E agora…Que facemos?
Isaac, un compañeiro do IES Francisco Asorey nos deixa este post ( non vos perdades os comentarios):
A dimensión do cambio climático, xunto co aumento do consumo enerxético mundial, está obrigando a revisar os mecanismos de producción de enerxía, a fin de reducir as emisións de CO2 á atmosfera. Ademais as reservas mundiais de petróleo son cada vez menores e a súa extracción máis complicada, polo que o seu prezo aumentará progresivamente ata o seu esgotamento total durante o presente século.
imagen
Ante esta situación resulta inevitable procurar novas fontes de enerxía que sexan menos contaminante e, se é posible,  menos costosas. En principio as fontes de enerxías renovables cumpren claramente a primeira das condicións, pero non tanto a segunda ata que non se mellore a súa eficiencia. Pero a utilización de fontes de enerxías alternativas provoca en ocasións grandes polémicas a nivel social, incluso o rexeitamento frontal. Podemos poñer como exemplo a enerxía eólica, como representante das enerxías renovables, e a enerxía nuclear, pola banda das non renovables.
Galicia pode considerarse como una potencia a nivel mundial en enerxía eólica, hoxe a ninguén lle chama a atención a presenza na nosa  paisaxe dos parques eólicos, que se ampliará nos próximos anos con aeroxeradores cada vez máis eficientes, pero que chegará inevitablemente ao seu límite a medio prazo. Ante esta situación o seguinte paso que se propón é a enerxía eólica offshore, isto é a instalación de aeroxeradores no mar dentro da plataforma continental. Esta modalidade atópase moi extendida actualmente nos paises do norte de Europa onde a súa extensa plataforma continental e a escasa profundidade facilita a instalación destes aparatos. En Galicia xa se está a contemplar esta posibilidade, aínda que dificultada pola estreita plataforma continental e a súa  posible interferencia co uso intensivo do litoral pola actividade pesqueira e, en menor medida, o tráfico marítimo.
imagen
A alternativa nuclear conta nos últimos tempos con moitos defensores. Alegan que non produce emisións a atmosfera de CO2, que resulta máis económica (aspecto que pode ser discutido) e a mellora nos últimos anos na seguridade destas instalacións. Os seus detractores insisten en que aínda segue sen resolver o problema do tratamento e almacenamento dos residuos radioactivos, xunto coa imposibilidade de garantir a ausencia total do risco de accidentes nucleares de graves consecuencias. A isto se pode engadir que algunhas estimacións sobre as reservas de uranio, que prevén o seu esgotamento incluso antes que as de petróleo, polo non podería ser considerado seriamente como unha alternativa a este.
Acompaño unha presentación elaborada por alumnos do IES Porta da Auga de Ribadeo como exemplo do que deberíades facer vos para ilustrar unha entrada.
Unha casa con containers
Recén sacados do peirao e deseñada polos arquitectos  Claire Helene Drouin e Jean Marie Sanchez. O mellor de todo, o precio.
imagen
Cada casa consta de 15 conteñedores procedentes de barcos mercantes.
imagen
Ponde aos alumnos a diseñar casa deste estilo nos blogs, seguro que nos sorprendemos.
Muller e Cambio Climático
Hoxe, Día da Muller Traballadora, invitámosvos a crear un debate nos foros de aula a partir da visualización deste vídeo de Accionatura e a lectura deste artigo da Sala de Prensa da FAO onde se afronta o problema do Cambio Climático como un novo reto para  a igualdade de xénero.
Unha sinxela proposta de actividade: Resumimos os conceptos clave do artigo nun post onde incluimos o vídeo e facemos un debate no foro ou nos comentarios do blog de aula.
Titorial de Scribd
Scribd é unha aplicación que permite subir documentos á web en diferentes formatos: pdf, doc, etc.
As aplicacións didácticas nos blogues de CCMC son moitas: guións de traballos, tarefas con documentos compartidos, fichas didácticas….
Aquí vos deixamos este titorial:
Para subilo ós blogues nada melllor que as explicacións de Suso para subir este titorial:
Aínda que asuste é fácil!!!
1. Ides a dirección onde tedes o scribd, neste caso http://www.scribd.com/doc/3077260/Tutorial-Scribd
2. Na pestana Embed, campo Embed Code, preme des “Copy “e tes algo así :
77260&access_key=key-hkd1dcc7kbozyf6femw&page=1&version=1&viewMode=“>           <param name=”quality” value=”high”>             <param name=”play” value=”true”>                <param name=”loop” value=”true”>                <param name=”scale” value=”showall”>            <param name=”wmode” value=”opaque”>             <param name=”devicefont” value=”false”>         <param name=”bgcolor” value=”#ffffff”>          <param name=”menu” value=”true”>                <param name=”allowFullScreen” value=”true”>             <param name=”allowScriptAccess” value=”always”>                 <param name=”salign” value=”">                                  <embed src=”http://d.scribd.com/ScribdViewer.swf?document_id=3077260&access_key=key-hkd1dcc7kbozyf6femw&page=1&version=1&viewMode=” quality=”high” pluginspage=”http://www.macromedia.com/go/getflashplayer” play=”true” loop=”true” scale=”showall” wmode=”opaque” devicefont=”false” bgcolor=”#ffffff” name=”doc_185223085932539_object” menu=”true” allowfullscreen=”true” allowscriptaccess=”always” salign=”" type=”application/x-shockwave-flash” align=”middle”  height=”500″ width=”100%”></e
mbed>
Tutorial Scribd                     mniebuhr                                                     Scribd es una solución online que permite a cualquiera subir documentos en varios formatos. Los documentos van ganando popularidad a medida que son más y más vistos en el sitio. Parte de la idea detrás de Scribd es que todo el mundo tiene una gran cantidad de documentos almacenados en sus equipos que sólo ellos pueden leer. Con Scribd esperamos poder compartir esta información colocándola en la web.
De susto Non?
Pois de todo iso seleccionades  o que vén en “value”:
http://d.scribd.com/ScribdViewer.swf?document_id=3077260&access_key=key-hkd1dcc7kbozyf6femw&page=1&version=1&viewMode=
Copiades ( sen as comiñas)  e con iso ídes  ao botón ” f” de insertar películas flash.
Poñedes un tamaño máximo de 500 x500 px e xa está.
Cambio Climático e Marte e Venus
“Cando as barbas do veciño vexas cortar…”máis ou menos é a mensaxe que nos envían desde o IES República Oriental de Uruguay a aprtir dunha nova publicada o 19/02/09 no xornal ” El País”.
imagenVenus, a Terra e Marte consideradose planetas irmáns posto que son solidos, teñen atmosfera, tamaños parecidos, etc…  Liberaron gases que formaron as atmosferas e teñen unha composicion similar. Mais hoxe en dia as atmosferas son diferentes, Venus ten unha atmosfera case cen veces maior ca terrestre, e Marte é un planeta desertico e xélido e a súa atmosfera é moi delgada. Só a Terra parece que mantivo a auga líquida, ademais dunhas temperaturas estables.
Un factor clave para estas diferenzas na temperatura dá superficie de cada planeta. É un parámetro complexo, xa que afectan a atmosfera e, pola súa vez, depende del a través do chamado efecto invernadoiro. Este efecto depende dos gases atmosféricos existentes ea súa capacidade para captar a enerxía solar, acadar o planeta e é re-irradiada por el para o exterior. Na Terra dos principais gases de efecto de invernadoiro é vapor de auga, ea segunda, o dióxido de carbono, así como aumentar a temperatura do planeta.
Pero o efecto invernadoiro tamén depende de factores máis complexos. Un deles é a reflectir do planeta, mudando moito entre distintas áreas e tamén flutua con eventos tales variables como as nuvens, na terra, poeira ou treboadas en Marta. Outro factor é a radiación solar, que tamén sabemos que varía co tempo. As variacións poden ocorrer incluso caótica, como parece ser o caso de Marte, debido ás bruscas cambios na inclinación do seu eixe. Este complexo é producido pola influencia gravitacional de Xúpiter e outros planetas. A Terra está máis preto do Sol e tamén ten un compañeiro, a Lúa, o que confire grande estabilidade á súa órbita, que está libre de tales cambios.
Fonte: El  País
Por certo, non deixedes de aproveitar  o excelente material deFrancisco Anguita sobre este tema na Biblioteca e en Climántica TV.
