ASPEA e Climántica: Un exemplo de colaboración entre comunidades educativas

En varias ocasión trouxemos ao Blog Guía información sobre as accións que desenvolve  ASPEA, Asociación Portuguesa de Educación Ambiental, que desenvolve, desde fai 25 anos, un importante labor mediambiental no país veciño: Proxectos europeos, campañas escolares, formación e iniciativas pioneras en medioambiente que fan da asociación unha referencia europea en temas de educación ambiental.

Desde fai algúns anos, como viñemos comentando no Blog Guía, Climántica colabora con ASPEA en varias iniciativas , como as xa publicadas,  II e III Jornadas de Art´Ambiente e  en tres iniciativas  actuais orientadas a establecer lazos entre as súas comunidades educativas que se consolidan en  intercambios educativos entre as redes educativas nacionais e internacionais:

Na  primeira iniciativa  unha delegación conxunta formada por 6 delegados (4 de Portugal e 2 de Galicia) participará na conferencia dos alumnos da Unión Europea Let´s take care of the planet. .

Na segunda iniciativa Climántica recibiu o encargo de formar delegacións de alumnos mexicanos e españois para participar na XXI CEI Conference “Connecting minds, creating the future for the oceans” que se celebrara na localidade de Oeiras do 28 de xuño ao 4 de xullo.

Por último o proxecto Climántica foi invitado pola ASPEA a sumarse ao III Congreso Internacional de Educación Ambiental dos Países e Comunidades de Linguas Lusófonas que se celebrará na localidade portuguesa de Torreira – Murtosa do 8 ao 11 de xullo, e que ten aberto o proceso de inscrición.

Un exemplo de colaboración internacional das que os iremos informando ao miúdo no Blog Guía. Na páxina central do programa podedes acceder a toda a información sobre os eventos.

Esta entrada foi publicada en Axenda. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta