Que pasa si fracasa o cume do Clima en París?

Ainda que as novas que nos chegan parecen alentadoras, o feito de que China, por exemplo se comprometa a reducir as emisións nun 60 %, non serían suficientes, según o catedrático Xabier Lavandeira que indica que manterse por debaixo da barrera dos 2 ºC suporía para algúns  países, como EEUU ou China,  reducir até un 90% as emisións de aquí ao 2050. Tamén é relevante o aspecto económico, sobre todo saber quen pagará os 100.000 millóns de dólares anuais que costará manter a situación. Unha cifra que pode parecer desorbitante pero que é mínima si a comparamos cos efectos colaterais que suporía traspasar o tope dun aumento de 2 º C no planeta.En palabras de Lavandeira, “Do que muita xente non é consciente e que non falamos de un impacto lineal. É decir, un aumento de 2ºC non implica que os problemas se  multiplicquen por dous; un aumento de 3ºC non implica que se vaian a multiplicar por tres, e así sucesivamente. Falamos de impactos exponenciais. E impactos que non van a afectar aos países por igual. Todos saldremos perdendo, pero uns máis que outros, e eso creará unha brutal inestabilidade en todo o mundo”.

De tódolos xeitos parece que as novas que nos chegan son positivas, sobre todo atendendo as palabras de Barack Obama e aos bos propósitos chineses.

Nunhas semanas onde o mundo enteiro está pendente das resolucións que se adopten no cume de París, un bo momento para desenvolver debates na aula utilizando as novas de prensa e unha ocasión especial para que os alumnos publiquen sobre este tema nos blogs de Climántica .

Para saber máis

foto-avaaz
Esta entrada foi publicada en Cambio climático e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta