Climántica en Bruxelas

Os rapeces que vedes nesta imaxe, Paula Insua e Pablo Romeu,  foron seleccionados  por Climántica, para representar a Galicia na conferencia europea Imos a coidar do Planeta. os días 20, 21 e 22 de maio de 2016 no Comité das Rexións de Bruxelas xunto con alumnos doutros 14 países europeos para trasladarlle ás autoridades da Unión Europea e das súas rexións e localidades os compromisos da xuventude europea co cambio climático.

Os educadores que participaron no evento tamén recibiron formación metodolóxica  e presentaron os proxectos implicados, entre os que foi presentado Climántica por Francisco Sóñora, director do proxecto.

Unha vivencia única para os rapaces e os profesores como a que vos propoñemos para a V Edición do Congreso Virtual CLMTK 15.

Bulide!! O prazo termina o 31 de maio!!

Esta entrada foi publicada en Axenda. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta