As especies e o Cambio Climático

Hoxe traemos ao Blog Guía un interesante artigo publicado por Ariadna Vázquez do IES Francisco Asorey en Cambados sobre o efecto do Cambio Climático na biodiversidade.Non vos perdades os comentarios dos alumnos.

Durante as últimas décadas estase a producir un cambio climático acelerado que, aínda que é un fenómeno de causas complexas, está producido en boa medida pola emisión á atmosfera de grandes cantidades de CO2 e outros gases de efecto invernadoiro. O devandito cambio climático dá lugar a un abano de efectos directos e indirectos. Como consecuencia estanse a producir cambios no medio físico local (temperatura, humidade do chan, luminosidade, etc.) que poden ter efectos moi prexudiciais sobre as especies con menor amplitude ecolóxica ou sobre aquelas que presentan unha distribución moi fragmentada.

Non obstante, como saber que especies corren maior risco?
Os cientícicos identificaron catro grupos de características que poden ser responsables dunha maior sensibilidade das especies ao cambio climático. As características son as seguintes:

-A dependencia dun hábitat e/ou un microhábitat especializado.
-A reducida tolerancia ou albores ambientais moi estreitos que son susceptibles de ser superados en calquera das etapas do ciclo vital.
-A dependencia dun sinal ambiental específico que é susceptible de sufrir unha perturbación.
-A limitada capacidade de dispersión ou de colonización de zonas novas ou máis favorables.

A través destes grupos, os científicos puideron averiguar que ata o 9% de todas as aves, o 15% de todos os anfibios e o 9% de todos os corais,  demostraron ser moi vulnerables ao cambio climático e están xa ameazados de extinción.

Os paxaros máis ameazados encóntranse na zona do Amazonas, o leste de América do Sur, Europa, a conca do Congo, zonas de América do norte, norte e centro de Asia e Australia. Por outro lado, os anfibios máis vulnerables son os amazónicos, de Eurasia, do sur de América do norte e Madagascar. En canto aos corais en perigo, encóntranse principalmente no Caribe e o sur do Mar Vermello, posto que o quentamento dos océanos está a destruír progresivamente algúns dos corais máis grandes e diversos do planeta.

Esta entrada foi publicada en Biodiversidade, Cambio climático, Os mellores post de alumnos e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta