Benvidos ao curso 2015/2016 nos blogs de Climántica

Un ano máis, comenzamos as publicacións do Blog Guía de Climántica. Nesta ocasión inmersos nunha , cada vez máis habitual cicloxénesis explosiva. Un bo momento para profundizar nas diferencias entre tempo e clima  e con moitas novas para comenzar coas publicación nos blogs de aula:

  1. A declaración do presidente Obama “O cambio climático é a maior amenaza para o noso futuro”
  2. A proposta do Papa Francisco para “O cuidado da casa común”.
  3. A inminente Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático en París.
  4. E tódalas novas  e interesantes propostas desenvolvidas no Programa Climántica.

En resumo, moito por facer e moito para compartir.

Esperamos as vosas novas! Xa sabedes, tan fácil como deixar un comentario en calquera dos post do Blog Guía para poder compartir o voso espléndido traballo.

Grazas a todos e a todas polo voso labor e … A publicar!!

 

Esta entrada foi publicada en Axenda. Garda o enlace permanente.