Galicia leva a Climántica á conferencia de alumnos da UE “Let´s take care of the planet”

 

Dous alumnos  de Climántica, representarán a Galicia na  conferencia dos alumnos da Unión Europea Let´s take care of the planet.

O proxecto Climántica e a Asociación Portuguesa de Educación Ambiental (ASPEA) seleccionarán conxuntamente aos seis alumnos  ( 2 de Galicia e 4 de Portugal) da delegación transfronteiriza Norte de Portugal e Galicia que asistirán á conferencia europea que se celebrará no Comité das Rexións de Bruxelas entre o 19 e 23 de maio.

O 20 de febreiro de 2015  , o proxecto Climántica desenvolveu unha  conferencia inicial,  no IES Virxe do Mar de Noia,  onde  se seleccionaron os dous  finalistas galegos que participarán na conferencia de segunda fase, que se celebrará en Monçao o 10 de abril.

Climántica colabora coa ASPEA en tres iniciativas orientadas a establecer lazos entre as súas comunidades educativas :
1- Delegación conxunta para participar na conferencia dos alumnos da Unión Europea Let´s take care of the planet.

2-Na segunda iniciativa Climántica recibiu o encargo de formar delegacións de alumnos mexicanos e españois para participar na XXI CEI Conference “Connecting minds, creating the future for the oceans” que se celebrara na localidade de Oeiras do 28 de xuño ao 4 de xullo.

3-O  proxecto Climántica foi invitado pola ASPEA a sumarse ao III Congreso Internacional de Educación Ambiental dos Países e Comunidades de Linguas Lusófonas que se celebrará na localidade portuguesa de Torreira – Murtosa do 8 ao 11 de xullo, e que ten aberto o proceso de inscrición.

Para  saber máis

Esta entrada foi publicada en Axenda. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta