestre e métodos de datación e historia xeolóxica.
  3. Herencia de caractere, mecanismos de evolución, e formación de novas especies
  4. Estudos de ecosistemas, dinámicas de poboacións e impactos ambientais.
 

A auga, un recurso indispensable

Desde Ambietech, unha excelente aplicación onde se desenvolven contidos relacionados co ciclo natural da auga, as súas características físicoquímicas e algún exemplo de aplicación na vida real como o ciclo urbán da auga .  Premede na imaxe para entrar.

captura-de-pantalla-2010-05-02-a-las-234521.png

 

Auga


 

Un bo exemplo de presentación para o congreso de autores que de paso nos serve para tratar o problema da auga potable, responsable de máis mortes que as que provocan as guerras en curso na actualidade mundial.

 

Desenroscando

Premede na imaxe e … A disfrutar!

imagen

 

Empregando Ferramentas Científicas…..As Claves Dicotómicas

 Desde logo en Climántica temos a sorte de contar con eses profesores e profesoras que ademáis de ser expertos na materia marcan a excelencia en didáctica, pedagoxía e comunicación. Como mostra, outro dos excelentes traballos aos que nos ten acostumados o compañeiro do CPR Los Sauces Ramón Cabanelas.

clave dicotómica é  unha ferramenta que permite identificar aos organismos e materiais empregados en Bioloxía e Xeoloxía. Hai claves para determinar animais, plantas, fungos, monera, protistas ou rochas e minerais; claves que alcanzan o nivel de especie, xénero, familia ou cualquera outra categoría taxonómica, e se traballamos con rochas ou mineraris exacamente igual.

Unha clave dicotómica basease en definicións dos caracteres morfolóxicos, macroscópicos ou microscópicos; dela parten dous solucións posibéis, en función de se teñen ou non teñen determinado carácter ou característica, repetíndose o proceso de definicións de características, ata chegar ao organismo en cuestión, ou ao mineral ou rocha determinado.

FloresEstas afirmacións están nominadas de distinta maneira, con números arábigos ou romanos, con letras, con símbolos, indentados, etc.

Por exemplo:

1a. Planta con flores azuis ou violeta……………. 2
1b. Planta con flores amarelas ou brancas ……… 3

2a. Planta con flores azuis …….. especie A
2b. Planta con flores violeta …….. especie B

3a. Planta con flores brancas…….. especie C
3b. Planta con flores amarelas ….. especie D

O seu empleo consiste sempre en tomar unha e so unha das duas alternativas; hai que ler primeiro as duas afirmacións e optar por unha delas. A afirmación que se errou non se volve a contemplar no desenvolvmento da determinación.

Aquí tedes unha presentación cun exemplo de claves dicotómicas para determinar diferentes tipos de Carábidos (Escaravellos)…..

Observade o seguitne vídeo, e lembrade o que fixemos na clase en Grupos de Traballo, cos minerais e as rochas:


Como vedes tampouco e tan complicado, así que agora vos toca a vos reunirvos en grupos de traballo, e voltar facer unha clave dicotómica para outros catro tipos de rochas diferentes ou ben minerais; lembrade que no exercicio empregamos: conglomerado, lousa, pedra de gra, xisto e granito.

 

Acoso, ciberbuillyng, e-legalidad…

 imagenDe todo esto e moito máis nos informan desde o Temático de Comunicación. Un tema que nos preocupa a todos e todas.Deixovos os links directos para leer na bitácora .

 ¿Por qué replantear los derechos de la infancia en Internet?

 ¿ Qué hacer ante el ciberbuillying?

 Guía para la gente legal en Internet

 Delitos temáticos

 Derecho a la dignidad en Internet

Internet sin acoso

 

Leer para celebrar o día do libro

imagenXavier vive  no campo, estudia e ,  na fin de semana,  anela  aves e axuda  o seu  pai  a cuidar lcabalos. Un día,  o escollen na televisión como “amigo da Natureza” sen decatarse de que aos catorce anos xa se poden ter ideas propias que poñeran en peligro os plans dos adultos…

Unha divertida novela de Gonzalo Moure  para xoves de 12 a 15 anos.

imagenQuen dixo que ler un cómic non era ler? Aproveitamos este día para leer os dous números de  Palmira a Marcial nas aulas ou nos blogues premendo directamente aquí. 

Autores : Francisco Sóñora, José Lires e Fran Bueno.

imagen Unha aventura trepidante no parque do Pasatempos en Betanzos cun asunto de espionaxe de sistemas informátícos como pano de fondo, onde se suceden tiroteos, carreiras e sustos a esgalla e, de paso, nos axuda a coñecer o noso patrimonio.

Unha marabillosa novela de Miguel Vázquez Freire.

 

Alfabeto para o Día Mundial da Terra

No ano 2008 a ONU elaborou un material didáctico moi interesante: un Alfabeto do Día mundial do Medio Ambiente onde se recollían por orde alfabético oitenta propostas medioambientais.  Como forma de celebrar este día nos blogues vos propoño crear un alfabeto para celebrar  o  Día Mundial da Terra e de paso  fortalecer o noso contacto, que esto do feedback no blog guía as veces faise necesario.

Comenzamos:

imagenA      Actividades nos blogues de Climántica

B   Batallóns Climánticos nos corredores para apagar as luces innecesarias

  Concurso de viñetas

  Debate nos foros sobre a stuación do noso planeta

  Espectáculos sobre temas medioambientais

Familias que deixan os seus consellos sobre como salvar á Terra nos comentarios dos blogues de aula

Grupos de reciclaxe nos colexios

Honrar á Terra no seu día plantando unha horta no centro

I   Iniciar unah campaña de recollida de pilas e publicitala nos blogs

K  Kilómetros a pé

Lecturas mediambientais  sobre o planeta nas páxinas dos blogues

M Mandar unha mensaxe as autoridades para que se poñan de acordo para resolver os problemas que afectan á Terra

Noticieiro da Terra nas páxinas dos blogues

O Organizar un evento en Tuenti sobre o Día da Terra

P  Postear, postear e postear

Q Quendas de recreos para desenvolver un mural sobre a Terra

R  Reciclar o papel do colexio ou instituto

S  Subastar libros usados para comprar semillas e facer un invernadoiro no centro

T  Treboada de C

Usar o bus para ir ó cole

 V  Visitar outros blogues de centro

Wenceslao Fernández Flórez é un bo autor para introducir nos blogues

Xerar cómics co tema central deste día

Z  Zapping no canal de National Geographic para ver documentais