Xa está en marcha o congreso xuvenil CLMTK2015 organizado por Climántica Intercambios en consorcio co Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM), co Centro de Investigacións Enerxéticas, Medio Ambientais e Tecnolóxicas (CIEMAT), e coa Asociación Española Para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra (AEPECT)
De aquí o 31 de maio os vosos alumnos e alumnas poden enviar os seus traballos á plataforma virtual CLMTK2015.
De forma individual ou en grupo, os estudantes poden enviar un traballo relacionado coas temáticas do proxecto dentro das seguintes categorías:
- Relatos
- Poesía
- Curtos cun guión ambiental
- Vídeos musicais
- Vídeos de obras de teatro
- Fotografía comentada
- Banda deseñada
- Presentacións
- Póster
- Debuxos
- Reportaxes multimedia
- Páxinas web
Todos os autores de traballos que se publiquen na páxina web do Congreso CLMNTK15 recibirán unha certificación de recoñecemento de autoría emitido polas entidades do consorcio organizador e os 20 premiados, cada un dun centro educativo español diferente, recibirá como premio a asistencia ao campus xuvenil internacional a celebrar no Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM) de Valsaín en Segovia e unha praza para o seu profesor/a orientar/a no seminario docente de investigación – acción sobre o campus. O docente orientador poñerá en marcha un proceso de selección interno para elixir no centro a un segundo alumno entre os que publicasen os produtos de sensibilización en http://congresovirtual.climantica.org.
Dentro do apartado Como participar atópanse titoriais con todos os pasos a seguir para cargar os traballos na plataforma.
Para saber máis premede aquí.
Contamos coa vosa colaboración!!
Pingback: Seminario docente sobre respostas educativas ao Cambio Climático | Blog Guia