A escala do Sistema Solar desde o IES de Cacheiras

 Os blogs de Cimámtica xa comenzan con forza.E para mostra aquí vos deixamos un post  para utilizar nas aulas, agora que estamos co Bloque do Universo. Grazas aos compañeiros do IES de Cacheiras por compartir.

O Sistema Solar ten un tamaño inmenso, comparado co cal a Terra é un minúsculo grao de area. Pero é difícil que nos fagamos unha idea das incribles distancias que isto supón. O cineasta Wylie Overstreet debuxou as órbitas dos oito planetas do noso Sistema na area do deserto de Nevada, percorréndoas cos seus coches iluminados e editando a grabación resultante. Este foi o resultado (vídeo en inglés) :


Fonte: El Mundo (edición dixital).

Fe de erratas: No vídeo dise que se a Terra tivese o tamaño dunha canica, a Vía Láctea mediría 11 km de diámetro. En realidade esas medidas corresponderíanse coas do Sistema Solar.

Esta entrada foi publicada en Astronomía, CCMC, Universo e vida e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta