O 10 de abril de 2010 celebrouse, na localidade portuguesa de Monçao, a I Conferencia Transfronteiriza no marco de Climántica na que se seleccionaron un delegado de Portugal e os dous de Galicia que formarán parte da delegación de seis representantes que a eurorexión enviará a Bruxela
A conferencia iniciouse con un simposio docente relativo a Enerxía e Cambio climático coa participación do profesor Ricardo Azevedo, que impartiu a conferencia “O que é a Eficiência Energética? Energias Renováveis pelo Mundo” e o profesor Francisco Sóñora, director do proxecto Climántica que impartiu a conferencia “Cambia o clima?” .
A continuación, os estudantes presentaron e defenderon os 10 proxectos escolares seleccionados :
-Os alumnos de Monçao, cos proxectos “Estudo energético da escola” e “Casa eficiente”.
– Os estudantes galegos defenderon os proxectos “A contaminación da auga”,, “ O mellor marisco do mundo”, “A contaminación da ría de Noia”, “Unha ría botada a perder” e “A contaminación dos ríos”.
– Desde a Escola Secundaria de Valença presentáronse “A Reciclagem no concelho de Valença”, “As lixeiras ilegais” e “O uso de pesticidas nas atividades agrícolas”

Os alumnos seleccionados para formar parte de delegación que se desprazará a Bruxelas.son:
-Alexandre Fernandes, coordinador do proxecto de auditoría escolar “Estudo energético da escola”.
– Os alumnos galegos, Paula Insua de 3º de ESO co tema “A contaminación da auga”, Pablo Romeu de 4º de ESO.
Os outros tres delegados saíron da Conferencia rexional celebrada en Viseu, na que participaron as localidades de Aveiro, Barreiro, Nelas, Tondela e Mangualde.
Para saber máis sobre este evento no que, por primeira vez , estudantes de Galicia e de Portugal se unen para traballar conxuntamente en facer fronte ao deterioro do medio ambiente a ambos dous lados da fronteira, preme aquí.