Cultura Científica versus Ciencias para O Mundo Contemporáneo

Este é o nome da asignatura ofrecida en 4º de ESO  e 1º de bacharelato coa LOMCE, que ven substituir ás Ciencias para o Mundo Contemporáneo. Unha oportunidade perdida  que priva ás futuras xeracións de coñecementos básicos para entender o mundo actual  que elimina dun “plumazo” unha asignatura de educación humanista e globalizadora.

A programación  é similar a de CMC,  polo que os  contidos dos blogs de Climántica nas Ciencias para o Mundo Contemporáneo seguen sendo de grande utilidade,pero, tristemente, non será obligatoria para tódolos alumnos de Bacharelato senon optativa.

No borrador do Decreto dinnos:

“En 4º de ESO, a materia Cultura Científica establece a base de coñecemento científico, sobre temas xerais como o universo, os avances tecnolóxicos, a saúde, a calidade de vida e a contribución do coñecemento dos materiais os avances da humanidade. Para 1º de Bacharelato déixanse cuestións algo máis complexas, como a formación da Terra e a orixe da vida, a xenética, os avances biomédicos e, para rematar, un bloque adicado ao relacionado coas Tecnoloxías da Información e a Comunicación. Tanto en 4º da ESO como en 1º de Bacharelato, no bloque 1 establécense os procedementos de traballo para abordar os contidos dos outros bloques de coñecemento. A obtención e selección crítica de información de carácter ciéntífico, a valoración da importancia da ciencia e tecnoloxíana vida diaria, a comunicación de información de carácter científico en distintos soportes, escrito, oral e virtual, o diálogo e debate entre iguais sobre os temas científico tecnolóxicos, o traballo cooperativo e colaborativo, deben formar parte do desenvolvemento curricular para lograr a adquisición das distintas competencias. Trátase pois, ademáis de adquirir coñecementos científico tecnolóxicos, contribuir ácapacidade de avaliar de xeito crítico e comunicar de xeito eficaz cuestións de carácter científico e tecnolóxico. Polo tanto, as estratexias fundamentais dos procedementos de traballo deben impregnar o resto de bloques de coñecemento, formando parte indivisible á hora de abordar cuestións relacionadas coa cultura científica.

Real Decreto 1105/2014, de 26 de diciembre,
Proxecto de decreto do currículo de ESO e Bacharelato LOMCE en Galicia, pendente de alegacións e publicación definitiva, nesta data.

 

 

 

Esta entrada foi publicada en CCMC e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta