Parabéns aos traballos gañadores de CLMTK2015

Con data  16 de xuño, fixéronxe públicos os traballos galardonados en CLMTK2015.

El Iceberg Futurista do alumno de 12 anos  Carlos Francisco Sánchez Ramos do Colexio Madrid de México D. F., foi galardonado co primeiro premio.

En segundo lugar , clasificouse o autor  galego, tamén de 12 anos, José del Río López, estudante do IES Poeta Añón de Outes (A Coruña) co traballo titulado A auga, fonte de vida.

En terceiro lugar, o premio foi para a alumna galega de 13 anos, Martina Fuentes Morono, estudante do CPI dous Dices de Rois (A Coruña) co  traballo Telexornal Medioambiente.

Parabéns aos premiados e a tódolos participantes polos excelentes traballos presentados e aos seus profesores polo interese e compromiso e pola súa inestimable colaboración no desenvolvemento de CLMTK e polas súas aportacións  didácticas no campo da Educación para o Cambio Climático.

Os premios outorgáronse por centros educativos participantes. O alumno gañador en cada centro premiado participará no Campus xuvenil internacional CLMNTK de Respostas Educativas ao Cambio Climático que se celebrará no Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM). O centro premiado seleccionará un segundo participante no campus entre os participantes no congreso, e farao sobre a base de criterios de solidariedade, empatía, capacidade de traballo en equipo e creatividade.

Cada centro premiado recibe tamén unha praza no seminario docente de investigación – acción sobre o campus, recoñecido con 50 horas polo Ministerio de Educación. Esta praza correspóndelle ao profesor orientador.

Para saber máis, premede na imaxe.

Esta entrada foi publicada en Axenda e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta