Choiva Ácida
O Rainbow Warrior xa atracou no porto de A Coruña
 O buque insignia de Greenpace atracou esta tarde no porto da Coruña, dentro do programa de visitas a distintas cidades españolas que está a desenvolver esta organización ecoloxista con motivo do seu 25 aniversario.
O buque está a representar un papel de “Embaixador do Clima” denunciando en cada escala os efectos locais do Cambio Climático global .
Podemos aproveitar a noticia para animar ós rapaces a que visiten a web de  Greenpeace e comenten nos foros de CCMC a lectura do documento “Descubre sus efectos” que atopamos na páxina principal.
Imaxe: Amador Lorenzo en  Xornal.co ...
Reciclar e tocar
Ese é o nome da web do ifstyc gañadora do terceiro premio   a materiais curriculares 2006. Escarvadentes, cepillos e calquera outro obxecto que poidades imaxinar para por a proba a vosa creatividade á hora de reciclar para construír instrumentos musicais. O mellor de todo é que poderedes trasladar as obras de arte visuais ás vosas clases. Premede na imaxe para comezar:

Xa nos contaredes como foi a experiencia!
Twitter na educación.
Twitter é unha mestura entre un o sms e o messenger, que está facendo furor en determinadas áreas como entre xornalistas. A ferramenta combina a rapidez dun sms e a personalidade do messenger e o seu éxito (máis de tres millóns de usuarios en dous anos) radica na súa facilidade de uso.

Como toda ferramenta da web 2.0, Twitter baséase fundamentalmente nas redes sociais, é dicir, pode ser útil para o aula na medida en que socialización e educación están relacionadas.
Nesta presentación podedes visualizar vinte usos da ferramenta no aula: Microcontos, datos reais do mundo ( temperatura, localización, un suceso determinado, etc.),
Aprender a reciclar
Fonte: Repsol
AÍ VÉN O MAIO
Qué mellor forma de gozar da literatura  que cunha preciosa adaptación da canción de Luís Emilio Batallán sobre o poema de Curros Enríquez?

Un recurso moi aproveitable para as actividades de Climaeucambio.
Que pensades facer con el?
17 de Maio: Difundir a lingua desde os blogues de Climaeucambio
celebramos simultaneamente o Día de Internet, o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información e o Día das Letras Galegas. Unha xornada especialmente propicia para reflexionar sobre as posibilidades que as tecnoloxías da rede nos achegan para a normalización da nosa lingua e a difusión e creación  de actividades nos blogues de Climaeucambio.



Blog de Eduardo MB sobre Ramón Piñeiro 
Explorando o Cambio Climático
Desde as páxinas de Ambietech podedes acceder a esta actividade sobre Cambio Climático nas que os rapaces poderán avaliarse de moitos dos contidos do libro de Climántica que estades utilizando  nas aulas.


Fonte : Ambietech
Por certo? Para cando esas actividades que queredes compartir con nós? Que temas estades tratando nas aulas co texto de Climaeucambio? Agardamos as vosas resposta ...
Glosario de nubes
Hoxe visitamos a  fantástica páxina do Cinam e Meteogalicia para aprender sobre os tipos de nubes.
Unha secuenciación  sinxela para a aula pode ser:

Levalos a aula multimedia e que observen, lean e pregunten sobre as nubes e a súa clasificación.
 Levalos nunha segunda sesión o laboratorio ( ou na aula se está ocupado) a que fabriquen nubes
Animalos a facer unha exposición fotográfica sobre este tema

Misterios da choiva e da neve
Canta neve cae no mundo diariamente ? Onde? Que cantidade de auga precipita sobre a Terra en forma de orballo?
Estas e outras preguntas son as que  pretende respostar  unha nova misión da NASA  para a profundizar no coñecemento do sistema climático da Terra.
E, de paso que entramos no site aproveitade para dar unha volta: Non ten pérdida , desde enviar unha historia da NASA a un amigo, ate practicar ciencia en vivo con S´cool,  xogar en Spce Kids, convertirte nun astrónomo,….