Un 2016 en clave medioambiental

Bon Ano para tódolos membros da comunidade de blogs de Climántica!

O ano 2016 ven marcado en chave de Cambio Climático. Non só porque os anuncios e proxectos que se deron a coñecer no 2015 e 2014 comenzan a verse materializados no transcurso destes meses, senon tamén polo desenvolvemento de fenómenos climáticos extremos.

Así, o  22 de abril asinarase finalmente  en Nova Yorke o acordo global polo cambio climático pactado en París. Ademáis, a finais de novembro os líderes mundiais volverán a reunirse en Marrocos para a Convención de Nacións Unidas para o Cambio Climático (COP22), para tratar as medidas necesarias para que os países máis vulnerables se adapten as condicións do novo clima.

Pero non todo son boas noticias. Segundo o experto da NASA William Patzert,  especialista en análise de fenómenos climáticos relacionados coa circulación oceánica e o ar, o fenómeno El Niño deste ano vai ter un enorme impacto. En palabras do investigador á BBC “Os fenómenos de 1982-1983 y 1997-1998 foron os de maior impacto no século anterior e, en moitas maneiras, parece que agora vemos unha repetición”.

A NASA indica tres factores que explican a virulencia do fenómeno.

  1- A anómala crecida dos océanos:

 

2- As anomalías na temperatura da  superficie oceánica:

E as altas temperaturas do Planeta:

 

Frente a estos desafíos internacionais, invitamos á Comunidade Climántica a seguir traballando no verdadeiramente importante: a educación para o Cambio Climático.

Feliz 2016!

 

Esta entrada foi publicada en A aldea global, Cambio climático e etiquetada . Garda o enlace permanente.