O cuidado da casa común

“Laudato Si ou “O cuidado da casa común” é o título da encíclica onde o  Papa Francisco , líder espiritual de Occidente, chama á discusión científica e social a través da concepción  do medio ambiente como un  ben colectivo, patrimonio de toda a humanidade e responsabilidade de todos” (95).

Dividida en seis capítulos e baixo unha proposta de “amor ecosocial” como “chave de un auténtico desenvolvemento” (173), a encíclica  invítanos a ” redefinir o progreso” e a abrir un diálogo interultural ante os problemas mediambentais desde un punto de vista holístico e integrador .

O contido da encíclica iníciase con un chamamento á “casa comun” onde dialogar con todos sobre “a casa común” da Natureza (3 ). Unha reflexión na que se integren as propostas dos científicos, dos organismos internacionais , dos movimientos sociais,  das distintas culturas e relixións e, sobre todo o chamamento dos  pobres da terra  e “o xemido da irmán  Terra , que se une ao xemido de os abandonados do mundo, con un clamor que nos reclama outro rumbo” (53).

O Papa apela ao  clima como “ben común, de todos e para todos” (23) e fai referencia directa, no primeiro capítulo ( “O que está pasando na nosa casa”) á  relación causal da actividade humana sobre o quentamento  climático global e a crisis socio­ambiental que está provocando,  a través de mencións como   “Hai un consenso científico moi consistente que indica que nos encontramos ante un preocupante quentamento do sistema climático” (23)  ese “cambio climático… plantea un dos principais desafíos actuais para a humanidade” (25),   ou “No relacionado co cambio climático, os avances son lamentablemente moi escasos” (169).

A encíclica fai patentes as  manifestacións  da destrucción medioambiental, aludindo , entre outros á contaminación (20), aos “residuos non biodegradables” (21), a “cultura do descarte” (22), ao “constante crecimento do nivel do mar” (23), ao “aumento de eventos meteorolóxicos extremos” (23), á “pérdida de selvas tropicais” (24) e de biodiversidade (36) ao  ” nivel exiguo de acceso a enerxías limpias e renovables” (26) e  critica o modelo económico insostible ( 155) , o modelo de urbanismo (44) , o acceso a auga potable ( 30), as migracións e o desequilibrio Norte-Sur ( 25), á responsabilidade ecolóxica de empresas e industrias ( 195), ao antropocentrismo (90) e á tiranía do paradigma tecnocrático (106).

Con unha mensaxe esperanzadora  alenta ao desenvolvemento  das “virtudes ecolóxicas”, entre as que destacan : unha vida sinxela (222), a humildade (224)  a paz ( 225) con unha axenda de accións necesarias para afondar na cultura ecolóxica, como a inversión en investigación e o desenvolvemento de políticas mediaomabientais que aseguren a protección dos ecosistemas, a necesaria acción internacional sobre os “bens comúns globais” (174) e as respostas comunictarias locais ( 179),a transición enerxética (165) e ao cambio de paradigma de consumo ( 209)

Unha profunda e importante reflexión que vos invitamos a leer en profundidade neste período de descanso estival, en prol de colaborar como comunidade educativa  no desenvolvemento dunha educación ecolóxica “estamos ante un desafío educativo …chamado a crear unha “cidadanía ecoloxica” debe crear non só actitudes, senon novos hábitos transformadores e alentar a creatividade para lograr o cambio necesario ( 211).

Para saber máis: Laudato Si

 

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Ler Con-Ciencia e etiquetada . Garda o enlace permanente.