Global Map
Mapa das Naciones Unidas sobre a emisión de gases de efecto invernadoiro
Premede na imaxe e accederedes  á  web
captura-de-pantalla-2010-02-27-a-las-163717.png
RockYou
RockYou
Seguro que moitos de vós os parástedes a mirar a cantidade de portais que aparecen cando queredes insertar un vídeo. Nestas semanas iremos facendo un repaso de cada unha delas como prolongación ao curso de competencia dixital.
Empazamos con  RockYou.com,  un servicio web gratuito que permite crear  slideshow  coas noasa fotos dando a posibilidade de agregarlles música, vídeos, fondos de películas,  etc.
imagen
É sinxelo, nos rexistramos só co noso correo electrónico e podemos empezar na pestana “Crear” situada na parte superior esquerda da páxina ou no botón central co mesmo nome. Só teremos que seguir unhas sinxelas instruccións e en poucos minutos teremos unha excelente presentación digna dun experto.
Para insertala nos blogs o proceso é o mesmo que cos vídeos  do portal Youtube, pero elexindo RockYou como portal.
“Volverán las oscuras golondrinas…”
imagen
… de tu balcón sus nidos a colgar”, escribía Gustavo Adolfo Becquer hai máis dun século o que podíamos interpretar como unha predicción fenolóxica. A fenoloxía é a ciencia que estudia a relación entre os factores climáticos e os ciclos vitais dos seres vivos, por exemplo a chegada das anduriñas que versaba o poeta ou a súa marcha ao achegarse o inverno. Estas observacións poden ser consideradas como un sintoma máis do cambio climático, deste xeito, nas últimas decadas adiántouse a chegada das anduriñas a Galicia 14 días e marchan 15 días máis tarde con respecto ao que facían hai 30 anos.
Na nosa propia comarca podemos comprobar como ano tras ano adiántase a temporada de vendima achegándose progresivamente ao comezo de setembro, cando hai poucos anos era habitual esperar ata o final dese mesmo mes, feito que, como podemos ver na gráfica, é observable en otras zonas vitivinícolas.
Moitos destes eventos estudiados pola fenoloxía quedan recollidos no refraneiro popular, pero o cambio climático fai que vaian perdendo fiabilidade. Así moitos porcos seguen vivos despois do San Martiño (11 de Novembro) ou as cegoñas, onde as hai, xa poden verse antes de San Blas.
Coñecedes refráns que fagan referencia a meteoroloxía e o calendario? A mellor fonte que podedes consultar é a xente maior. Investigade e despois reflexionade se algúns destes refráns perderon vixencia como consecuencia do cambio climático.
imagen
Vía: IES  Francisco Asorey
Autor: Isaac Pontanilla
Investigating Climate Change
Excelente webquest sobre Cambio Climático dun dos mellores museos do mundo a partir de imaxes e media do British Museum e Natural History Museum Prestade atención as tarefas porque nelas podedes atopar recursos interesantes e ideas para desenvolver proxectos nos blogues de Climántica.
Premede na imaxe para entrar:
imagen
Slideshow
Unha das vantaxe dos blogues de Climántica e a facilidade coa que podemos inserir contido desenvolvido con diversas ferramentas dispoñibles na web. Non en vano temos un equipo informático ao que desde aquí queremos agradecerlle a rápida e eficaz colaboración a que nos teñen habituados.
A partir de hoxe, cada venres faremos un recorrido por cada unha desas aplicacións que seguro xa tedes vistas cando inserides un vídeo.
Empezamos por Slideshow,  unha aplicación noi sinxela para facer presentacións alucinantes. Só 5 pasos:
1.  Entramos na páxina Slideshow  e nos rexistramos como fixemos en SlideShare.
2. Subimos unha a unha as fotos que queremos mostrar  utilizando  os botóns de examinar e upload (si as fotos están gardadas nunha soa carpeta do noso ordenador  podemos seleccionar 20 fotos  de cada vez ).
3. Dámoslle  formato a nósa presentacion utilizando as opcións  da pestana de estilo.
4. Unha vez satisfeitos co resultado, prememos en “Save” e copiamos o código HTML que parece en”Embed”.
5. Volvemos a administración do blog e pegamos ese código tal e como facemos cos vídeos de Youtube, onde pon “Procura do ID polo código”.