Día Mundial da Auga e a Hora do Planeta 2010
Hoxe se celebra en todo o mundo o Día Mundial do Auga 2010, baixo o lema : Auga Limpia para un mundo sán., unha data que non debería pasar desapercibida nos nosos blogues.
Para todos aqueles alumnos que  están preparando o seu traballo para o III Congreso de Autores CLMTK sobre este tema,   deixovos o link ao Portal Auga da Unesco, un site imprescindible.
Outra celebración, o   27 deste mes a organización WWF  convoca, como o ano pasado,  o evento  La Hora del Planeta. iniciativa que persigue  concienciar sobre a loita contra o cambio climático, cun apagón mundial, onde miles de personas apagarán a luz durante unha hora en solidaridade co medio ambiente .
Desde Climántica nos sumamos a esta iniciativa, levándoa aos blogues de aula e animándovos   a que os rapaces e rapazas das vosa aulas deixen as súas opinións sobre este tipo de actos.Como novidade, e ate o día 23 poden deixar as súas preguntas na páxina de entrevistas dixitais do xornal El País onde Mar Asunción, a responsable do Programa de Cambio Climático de WWWF España lles contestará.
Aquí vos deixamos o vídeo promocional da campaña con canción incluida.
Rexistros do Xynthia polo IES Porta da Auga en Ribadeo
Desde o Temático de Metereoloxía da blogosfera  Climántica Juan Taboada  móstranos un excelente exemplo de traballo coas estacións metereolóxicas nun centro educativo, animamos desde aquí a tódolos centros adscritos o proxecto Climaeucambio a que se animen a mostrar os seus resultados nos blogues de aula. Non sempre se pode contar coa presencia dun experto como Juan para asesorarnos!!!
Dende o IES Porta da Auga en Ribadeo fannos chegar os rexistros obtidos na noite do sábado día 27 de febreiro por unha estación meteorolóxica automática da casa Davis.  As medicións podédelas ver no blog do centro. Estas medicións serven perfectamente para explicar as características deste fenómeno.
Podemos comezar polo rexistro de presión:
presion_atmosferica_31.jpg
Vese como a presión foi descendendo rápidamente durante a mañá e nas primeiras horas da tarde. O descenso podémolo cuantificar en 35 mb en 24 horas. Pero coa mesma intensidade que baixou recuperouse posteriormente. Isto marca claramente a explosividade do fenómeno. O centro de borrasca pasou moi preto de Galicia e fixo que as variacións de presión fosen enormes.
Vexamos agora o rexistro de temperatura. Lóxicamente nestes eventos centrámonos moito no vento e as choivas, por ser parámetros potencialmente peligrosos, pero as temperaturas son moi ilustrativas do tipo de fenómeno que vivimos o día 27.
temperatura_3.jpg
Como temos explicado neste blog, as borrascas que afectan a Galicia e se forman nas latitudes medias do hemisferio norte e extraen a súa enerxía das diferencias de temperatura que existen entre a masa de aire fría de orixe polar e as masas de aire máis cálidas de orixe subtropical. Este ano o aire polar está descendendo moito en latitude e por iso estamos vendo que as borrascas estanse formando máis ó sur do habitual e afectando polo tanto a zonas como Canarias e Andalucía occidental. Neste caso a explosividade da borrasca viña dada, entre outros factores, pola gran diferencia de temperaturas no seu centro. E isto pode verse perfectamente nesta gráfica. Tede en conta que a traxectoria aproximada de Cynthia foi a seguinte (este gráfico saiu dunha entrevista que me fixeron o domingo no xornal Faro de Vigo, cando aínda estabamos analizando o fenómeno e polo tanto ten un carácter preliminar):
sinttulo2vk.jpg
Así, de forma aproximada podemos ver como na zona de Ribadeo afectounos a parte cálida da borrasca a partir das 6 e media da tarde, cando xa estaba saíndo cara o Cantábrico. A baixada das temperaturas deuse unhas dúas ou tres horas máis tarde. A oscilación é espectacular, subindo caseque 7ºC de golpe e baixando algo máis lentamente. Polo tanto podemos pensar que en poucos kilómetros ó redor do centro de Xynthia había unha diferencia de 7-8ºC, realmente enorme, e que en parte explica que aínda se profundizase máis no seu percorrido polo Golfo de Biscaia.
Finalmente os dados de vento son tamén ilustrativos do momento no que Xynthia pasou pola costa Cantábrica á altura de Ribadeo:
velocidade_vento_3.jpg
As velocidades máis fortes medíronse contra as 7:30 da tarde. Esto quere dicir que posiblemente o gráfico do xornal (Faro de Vigo) estea algo retrasado. De tódolos xeitos os ventos máis fortes se deron cando o centro estaba ó oeste de Ribadeo. Faltaría saber a dirección predominante, pero podemos supor que sería de oeste-noroeste. Vendo o gráfico de temperatura e vento de forma combinada podemos pensar que o paso de Cynthia fronte a Ribadeo tivo lugar sobre as 20:30 horas. Entendo que nesta gráfica estamos vendo velocidades de vento sostido e non refachos. Unha das características destes eventos e que os refachos se van bastante por riba do vento promedio. Na estación que MeteoGalicia ten en Pedro Murias se rexistrou un refacho máximo de 88.9 km/h sobre as 20:30.
En conclusión, estes gráficos ilustran perfectamente o fenómeno que se viviu a diferentes horas en diferentes puntos de Galicia. Vemos que a parte máis intensa da borrasca era moi pequena para a escala que normalmente teñen estes fenómenos e non sendo a presión, ata que estivo bastante próxima non se comezou a notar, e coa mesma rapidez que chegou continuou a súa viaxe polo Cantábrico.
Espero que esta explicación aclare algo máis o fenómeno e aproveito para agradecer os responsables do instituto que me fixeran chegar estas series e o seu interese en interpretalos e doulle os meus parabéns polo calidade  dos dados.
Saúdos,
Juan Taboada
III Congreso de Autores Climántica e Premios Climántica para estudantes
Dende principio de curso vimos dando a coñecer,desde o  tres Blogues Guía , distintas ferramentas e aplicacións que fosen útiles para ampliar o espectro de actividades e traballos  que o noso alumnado pode  presentar no III Congreso de Autores Climántica e Premios Climántica para estudantes.
Ós que asistiredes por primeira vez, só transmitiros as excelentes impresións que tanto o profesorado como os alumnos que xa teñen participado nas pasadas convocatorias nos comunicaron. Non é  doado reunir a 500 adolescentes  movidos por unha causa común : a loita contra un dos máis graves problemas aos que se enfrenta a Humanidade , o Cambio Climático. Tampouco é sinxelo reunir  a variedade, cantidade e calidade  de traballos cos que os xóvenes, baixo  a tutela dun  profesado excepcional, puxeron voz ás súas inquedanzas e que podedes ver na sección de alumnos da Biblioteca Climántica e nos números 1º e 2º da  revista CLMTK. Sin embargo, esto é o que leva ocurrindo desde fai dous anos nas respectivas convocatorias deste evento  que pretende promover actitudes máis sostibles co medio a partir da educación para o Cambio Climático.
A conta atrás xa comenzou, desde o venres pasado ate o 10 de maio poden enviar os seus traballos a climantica@climantica.org e consultar os tipos de aportacións, condicións e premios premendo na imaxe.
iiicongresoconv.png
Como novidade para todos, este ano Climántica vai a elexir dous dos doce delegados  que representarán a España na Conferencia  Internacional Infanto-Juvenil “Cuidemos el planeta” que se celebrará nos días 5-10 de  xuño deste ano na cidade de Brasilia, por este motivo se elexirán un mozo e unha moza de 12 a 15 anos que nos represente.
Os  dous criterios para a selección destes dous representantes galegos neste evento serán a participación e premios acadados nas distintas convocatorias dos Congresos de Estudantes e  as súas aportacións  para a redacción do documento “Carta do Compromiso dos Estudantes de Galicia co Planeta” que se elaborará a partir dunha wiki “Wiklimantica.com”que xa podedes presentar aos vosos alumnos para que deixen o seu  nome e mail  e así lles avisaremos en canto poidan participar.
wiklimantica
Wiklimántica constituirá un espazo onde os estudantes aportarán ideas utilizando distintas lenguaxes: textos, curtos, animacións e críticas positivas que posibiliten o desenvolvemento dunha novela colectiva. O proxecto estará coordinado por expertos e se desenvolverá en tres fases:
1. Choiva de ideas para decidir a temática.
2. O equipo de redacción seleccionará as liñas que lle parezan máis interesantes e someteraas á votación da comunidade.
3. Coa temática xa seleccionada, empezará a construcción deste relato colectivo, sempre guiado polo equipo de redacción de xeito que unha vez rematados e cohesionados todos os capítulos, só quedará a elección do título e aspectos gráficos da edición que tamén se fará de forma consnsuada pola comunidade Wikiclimántica.
Todo un reto que ven  a ampliar os obxectivos interdisciplinares na Educación para o Cambio Climático no que vos  invitamos a que animedes a participar  aos rapaces e no que esperamos contar coa vosa valiosa colaboración.
Deixade calquera dúbida ou suxerencia nos comentarios.
Estudio de animacións virtuais
Na páxina de Anibbon atopamos esta sinxela aplicación para crear animacións Shapeshifter de Aniboom. Desde a bitácora de diseño e artes gráficas Blografos podedes acceder a un videotitorial.
Premede na imaxe para entrar na páxina:
imagen
Unha excelente   ferramenta para ir preparando os traballos que presentedes no III  Congreso de autores CLMTK e os Premios Climántica para estudantes  do que xa tedes a convocatoria na páxina principal do proxecto.
Vía: Blografos
E agora…Que facemos?
Isaac, un compañeiro do IES Francisco Asorey nos deixa este post ( non vos perdades os comentarios):
A dimensión do cambio climático, xunto co aumento do consumo enerxético mundial, está obrigando a revisar os mecanismos de producción de enerxía, a fin de reducir as emisións de CO2 á atmosfera. Ademais as reservas mundiais de petróleo son cada vez menores e a súa extracción máis complicada, polo que o seu prezo aumentará progresivamente ata o seu esgotamento total durante o presente século.
imagen
Ante esta situación resulta inevitable procurar novas fontes de enerxía que sexan menos contaminante e, se é posible,  menos costosas. En principio as fontes de enerxías renovables cumpren claramente a primeira das condicións, pero non tanto a segunda ata que non se mellore a súa eficiencia. Pero a utilización de fontes de enerxías alternativas provoca en ocasións grandes polémicas a nivel social, incluso o rexeitamento frontal. Podemos poñer como exemplo a enerxía eólica, como representante das enerxías renovables, e a enerxía nuclear, pola banda das non renovables.
Galicia pode considerarse como una potencia a nivel mundial en enerxía eólica, hoxe a ninguén lle chama a atención a presenza na nosa  paisaxe dos parques eólicos, que se ampliará nos próximos anos con aeroxeradores cada vez máis eficientes, pero que chegará inevitablemente ao seu límite a medio prazo. Ante esta situación o seguinte paso que se propón é a enerxía eólica offshore, isto é a instalación de aeroxeradores no mar dentro da plataforma continental. Esta modalidade atópase moi extendida actualmente nos paises do norte de Europa onde a súa extensa plataforma continental e a escasa profundidade facilita a instalación destes aparatos. En Galicia xa se está a contemplar esta posibilidade, aínda que dificultada pola estreita plataforma continental e a súa  posible interferencia co uso intensivo do litoral pola actividade pesqueira e, en menor medida, o tráfico marítimo.
imagen
A alternativa nuclear conta nos últimos tempos con moitos defensores. Alegan que non produce emisións a atmosfera de CO2, que resulta máis económica (aspecto que pode ser discutido) e a mellora nos últimos anos na seguridade destas instalacións. Os seus detractores insisten en que aínda segue sen resolver o problema do tratamento e almacenamento dos residuos radioactivos, xunto coa imposibilidade de garantir a ausencia total do risco de accidentes nucleares de graves consecuencias. A isto se pode engadir que algunhas estimacións sobre as reservas de uranio, que prevén o seu esgotamento incluso antes que as de petróleo, polo non podería ser considerado seriamente como unha alternativa a este.
Acompaño unha presentación elaborada por alumnos do IES Porta da Auga de Ribadeo como exemplo do que deberíades facer vos para ilustrar unha entrada.
Unha casa con containers
Recén sacados do peirao e deseñada polos arquitectos  Claire Helene Drouin e Jean Marie Sanchez. O mellor de todo, o precio.
imagen
Cada casa consta de 15 conteñedores procedentes de barcos mercantes.
imagen
Ponde aos alumnos a diseñar casa deste estilo nos blogs, seguro que nos sorprendemos.
Muller e Cambio Climático
Hoxe, Día da Muller Traballadora, invitámosvos a crear un debate nos foros de aula a partir da visualización deste vídeo de Accionatura e a lectura deste artigo da Sala de Prensa da FAO onde se afronta o problema do Cambio Climático como un novo reto para  a igualdade de xénero.
Unha sinxela proposta de actividade: Resumimos os conceptos clave do artigo nun post onde incluimos o vídeo e facemos un debate no foro ou nos comentarios do blog de aula.
Titorial de Scribd
Scribd é unha aplicación que permite subir documentos á web en diferentes formatos: pdf, doc, etc.
As aplicacións didácticas nos blogues de CCMC son moitas: guións de traballos, tarefas con documentos compartidos, fichas didácticas….
Aquí vos deixamos este titorial:
Para subilo ós blogues nada melllor que as explicacións de Suso para subir este titorial:
Aínda que asuste é fácil!!!
1. Ides a dirección onde tedes o scribd, neste caso http://www.scribd.com/doc/3077260/Tutorial-Scribd
2. Na pestana Embed, campo Embed Code, preme des “Copy “e tes algo así :
77260&access_key=key-hkd1dcc7kbozyf6femw&page=1&version=1&viewMode=“>           <param name=”quality” value=”high”>             <param name=”play” value=”true”>                <param name=”loop” value=”true”>                <param name=”scale” value=”showall”>            <param name=”wmode” value=”opaque”>             <param name=”devicefont” value=”false”>         <param name=”bgcolor” value=”#ffffff”>          <param name=”menu” value=”true”>                <param name=”allowFullScreen” value=”true”>             <param name=”allowScriptAccess” value=”always”>                 <param name=”salign” value=”">                                  <embed src=”http://d.scribd.com/ScribdViewer.swf?document_id=3077260&access_key=key-hkd1dcc7kbozyf6femw&page=1&version=1&viewMode=” quality=”high” pluginspage=”http://www.macromedia.com/go/getflashplayer” play=”true” loop=”true” scale=”showall” wmode=”opaque” devicefont=”false” bgcolor=”#ffffff” name=”doc_185223085932539_object” menu=”true” allowfullscreen=”true” allowscriptaccess=”always” salign=”" type=”application/x-shockwave-flash” align=”middle”  height=”500″ width=”100%”></e
mbed>
Tutorial Scribd                     mniebuhr                                                     Scribd es una solución online que permite a cualquiera subir documentos en varios formatos. Los documentos van ganando popularidad a medida que son más y más vistos en el sitio. Parte de la idea detrás de Scribd es que todo el mundo tiene una gran cantidad de documentos almacenados en sus equipos que sólo ellos pueden leer. Con Scribd esperamos poder compartir esta información colocándola en la web.
De susto Non?
Pois de todo iso seleccionades  o que vén en “value”:
http://d.scribd.com/ScribdViewer.swf?document_id=3077260&access_key=key-hkd1dcc7kbozyf6femw&page=1&version=1&viewMode=
Copiades ( sen as comiñas)  e con iso ídes  ao botón ” f” de insertar películas flash.
Poñedes un tamaño máximo de 500 x500 px e xa está.
Cambio Climático e Marte e Venus
“Cando as barbas do veciño vexas cortar…”máis ou menos é a mensaxe que nos envían desde o IES República Oriental de Uruguay a aprtir dunha nova publicada o 19/02/09 no xornal ” El País”.
imagenVenus, a Terra e Marte consideradose planetas irmáns posto que son solidos, teñen atmosfera, tamaños parecidos, etc…  Liberaron gases que formaron as atmosferas e teñen unha composicion similar. Mais hoxe en dia as atmosferas son diferentes, Venus ten unha atmosfera case cen veces maior ca terrestre, e Marte é un planeta desertico e xélido e a súa atmosfera é moi delgada. Só a Terra parece que mantivo a auga líquida, ademais dunhas temperaturas estables.
Un factor clave para estas diferenzas na temperatura dá superficie de cada planeta. É un parámetro complexo, xa que afectan a atmosfera e, pola súa vez, depende del a través do chamado efecto invernadoiro. Este efecto depende dos gases atmosféricos existentes ea súa capacidade para captar a enerxía solar, acadar o planeta e é re-irradiada por el para o exterior. Na Terra dos principais gases de efecto de invernadoiro é vapor de auga, ea segunda, o dióxido de carbono, así como aumentar a temperatura do planeta.
Pero o efecto invernadoiro tamén depende de factores máis complexos. Un deles é a reflectir do planeta, mudando moito entre distintas áreas e tamén flutua con eventos tales variables como as nuvens, na terra, poeira ou treboadas en Marta. Outro factor é a radiación solar, que tamén sabemos que varía co tempo. As variacións poden ocorrer incluso caótica, como parece ser o caso de Marte, debido ás bruscas cambios na inclinación do seu eixe. Este complexo é producido pola influencia gravitacional de Xúpiter e outros planetas. A Terra está máis preto do Sol e tamén ten un compañeiro, a Lúa, o que confire grande estabilidade á súa órbita, que está libre de tales cambios.
Fonte: El  País
Por certo, non deixedes de aproveitar  o excelente material deFrancisco Anguita sobre este tema na Biblioteca e en Climántica TV.
Global Map
Mapa das Naciones Unidas sobre a emisión de gases de efecto invernadoiro
Premede na imaxe e accederedes  á  web
captura-de-pantalla-2010-02-27-a-las-163717.png