Recursos de xenética desde o IES Salvaterra do Miño

Recursos de xenética

Con este post, pretendese dar a coñecer algúns enlaces interesantes de xenética… tanto para aclarar dúbidas como para que os empreguedes como fonte de información para os vosos post. Despois de consultar as páxina realizade as actividades propostas.

  1. Para empezar falaremos do ADN

Respecto ao material xenético, aquí tedes unha actividade de “ibercaja”, que nos pode axudar a entender mellor como é, e que sentido ten a duplicación, transcripción e tradución da información xenética ata chegar as proteínas.

Transcripaci__n_do_ADN.png

Actividade: Despois de consultar este recurso serías capaz de explicar o dogma central da Bioloxía?

Podes practicar con este recurso: http://www.bionova.org.es/animbio/anim/transcribetranslate.swf

2. Falando de conceptos básicos: xen, cromosoma,…

Unha páxina sinxela, con algunha animación, que nos pode axudar a aclarar algúns deles, é a páxina de Bionet. Esta web foi creada por oito Museos e Centros de Ciencia Europeos e preséntase en nove idiomas distintos.

A páxina toca varios temas que nos interesan: células nai, bebés á carta, o alimento do futuro e de quen son os teus xens?; en cada un deles a información está estruturada ao redor de catro preguntas: que significa?, como se realiza?, que é o legal?,  está ben ou está mal? … ademais  dun enlace para ampliar información.

Actividade: Percorre o apartado  “De quen son os teus xens?” e comenta que implicacións tería que un familiar teu descubrira que é portador dun xen que pode desembocar nunha enfermidade moi grave dentro duns anos…. , xa que hai posibilidades de que tamén ti sexas portador dese xen, ten a obriga de advertirte?. Se non o fai, debería  de informarte  o médico a ti , ou ao resto da súa familia…?

3. Falando de inxeniería xenética.

Aquí tedes un enlace cunha explicación sinxela: en recursostic ( http://recursostic.educacion.es/secundaria/edad/4esobiologia/4quincena8/imagenes5/Manipulacion_ADN.swf ).

Ou material máis elaborado, pero moi claro do profesor Alejandro Porto Andión, con moitos recursos multimedia.

Para finalizar, recordade a importancia de empregar fontes de información fiables e de “boa reputación científica”, o mellor xeito de comprobalo é buscar na mesma páxina, quen son os autores e que organismos hai detrás desa páxina… se non atopas esa información, será un mal sinal. Axúdanos a todos a mellorar a conta no blogue, cales son as mellores fontes que vas atopando… ou as peores.

Podedes tamén consultar o blogue guía. Cal vos parece o mellor dos enlaces?

Tags:
Publicado en Actividades, Xenética | Autor Ana Cabaleiro | Comentar »

Esta entrada foi publicada en Biblioteca de actividades, Xenética e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta