Ferias de Ciencia

A primavera é sinónimo de desenvolvemento de ferias de ciencias en moitos centros educativos e de institucións como o Día da Ciencia na Rúa que se celebra en A Coruña a principio de maio.

Unha forma de concienciar aos alumnos e a cidadanía sobre as causas e consecuencias do Cambio Climático é levando ás ferias experiencias relacionadas.

Desde o Blog Guía animámosvos a desenvolver experiencias sobre Cambio Climático e , para facilitarvos a tarefa, deixamos dous recursos interesantes:

-Experiencias e Ideas para el Aula. Artigo de Francisco Sóñora, Mercedes Rodríguez-Ruibal e Raquel Troitiño publicado na revista de Enseñanza de las Ciencias de la Tierra.

Actividades de Escolas Climántica para os alumnos de Primaria sobre o Cambio Climático.

Así como todo  o material que tedes na web do proxecto para fundamentar as vosas experiencias.

Deixamos tamén o link á excelente páxina de feiras de ciencia do compañeiro Antonio Gregorio onde poderedes acceder á Semana da Ciencia do IES Nº 1 de Ribeira, que adicou toda unha edición ao Cambio Climático.

A que esperades para levar experiencias sobre este tema ás Ferias ou Semanas de Ciencia?

Compartide as experiencias nos comentarios deste blog!!

Grazas.

 

 

Esta entrada foi publicada en Axenda e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta